Tordoia - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional: 29/03/2003 BOP Nº: 73
Publicación definitiva: 29/03/2003 BOP Nº: 73
Aplicable dende: 01/01/2003

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de acordo co previsto no artigo 20.4.a) da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, establece a taxa pola expedición de documentos administrativos, que se regulará pola presente ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 da Lei 39/88 citada.

Artigo 2.º .-Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as autoridades municipais.

2. Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte, calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda ca non mediara solicitude expresa do interesado.

3. Non estará suxeita a esta taxa, a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servicios ou realización de actividades de competencia municipal e á utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens de dominio público municipal, que estean gravados por outra taxa municipal.

Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que soliciten, provoquen ou nas que redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4.º .-Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral Tributaria.

Artigo 5.º .-Exencións.

De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/88, do 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido en tratados ou acordos internacionais, ou os expresamente previstos en normas con rango de lei.

Artigo 6.º .-Cota tributaria.

1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

2. A cota tributaria corresponderá á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

3. As cotas resultantes por aplicación das anteriores tarifas se incrementarán nun 50 por cento cando os interesados solicitasen por carácter de urxencia a tramitación dos expedientes que motivasen o devengo.

A tarifa estructúrase nos seguintes epígrafes:

Epígrafe primeiro: censos de poboación de habitantes

- Rectificación de nomes e apelidos e demais erros nas follas de empadroamento: gratuíto

- Altas, baixas e alteracións no padrón de habitantes: gratuíto

- Certificacións de empadroamento no censo de poboación: 1,20 euros

- Certificacións de residencia e convivencia: 1,20 euros

Epígrafe segundo: certificacións e compulsas.

- Certificación de documentos ou acordos municipais: 8,00 euros

- Certificación de nomenclatura e numeración de predios urbanos enclavados no término municipal: 2,00 euros.

- Dilixencia de cotexo de documentos: 0,60 euros

- Bastanteo de poderes que produzan efectos nas oficinas municipais: 6,00 euros.

Epígrafe terceiro: documentos expedidos e estendidos polas oficinas municipais.

- Expedición de certificacións e informes en expedientes de traspaso, apertura ou similares de locais: 6 euros

- Po cada comparecencia diante da Alcaldía para calquera finalidade con constancia por escrito solicitada polo interesado: 12 euros

- Por cada documento que se expida en fotocopia, por folio: 0,60 euros

- Por cada contrato administrativo que se suscriba de obras, bens ou servicios: 0,2 por cento de adxudicación da obra.

- Informes emitidos sobre sinalización, distancias quilométricas ou outros, solicitados a instancia de parte: 2,40 euros

Epígrafe cuarto: documentos relativos ó Servicio de Urbanismo.

- Por cada certificación que se expida polos servicios urbanísticos a instancia de parte: 30 euros

- Por cada informe ou cédula que se expida sobre características do terreo ou consulta para os efectos de edificación e a instancia de parte:

* de natureza urbana: 30 euros

* de natureza rústica: 30 euros

- Por cada copia de plano de aliñación da rúa, ensanches, etc.: 6 euros

- Por consultas sobre ordenanzas de edificación: 30 euros

* de natureza urbana: 30 euros

* de natureza rústica: 30 euros

- Certificación de antigüidade de vivenda: 30 euros

- Copia de planos rústica ou urbana: 1,20 euros

- Copia do padrón de rústica ou urbana: 0,60 euros

Epígrafe quinto: por calquera outro expediente ou documento non especialmente tarifado: 12,00 euros.

Artigo 7.º .-Bonificación da cota.

Non se concederá bonificación ningunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.

Artigo 8.º .-Devengo.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

2. Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2.º , o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provocan a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

Artigo 9.º .-Declaración e ingreso.

As certificacións ou documentos expedidas de acordo co disposto nesta ordenanza non se entregarán nin remitirán sen que previamente se satisfaga a correspondente cota tributaria.

Artigo 10.º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da lei Xeral Tributaria.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión do .................., sendo de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2003, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.