Índice
Ponteceso - AXUDAS PARA A INSERCIÓN SOCIAL-EMERXENCIAS SOCIAIS
Publicación provisional:
24/03/2006
BOP Nº:
69
Publicación definitiva:
24/03/2006
BOP Nº:
69
Aplicable dende:
05/08/2008
Artigo 1º O concepto das axudas para a inserción social-emerxencias sociais
As axudas para a inserción social-emerxencias sociais son as disposicións non pecuniarias que cumpran os requisitos que sinala o artigo 2.1 da Lei xeral de subvencións e que realice o Concello de Ponteceso a favor de persoas físicas para paliar situacións carenciais transitorias e imprevistas ou excepcionais, así como para previr o seu agravamento.
Artigo 2º O ámbito subxectivo de aplicación (beneficiarios)
1 A presente normativa regula a xestión das axudas para a inserción social-emerxencia social que lle conceda o Concello de Ponteceso ás persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos:
- ter a residencia acreditada no Concello de Ponteceso cunha antigüidade mínima de 6 meses
- ser maior de idade ou menor emancipado con cargas familiares
- percibir uns ingresos anuais inferiores ao salario mínimo interprofesional vixente no momento de solicitar a subvención
Excepcionalmente, tamén lle poderá conceder axudas aos transeúntes, para sufragar os gastos de aloxamento e manutención durante un día, como máximo.
2 Posibles beneficiarios das axudas de inserción social-emerxencia social:
a) Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas que se indicaron máis arriba, consideradas individualmente ou como membros dunha unidade familiar. Para os efectos desta ordenanza, enténdese como unidade familiar o núcleo de convivencia que estea composto por dúas ou máis persoas vinculadas por matrimonio ou por outra forma de relación estable análoga á conxugal, por parentesco de consanguinidade ata o segundo grao e por afinidade ata o terceiro grao.
b) No caso de que o Concello lle conceda a a axuda á unidade familiar, os seus membros integrantes non poderán beneficiarse de axudas de inserción social-emerxencia social consideradas individualmente. No caso de que queiran optar individualmente a estas axudas, deberán formular por escrito a declaración de exclusión da unidade familiar.
Artigo 3º A finalidade das axudas (ámbito obxectivo)
As axudas de inserción social-emerxencia social teñen como finalidade paliar situacións carenciais transitorias e imprevistas ou excepcionais, así como prever seu agravamento. En particular, estas axudas tenderán a cubir o financiamento total ou parcial dos gastos derivados das seguintes situacións:
a) Situacións de ingresos insuficientes, que provocan unha situación temporal de insuficiencia de recursos económicos para cubir as necesidades primarias.
b) Situacións de necesidade provocadas por catástrofes, epidemias, intoxicacións e outras análogas de carácter excepcional que provoquen dificultades para satisfacer as necesidades primarias.
Artigo 4º As clases e as contías máximas das axudas
A) Dentro dos termos do artigo anterior establécense as seguintes clases de axudas:
1 Manutención: Durante tres meses consecutivos ou ben unha vez cada dous meses ao longo do ano, ata o tope máximo anual de 400,00 € por unidade familiar.
Enténdes incluido dentro do concepto de manutención o leite maternizado.
2 Vestiario básico: Contía máxima por unidade familiar: 150,00 € ao ano.
3 Medicación: Durante tres meses consecutivos ou ben unha vez cada dous meses ao longo do ano ata un tope máximo anual de 800,00 €
Enténdese incluído dentro deste concepto o material oftalmolóxico, buco-dental e aparatos para a sordera.
4 Gastos de vivenda: Contía máxima anual por unidade familiar: 800,00 €
5 Impago de subministracións: Contía máxima anual por unidade familiar: 500,00 €
6 Condicións de habitabilidade: Contía máxima anual por unidade familiar: 3.500,00 €
7 Barreiras arquitectónicas: Contía máxima anual por unidade familiar: 3.000,00 €
8 Gastos de transporte para asistir a tratamentos rehabilitadores de toxicomanías: Contía máxima anual por unidade familiar: 150,00 €
9 Pago de actividades socio-culturais que sexan precisas para a integración social: ata un tope de 50,00 € ao ano.
10 Becas para libros e material escolar: Contía máxima anual por unidade familiar:180,00 €
11 Aloxamento e manutención de transeúntes:
a Manutención por unha comida diaria, que non poderá superar o custo de 9,00 €.
b Aloxamento únicamente por un día e sempre que concorran motivos de enfermidade ou forza maior, que non poderá superar os 50,00 €.
B)No caso de que a axuda de inserción social-emerxencia social se conceda a unha persoa física, para os únicos efectos de determinar as contías máximas do apartado anterior deste artigo así como para a determinar as contías concretas segundo o artigo seguinte, o Concello entenderá que a persoa física beneficiaria constitúe unha unidade familiar integrada por un único membro.
C) O Concello poderá condecer a axuda se hai unha situación de emerxencia social que faga preciso un tipo de axuda distinta das incluídas no apartado A) deste artigo, sempre que concorran as circunstancias do artigo 3 desta ordenanza e sempre que a persoa que solicita a axuda xustifique a necesidade mediante un informe do Departamento de Servizos Sociais. A contía máxima da axuda será aquela que corresponda á axuda sinalada no apartado anterior coa que teña unha maior similitude
Artículo 5º Os coeficientes de ponderación da contía total
O Concello modulará en cada caso as cantidades máximas determinadas no artigo anterior aplicando a tales cuantías uns coeficientes de ingresos (CI) calculados do seguinte xeito:A) En primeiro lugar se calculará a renta per cápita do solicitante.B) A renta per cápita do solicitante se dividirá entre o salario mínimo interprofesional vixente en cada momento (según publicación no BOE)C) O resultado dese cociente se multiplicará por cen, acadándose así unha porcentaxe que, en función do tramo no que se encontre dos sinalados a continuación, determinará o coeficiente de ingresos (CI) a aplicar ás cuantías máximas sinaladas no artigo 4A) da presente ordenanza
% de ingresos anuais per cápita do solicitante sobre o SMI CI Entre 90 e 100 0,5 Entre 80 e 90 0,6 Entre 70 e 80 0,7 Entre 60 e 70 0,8 Entre 50 e 60 0,9 Entre 0 e 50 1
Artigo 6º O cómputo dos ingresos
Para os efectos do previsto no artigo 5, o cómputo dos ingresos das posibles persoas beneficiarias da axuda de inserción social-emerxencia social, o Concello terá en conta a base impoñible da derradeira declaración do IRPF, minorado no mínimo persoal e familiar do imposto. No caso de que a persoa que solicita a axuda non estea obrigada a presentar a declaración do IRPF, acreditará os ingresos anuais a través das nóminas, das pensións, dos certificados do INEM, dos certificados da Seguridade Social sobre a vida laboral ou das percepcións de subvencións, das certificacións de xuros bancarios ou dos derradeiros movementos bancarios e/ou de calquera outra forma que o Concello considere necesaria para acreditar os ingresos.
Artigo 7º As obrigas dos beneficiarios
As persoas beneficiarias das axudas de inserción social-emerxencia social que outorgue o Concello de Ponteceso quedarán sometidas ás obrigas xerais reguladas no artigo 14 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, ás que poida recoller a Ordenanza xeral de subvencións que aprobe o Concello de Ponteceso, así como ás seguintes obrigas específicas:
a Ao cumprimento das condicións que o Concello poida establecer no acordo da concesión da axuda, e que vaian destinadas a que poidan superar a situación de emerxencia social que motivou a concesión da subvención
b Á escolarización dos menores que se atopen en idade de ensino obrigatorio
Artigo 8º A tramitación
A tramitación das axudas de inserción social-emerxencia social axustarase ao seguinte procedemento:
1 Inicio: O procedemento iniciarase mediante unha solicitude do interesado en obter a axuda de inserción social-emerxencia social. O interesado dirixirá a solicitude ao alcalde do Concello de Ponteceso. Coa solicitude achegará a documentación que acredite a situación carencial.
2 Instrucción: O alcalde trasladará a solicitude ao Departamento de Servios Sociais. O técnico ou a técnica dese departamento emitirá o correspondente informe-proposta, no que valorará debidamente a situación que o interesado acreditou documentalmente e cuantifica. Ademais no informe o técnico ou a técnica do Departamento de Servizos Sociais cuantificará o importe da axuda.
Unha vez que estea completo o expediente, o Departamento de Servizos Sociais remitirallo á intervención municipal para a súa fiscalización previa.
3 Resolución: Logo de que a intervención municipal realice a fiscalización previa, remitiralle o expediente ao alcalde (ou ao órgano que nese momento teña delegada a competencia), para que dite a correspondente resolución administrativa.
Sen prexuízo do que dispoñen os parágrafos anteriores, o técnico ou a técnica de servizos sociais, logo de emitir o correspondente informe-proposta, poderá pagarlle a axuda inmediatamente ao interesado utilizando as cantidades percibidas en concepto de anticipo da caixa fixa. Para que poida realizar esta posibilidade, antes haberá que constituír para o efecto o correspondente anticipo de caixa fixa seguindo as normas reguladoras contidas na Base das de Execución do orzamento municipal na que se regulen os anticipos de caixa fixa.
Asimesmo, poderanse aboar directamente o importe das axudas comtempladas nesta ordenanza á empresa subministradora dos bens ou servizos para a adquisición dos cales se teña outorgado a subvención. Neste caso será preceptivo o informe favorable da Traballadora Social do Concello de Ponteceso no cal debe quedar suficentemente acreditado que as circunstancias personais e familiares do beneficiario non permiten un pago directo ao mesmo.
Disposición transitoria
Se establece, previa solicitude por parte do/a interesado/a, a posibilidade de revisión da cuantía daquelas axudas concedidas no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2008 e a entrada en vigor da presente ordenanza, aos efectos de que tales solicitudes se puidesen beneficiar das novas cuantías descritas na presente ordenanza. Se establecen as seguintes precisións:
- Se debe tratar de casos de extrema necesidade e precariedade, situación que se acreditará mediante informe do Departamento de Servizos Sociais e unha declaración xurada do/a solicitante. A intervención municipal poderá solicitar que ao citado informe se adxunte documentación de carácter económico que xustifique que a situación de precariedade alegada no intre da solicitude inicial, se mantivo no tempo.
- A cuantía resultante da revisión non poderá ser tal que, adicionada ésta á cuantía concedida dacordo coa solicitude inicial, supere o importe xustificado mediante a/s correspondente/s factura/s.
- Con carácter previo ao pago da cuantía resultante da revisión por parte do Concello de Ponteceso, se debe acreditar documentalmente que o gasto para o que se solicitou a axuda xa foi abonado. A xustificación se fará do seguinte xeito:
1.- No caso de que o pago se realizase por transferencia ou mediante tarxeta: extracto bancario onde conste a transferencia ou recibo da tarxeta de débito/crédito.
2.- No caso de que o pago se fixese en efectivo: declaración asinada por parte da empresa subministradora ou prestadora do servizo, onde se faga constar que o pago foi realizado.
Disposición final
De conformidade co que dispón o artigo 70.2 da Lei 7/85, reguladora das bases do réxime local, esta ordenanza entrará en vigor unha vez que o Concello publique o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e logo de que transcorra o prazo de quince días hábiles ao que se refire o artigo 65.2 desa lei.