Laracha A - Ordenanza fiscal nº 18, reguladora da taxa pola expedición e renovación da licenza pola tenencia de animais potencialmente perigosos, súas inscricións rexistrais e súas modificacións e cancelacións.

Publicación provisional: 22/01/2003 BOP Nº: 17
Publicación definitiva: 22/01/2003 BOP Nº: 17
Aplicable dende: 05/10/2006

Artigo 1º.- Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, o Concello de A Laracha establece a "Taxa por expedición e renovación de licencia pola tenencia de animais potencialmente perigosos

Artigo 2º.- Feito Impoñible

Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade municipal conducente á verificación do cumprimento das condicións reguladas na Ordenanza municipal reguladora da Licencia pola tenencia de animais potencialmente perigosos, do seu rexistro e da sección local do rexistro de animais de compañía, para a concesión da licencia indicada, a actividade de control que ha de efectuarse nas renovacións que da mesma deban verificarse, a tramitación, control e custodia que dela se establece e aqueles outros servicios que se recollen nas Tarifas desta Ordenanza.

Artigo 3º.- Suxeito Pasivo

1.- Son suxeitos pasivos da Taxa os propietarios de animais que soliciten a inscrición no rexistro municipal e que están obrigados á súa renovación.

2.- En particular serán suxeitos pasivos os titulares dos establecementos ou asociacións que alberguen animais potencialmente perigosos r se dediquen á súa explotación, cría, comercialización ou adestramento, incluídos os centros de adestramento, criadeiros, centros de recollida, residencias, centros recreativos e establecemento de venta emprazados neste municipio

Artigo 4º.- Responsables

O réxime de responsabilidades axustarase ó previsto nos artigos 41 a 43 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.

Artigo 5º.- Devengo

1.- O devengo da taxa producirase coa solicitude de calquera dos actos ós que se refire o feito impoñible.

2.- A non concesión da licencia, cando non sexa debido a incumprimentos formais do suxeito pasivo, dará lugar á devolución das cantidades autoliquidadas

Artigo 6º.- Tarifas

1.- Licencia de Animais Potencialmente perigosos: 8 euros

2.- Ficha identificativa individual: 5 euros

3.- Renovación Licencias: 4 euros

4.- Inscrición Rexistro A.P.P: 3 euros

5.- Inscrición Censo de Animais de Compañía: 2 euros

6.- Modificacións rexistrais: 1 euros

7.- Cancelación rexistral: 2 euros

8.- Os actos ós que se refiren os epígrafes 1, 3, 4 e 7 cando se solicitan polos suxeitos pasivos a que se refire o número 2 do Artigo 3, terán un recargo d 25 por cento.

Artigo 7º.- Ingreso da taxa

O ingreso da Taxa efectuarase en réxime de autoliquidación e con carácter previo ó acto que o motiva.

Artigo 8º.- Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, se como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto no Título IV da Lei Xeral Tributaria