Muxía - Ordenanza fiscal reguladora da taxa de sumidoiro
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
Artigo 2.-Feito imponible.
1. Constitúe o feito imponible da taxa:
a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para a autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipal.
b) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas.
2.-Non estarán suxeitas á taxa os terreos derruídos, declarados ruinosos ou que teñan a condición de solar ou terreo.
Artigo 3.-Suxeito pasivo.
1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que sexan:
a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil do terreo.
b) No caso de prestación de servicios do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios dos terreos do término municipal beneficiarias de ditos servicios, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatario, incluso en precario.
2.-En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o propietarios destes inmobles, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4.-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Cota tributaria.
1.-A cota tributaria correspondente á concesión da licencia ou autorización de acometida á rede de sumidoiros esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de dez mil pesetas.
2.-Cota tributaria correspondente ó servicio de sumidoiros.
Será de 600 ptas. anuais, o que significa un custo trimestral de 150 ptas.
Artigo 6.-Exencións e bonificacións.
Artigo 7.-Retribución.
1.-Retribuirase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito imponible, entendéndose a mesma:
a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.
b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. O retribución por esta modalidade da taxa producirase con independencia do que se obtivera ou non a licencia de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización. O retribución coincidirá co 1 de xaneiro de cada ano natural, ó tratarse de taxa de cobramento periódico.
2.-Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para tódolos terreos do Concello que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas en que exista sumidoiro, sempre que a distancia entre a rede e o terreo non exceda de cen metros, e retribuirase a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectua-la acometida á rede.
Artigo 8.-Normas de xestión.
1.-O día 1 de xaneiro de cada exercicio, confeccionarase o padrón anual de contribuíntes.
A finais de cada trimestre natural, elaboraranse os padróns cobratorios trimestrais, formados polo padrón do trimestre anterior e as variacións de altas e baixas producidas no período.
2.-Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación dos interesados, calquera variación dos datos figurados na matrícula, levaránse a cabo nestas as modificacións correspondentes, que producirán efectos a partir do período de cobranza seguinte ó da data na que se efectuara a declaración.
3.-No suposto de licencia de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude e os servicios tributarios deste Concello, unha vez concedida aquela, practicarán a liquidación que proceda, que será notificada para ingresos directo na forma e prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 9.-Declaración, liquidación e ingreso.
1.-Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da taxa, no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade do terreo e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións producirán efectos a partir da primeira liquidación que se practique unha vez rematado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.
A inclusión inicial no censo farase de oficio unha vez concedida a licencia de acometida á rede.
2.-As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse polos mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos de subministración e consumo de auga.