Ortigueira - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por licencia de apertura de establecemento

Publicación provisional: 11/05/2000 BOP Nº: 107
Publicación definitiva: 09/09/2000 BOP Nº: 208
Aplicable dende: 09/09/2000

Artigo 5.-Base Impoñible.

Constitúe a base impoñible da presente taxa a cota total que o suxeito pasivo deba satisfacer polo imposto sobre actividades económicas.

Artigo 6.-Cota Tributaría.

A cota tributaría determinarase aplicando á base impoñible definida no artigo anterior os seguintes tipos de gravame.

1.-Cota normal.-Actividades comerciais e industriais que non estean clasificadas molestas, insalubres, nocivas e perigosas o 150%, cun mínimo de 30.000 pesetas.

2.-Actividades clasificadas, o 300% da base impoñible por cada clasificación, cun mínimo de 60.000 pesetas, sendo acumulables dúas ou máis clasificacións.