Índice
Bergondo - Ordenanza reguladora da taxa por instalacións deportivas.
Publicación provisional:
31/12/1998
BOP Nº:
299
Publicación definitiva:
31/12/1998
BOP Nº:
299
Aplicable dende:
01/01/1999
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1998, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por prestación de servicios ou a realización de actividades administrativas de competencia local por "instalacións deportivas", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, na que as súas normas atenden ó prevido no artigo 58 en relación co artigo 20.4 o), ámbolos dous da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, de acordo coa modificación establecida na Lei 25/1998, do 13 de xullo, de modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais e de Carácter Público.
Artigo 2.-Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza os que se beneficien dos servicios ou actividades, prestados ou realizados por este Concello, a que se refire o artigo anterior.
Artigo 3.-Contía.
CONCEPTOS | PESETAS |
Uso instalacións pavillóns polideportivos cubertos. | |
A) Sen cobramento de entrada. | |
1.-Por adestramento e partidos amigables de competición, veciños do concello | 500 ptas. |
2.-Por adestramento e partidos amigables de competición, de outros concellos | 1.900 ptas. |
3.-Para actividades deportivas especiais ou actos extradeportivos ou espectáculos, veciños do concello | 4.000 ptas. |
4.-Para actividades deportivas especiais ou actos extradeportivos ou espectáculos, de outros concellos | 6.000 ptas. |
B) Con cobramento de entrada. | |
No caso de cobramento de entrada, duplicarase a contía da tarifa sinalada para o apartado A). |
A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada na tarifa seguinte; para cada un dos distintos servicios ou actividades:
CONCEPTOS | PESETAS |
Uso instalacións pavillóns polideportivos cubertos. | |
A) Sen cobramento de entrada. | |
1.-Por adestramento e partidos amigables de competición, veciños do concello | 500 ptas. |
2.-Por adestramento e partidos amigables de competición, de outros concellos | 1.900 ptas. |
3.-Para actividades deportivas especiais ou actos extradeportivos ou espectáculos, veciños do concello | 4.000 ptas. |
4.-Para actividades deportivas especiais ou actos extradeportivos ou espectáculos, de outros concellos | 6.000 ptas. |
B) Con cobramento de entrada. | |
No caso de cobramento de entrada, duplicarase a contía da tarifa sinalada para o apartado A). |
Artigo 4.-Obriga de pagamento.
1.-A obriga de pagamento da taxa regulada nesta ordenanza nace desde que se preste ou realice calquera dos servicios ou actividades especificados no apartado 1 do artigo anterior.
2.-O pagamento da taxa efectuarase no momento de entrar ó recinto de que se trate ou ó solicitar o aluguer e uso das instalacións citadas no artigo 3.º .
Artigo 5.º .-Exencións e bonificacións.
Estarán exentos do pagamento da taxa polo uso de instalacións
deportivas, as realizadas por iniciativa do Concello e as
promovidas por centros de ensinanza, tamén poderán declararse
exentos as reunións con fins benéficos e as de fins sociais
poderán gozar dunha bonificación do 50%.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal aprobada polo Concello pleno en
sesión do 13 de novembro de 1998, entrará en vigor unha vez
publicada no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o
prazo a que se refire o artigo 70.2 en relación co 65.2 da Lei
7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e
comezará a aplicarse a partir do día l de xaneiro de 1999,
permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación
expresa.
Disposición derrogatoria
A presente ordenanza derroga a ordenanza reguladora do prezo
público por uso da polideportiva municipal.