Lousame - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización do Pavillón Polideportivo Municipal
Artigo 1. Fundamento e natureza.
Este Concello, segundo o autorizado polo artigo 105 da LRBRL, e de acordo co previsto no artigo 20.4o) da Lei 39/88, reguladora das facendas locais; establece a taxa por utilización do pavillón polideportivo municipal, que se rexerá pola presente ordenanza.
Artigo 2. Feito impoñible.
Constitúe a base impoñible deste tributo o uso do pavillón polideportivo municipal e mailos servicios de que están dotadas as anteditas instalacións, exceptuándose o ximnasio municipal, que se rexe por ordenanza distinta.
Artigo 3. Xeración de obrigas.
A obriga de contribuír nacerá dende que a utilización se inicie, mediante a entrada ó recinto, sendo obrigatorio aboar previamente a taxa establecida.
Artigo 4. Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento as persoas físicas ou xurídicas e entidades ou asociacións que soliciten a utilización do pavillón ou se beneficien dos servicios prestados polo Concello nas instalacións.
Artigo 5. Base impoñible e liquidable.
A base impoñible estará determinada pola conxunción do tipo de uso das instalacións definido pola utilización en día laborable, xunto co número de horas, usuarios e actos non deportivos.
Artigo 6. Cota tributaria.
1. Actos deportivos.
- Equipos federados:
Cota pista/hora/sénior: 700 ptas.
Cota pista/hora/categorías inferiores: 0 ptas.
- Non federados:
Cota pista/hora/sénior: 1.000 ptas.
Cota pista/hora/categorías inferiores: 500 ptas.
2. Actos non deportivos.
Os actos alleos ó deporte organizados por sociedades, partidos políticos e asociacións de todo tipo, que soliciten a utilización do pavillón para festivais, mitins, reunións ou espectáculos artísticos de carácter profesional, etc.; serán autorizados pola Alcaldía ou Comisión de Goberno, sinalando a cota que se axustará por analoxía ós actos deportivos, non federados, sénior.
Artigo 7. Publicidade.
Parede frontal: medidas:
0,90 x 0,60: 12.500 ptas./ano.
1,83 x 1,22: 25.000 ptas./ano.
3,60 x 2,44: 50.000 ptas./ano.
Paredes laterais: medidas:
1,83 x 1,22: 20.000 ptas./ano.
Círculo central: 100.000 ptas./ano.
Círculo de zona (2): 100.000 ptas./ano.
Artigo 8. Prioridades na utilización.
1.º ) Escolas deportivas municipais.
2.º ) Clubes ou asociacións deportivas con categorías inferiores.
3.º ) Clubes ou asociacións deportivas sen categorías inferiores.
4.º ) Público en xeral.
Artigo 9. Exencións.
1.-Están exentos do pagamento da taxa os alumnos dos colexios públicos e privados do Concello, sempre que practiquen o deporte dirixidos por profesores ou persoa responsable.
2.-Así mesmo, estarán exentas do pagamento da cota as actividades organizadas e maila publicidade exposta polo Concello de Lousame, sexa directamente ou por medio doutras entidades ás que o Concello conceda o seu patrocinio.
As persoas ou entidades interesadas na obtención de beneficios sinalados no parágrafo anterior, presentarán solicitude, acreditando as circunstancias que xustifiquen a execución, con quince (15) días de antelación á celebración do acto.
Artigo 10. Normas de xestión e cobranza.
1.-Cando se trate da práctica de actividades e espectáculos deportivos, os clubes, asociacións ou particulares que teñan concedida utilización periódica do pavillón; practicarase unha liquidación mensual, comprensiva dos días e horas de utilización. Cando se trate de publicidade a liquidación será anual.
2.-O persoal adscrito ó pavillón estenderá carta de pagamento, boletos ou tiques, segundo os casos, como xustificantes do pagamento.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal foi aprobada en sesión plenaria do 29 de marzo de 1999. Entrará en vigor unha vez publicada no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.