Oroso - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por postos, barracas, casetas situadas en terreos de uso público e industrias da rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica
Artigo 1.-Fundamento e réxime.
De conformidade co previsto no artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e no artigo 20.3.n) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, na nova redacción dada pola Lei 25/1998, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por ocupación da vía pública ou terreos de uso público con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións, industrias da rúa e ambulantes, e rodaxe cinematográfica, que se regulará pola presente ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 da Lei 39/1988 citada.
Artigo 2.-Feito imponible.
Constitúe o feito imponible deste tributo a ocupación de terreos de uso público municipal con instalacións de carácter non fixo, para o exercicio de actividades de venda de calquera clase, e con aquelas destinadas a espectáculos ou recreos e rodaxe cinematográfica, así como o exercicio de industrias da rúa e ambulantes.
Artigo 3.-Dereito á percepción.
A obriga de contribuír nace desde o momento no que o aproveitamento autorizado para a instalación de postos, espectáculos, recreos na vía pública, rodaxe cinematográfica e para o exercicio de industrias da rúa e ambulantes se efectúe, ou desde que se realice o aproveitamento se se fixese sen a oportuna autorización.
Artigo 4.-Suxeitos pasivos.
Serán suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria a quen se autorice para efectua-lo aproveitamento especial do dominio público local.
Artigo 5.-Base imponible e liquidable.
Tomarase como base do presente tributo o metro cadrado de superficie ocupada polo posto, instalación ou actividade que se autorice, estimado segundo a tarifa desta ordenanza, os días naturais de ocupación, e cada mesa ou cadeira instalada na vía pública polos establecementos industriais, e prazo polo que se autorice a industria da rúa ou ambulante ou rodaxe cinematográfica.
Artigo 6.-Cota tributaria.
1.-A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a que figura na seguinte tarifa:
Epígrafe.-Pesetas.
1.-Postos de legumes, carnes, peixes, comestibles, téxtiles e outros: 100 ptas./m2; mínimo: 200 ptas.
2.-Venda desde vehículos: 1.000 ptas./vehículo.
3.-Venda e exposición de maquinaria agrícola, por cada aparato exposto: 500 ptas.
O Concello poderá establecer, para determinada temporada, os terreos municipais de uso público, nos que permitirá a instalación de teatros, cinematógrafos, circos ou outros espectáculos e adxudicar ditos terreos mediante licitación, conforme ás vixentes normas de contratación.
As adxudicacións realizaranse por temporada concreta, con expresión de data a data, e se a ocupación continuara pasado o último día, liquidaranse os días de prórroga proporcionalmente ó prezo ó que fora adxudicado.
Os dereitos fixados na tarifa anterior, así como o importe da adxudicación mediante subhasta, entenderanse pola concesión da ocupación, independentemente de que a actividade se leve a cabo ou non, polo que non poderá concederse bonificación ningunha por causa de chuvias, restriccións no subministro de enerxía eléctrica ou calquera outra de forza maior.
Artigo 7.-Responsables.
1. Serán responsables solidariamente das obrigas tributarias establecidas nesta ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, tódalas sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarios das infraccións cometidas neste réxime de tributación.
2. Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición e responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias de ditas entidades.
3. Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade de débeda tributaria no caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia, para o cumprimento das obrigas tributarias infrinxidas consistirán no incumprimento por quen dependen deles ou adopten acordos que fixesen posible as infraccións. Así mesmo, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigas tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que fosen destituídas nas súas actividades.
4. Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigas tributarias que tivesen dereito a seren percibidas con anterioridade a ditas situacións e que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.
Artigo 8.-Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario ningún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos tratados, os acordos internacionais ou os previstos nas normas con rango de lei.
O Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais non estarán obrigados ó pagamento das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público, polos aproveitamentos inherentes ós servicios públicos de comunicacións que exploten directamente e por tódolos que inmediatamente interesen á seguridade cidadá ou á defensa nacional.
Artigo 9.-Normas de xestión.
1.-As cantidades esixibles de acordo á tarifa liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polo período de tempo autorizado.
3.-Non se consentirá ningunha ocupación da vía pública ata que se aboe e obteña polos interesados a licencia correspondente.
4.-As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandado dará lugar á anulación da licencia, sen prexuízo das contías que correspondan aboar ós interesados.
8.-Pagamento.
1.-O pagamento desta taxa realizarase:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos, polo ingreso directo na Tesourería municipal ou onde sinale o Concello, pero sempre antes de retira-la correspondente licencia. Este ingreso terá carácter de depósito previo, de conformidade co disposto no artigo 26.I.a) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, quedando elevado a definitivo ó concederse a licencia correspondente.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluídas nos padróns ou matrículas desta taxa, por semestres naturais, nas oficinas de Recadación municipal, dende o día 16 do primeiro mes do semestre ata o día 15 do segundo.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal, con redacción definitiva aprobada polo Pleno da corporación na sesión do 26 de novembro de 1998, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no BOP e será de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.