Ares - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECEMENTO.
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
En uso das atribucións concedidas polos artigos 133.2 e 144 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15, 19 e 20, apartados 1, 2 e 4 i), da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a "taxa por licencia de apertura de establecementos", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, da que as súas normas atenden ó prevido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo 2.º .-Feito imponible.
1.-Constitúe o feito imponible da taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a unificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquiliade, sanidade e salubridade e calesquera outras esixibles polas correspondentes ordenanzas e regulamentos municipais xerais para o seu formal funcionamento, como presuposto necesario e previo para o outorgamento por este Concello da licencia de apertura a que se refire o artigo 22 do Regulamento de Servicios das Corporacións Locais.
2.-Para tal efecto, terá a consideración de apertura:
a) A instalación por vez primeira do establecemento para dar comezo ás súas actividades.
b) A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento aínda que continúe o mesmo titular.
c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo esixindo nova verificación das mesmas.
3.-Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, estea ou non aberta ó público, que non destine exclusivamente á vivenda e que:
a) Se dedique ó exercicio dalgunha actividade, empresarial fabril, artesana, da construcción, comercial e de servicios que estea suxeita ó imposto sobre actividades económicas.
b) Aínda sen desenvolverse aquelas actividades que sirvan de auxilio ou complemento para as mesmas, ou teñan relacion con elas en forma que lles proporcionen beneficios ou aproveitamento, como, por exemplo sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, escritorios, oficinas despachos ou estudios.
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos, contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, titulares da actividade que se pretende desenvolver ou, no seu caso, se desenvolva en calquera establecemento industrial ou mercantil.
Artigo 4.º .-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Base imponible.
5.-Por transmisión de licencias: 31,15 euros.
Artigo 6.º .-Cota tributaria.
a) Establecementos, dos que as súas actividades se consideren molestas, insalubres, nocias e perigosas, satisfarán unha taxa do 175 por cento da cota do Tesouro pola licencia fiscal (no futuro, imposto sobre actividades económicas).
b) Os establecementos incluídos no ámbito de aplicación do Regulamento de Policía de Espectáculos e Actvididades recreativas, satisfarán unha taxa do 130 por cento da cota do Tesouro pola licencia fiscal do imposto industrial (no futuro, imposto sobre actividades económicas).
c) Os demais establecementos mercantís, industriais e comerciais non comprendidos nos apartados anteriores, satisfarán unha taxa do 10 por cento da cota do Tesouro pola licencia fiscal do imposto industrial (no futuro, imposto sobre actividades económicas).
2.-A cota tributaria esixirase por unidade de local.
3.-Nos casos de variación ou ampliación de actividade a desenvolver no establecemento suxeito, da cota que resulte por aplicación dos apartados anteriores deste artigo, deducirase o retribuído por este concepto tributario con ocasión da primeira apertura e de ulteriores variacións ou ampliacións da actividade, así como da ampliación do local. A cantidade a ingresar será a diferencia resultante.
4.-No caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licencia, as cotas a liquidar serán o 10 por cento das sinalados no número anterior, sempre que a actividade municipal se iniciara efectivamente.
5.-Por transmisión de licencias: 5.000 pesetas.
Artigo 7.º .-Exencións e bonificacións.
Artigo 8.º .-Retribución.
1.-Retribúese a taxa e nace a obriga de contribuír, cando se incie a actividade municipal que constitúe o feito imponible. Para estes efectos, se entenderá iniciada dita actividade na data de prestación da oportuna solicitude da licencia de apertura, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.
2.-Cando a apertura tivera lugar sen obte-la a oportuna licencia, a taxa retribuirase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para autoriza-la apertura do establecemento ou decreta-lo seu peche, se non fora autorizable dita apertura.
3.-A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada, en modo ningún, pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación das condicións do establecemento, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia.
Artigo 9.º .-Declaración.
1.-As persoas interesadas na obtención dunha licencia de apertura de establecemento industrial ou mercantil presentarán previamente, no rexistro xeral, a oportuna solicitude, con especificación da actividade ou actividades a desenvolver no local achegada do contrato de alugueiro ou título de adquisición do local.
2.-Se despois de formulada a solicitude de licencia de apertura variase ou ampliase a actividade a desenvolver en establecemento, ou se alterasen as condicións proxectadas por tal establecemento ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións deberán de poñerse en coñecimento da Administración municipal co mesmo detalle e alcance que se esixen na declaración prevista no número anterior.
Artigo 10.º .-Liquidación e ingreso.
1.-Rematada a actividade municipal e unha vez dictada a resolución municipal que proceda sobre a licencia de apertura, se practicará a liquidación correspondente da taxa, que será notificada ó suxeito pasivo para seu ingreso directo nas arcas municipais utilizando os medios de pagamento e os prazos que se sinala o Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 11.º .-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigo 77 e seguines da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final.
A presente ordenanza entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1999, comezando a rexer a partir de dita data.