Carral - Ordenanza reguladora da taxa por taxa instalación das casetas de venta, espectaculos ou atracción situadas en terreos de uso público, así como industria da rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza
Facendo uso das facultades concedidas polos artigos 133. 2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime local e de conformidade co disposto no artigo 20, alínea 3, letra n), da Lei 39/1988, reguladora das Facendas locais, modificado pola Lei 25/1998, do 13 de xullo, de modificación do Réxime legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións patrimoniais de carácter público, este Concello establece a " Taxa por postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreos de uso público e industrias da rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica, da que as súas normas atenden ó prevido no artigo 58 da Lei 39/1988, reguladora das Facendas locais, modificado así mesmo polo artigo 66 da Lei 25/1998, do 13 de xullo.
Artigo 2.º .-Feito impoñible
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, ós que se lles outorguen as licencias ou os que se beneficien do aproveitamento, se procedeu sen a oportuna autorización.
Artigo 4.º .-Cota tributaria
A cota tributaria regulada nesta ordenanza será a que figura na seguinte tarifa:
Licencias ou permisos | Unidade de débeda | Importe dos dereitos (ptas.) | ||
Por día | Por mes | Por trimestre | ||
En xeral | m2 ou fracción | 25 | 600 | 1.500 |
O Concello poderá establecer, para determinada tempada, os terreos municipais de uso público, nos que permitirá a instalación de teatros, cinematógrafos, circos ou outros espectáculos e adxudicar os ditos terreos mediante licitación, conforme ás vixentes normas de contratación municipal.
As adxudicacións faranse por tempada concreta, con expresión de data a data, e se a ocupación continuara pasado o último día, liquidaranse os días de prórroga proporcionalmente ó prezo ó que fose adxudicada.
Os dereitos fixados na tarifa anterior, así como o importe da adxudicación mediante subhasta, entenderase pola concesión da ocupación, independentemente de que a actividade se leve ou non a cabo, polo que non poderá concederse bonificación ningunha por causa da choiva, restriccións no subministro de enerxía eléctrica ou calquera outra de forza maior.
1. As cantidades esixibles segundo a tarifa liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreducibles polo período de tempo autorizado.
2. a) As situacións, instalacións, postos, etc., poderán sacarse a licitación pública e o tipo de licitación en concepto de prezo público mínimo que servirá de base, será a contía fixada na tarifa desta ordenanza.
b) Procederase, con antelación á subhasta, á formación dun plano dos terreos dispoñibles para ser subhastados, numerando as parcelas que vaian ser obxecto de licitación e sinalando a súa superficie. Así mesmo, indicaranse as parcelas que poidan adicarse a coches de choque, circos, teatros, bares, restaurantes, polbeirías, xoieirías de fantasía, etc.
c) Se algún concesionario dos aproveitamentos empregase maior superficie que a que lle fose adxudicada en subhasta ou autorizada na licencia, satisfará, por cada metro cadrado utilizado de máis, o 200 por 100 do importe da poxa ou licencia, ademais do importe do remate ou da contía fixada pola tarifa, respectivamente.
3. a) As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza e non sacados a licitación pública deberán solicitar previamente a correspondente licencia, realiza-lo depósito previo a que se refire o artigo 5.2 a) seguinte e formular declaración na que conste a superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do municipio.
b) Os servicios técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, e concederanse as autorizacións de non atopar diferencias coas peticións de licencias; se se desen diferencias, notificaríanse aquelas ós interesados e xiraríanse, de se-lo caso, as liquidacións complementarias que procedesen, e concederíanse as autorizacións unha vez subsanadas as diferencias polos interesados e, de se-lo caso, realizados os ingresos complementarios que procedesen.
c) No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a este Concello a devolución do importe ingresado.
4. Non se consentirá ningunha ocupación da vía pública ata que se aboase e obtivese por parte dos interesados a licencia correspondente.
5. As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandado dará lugar á anulación da licencia, sen prexuízo das contías que corresponda aboar ós interesados
Artigo 5.º .-Obriga de pagamento
1. Nace a obriga de realiza-lo pagamento da taxa por parte do contribuínte:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, no momento de solicita-la correspondente licencia.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados na tarifa.
2. O pagamento da taxa realizarase:
a) Tratándose de concesións de novo aproveitamento, por ingreso directo na Tesourería municipal ou onde establecese o Concello, mais sempre antes de retira-la correspondente licencia.
Este ingreso terá carácter de depósito previo, de conformidade co disposto no artigo 47.1 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, e quedará elevado a definitivo ó concederse a correspondente licencia.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluídas nos padróns ou matrículas deste prezo público, por semestres naturais, nas oficinas da Recadación municipal, desde o día 16 do primeiro mes do semestre ata o día 15 do segundo.
Disposición final
A presente Ordenanza fiscal, aprobada provisionalmente polo Pleno da Corporación na sesión realizada o 23 de decembro de 1998 e que quedou definitivamente aprobada con data 6 de febreiro de 1999, rexerá a partir da súa publicación do texto íntegro desta ordenanza manterase vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.