Cerdido - ordenanza reguladora da taxa polo uso das instalacións deportivas e culturais do Concello de Cerdido:
Artigo 1.-Obxecto.
De conformidade co establecido no artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e 15 a 19 da Lei 39/1988 do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa polo uso das instalacións deportivas e culturais do Concello.
Artigo 2.-Feito imponible.
Constitúe o feito imponible desta taxa o uso das instalacións deportivas e culturais do Concello, de conformidade co establecido no artigo 20.1 da Lei 39/1988, reguladora das Facendas Locais.
Artigo 3.-Suxeito pasivo. Responsables.
Serán suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que soliciten a utilización das instalacións deportivas e culturais do Concello. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 38 e 39 da Lei Xeral Tributaria. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores das crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e alcance que establece o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 4.-Execcións.
Artigo 5.-Cota tributaria.
A cota tributaria consistirá nunha tarifa fixa en función do seguinte baremo.
Actividades deportivas sen fin de lucro: 800 pesetas/hora ou fracción.
Actividades culturais sen fin de lucro: 800 pesetas/hora ou fracción.
Actividades deportivas ou culturais con fin de lucro: 2.500 pesetas/hora ou fracción.
Actividades non deportivas realizadas nas instalacións deportivas do Concello: 30.000 pesetas/día.
Artigo 6.-Obriga de pagamento. Réxime de declaración e ingreso.
A obriga de pagamento da taxa nace dende o momento que se proceda ó uso destas instalacións.
O pagamento da taxa terá lugar por ingreso directo no momento de solicita-la utilización da instalación, con carácter de depósito previo conforme ó disposto no artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, podéndose emprega-lo procedemento de declaración-liquidación ou de autoliquidación.
Artigo 7.-Normas de xestión:
A utilización das instalacións deportivas, obxecto desta taxa, haberá ter lugar fóra do horario do centro escolar do Concello. Os horarios e calendarios de utilización da instalación municipal serán fixadas por decreto da Alcaldía e publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello. A utilización das instalacións culturais existentes no Concello quedarán condicionadas ó horario que reste das actividades que teña programado o Concello dentro do calendario de actividades que se realicen nas citadas instalacións. As solicitudes para a realización de actividades diversas, actos extradeportivos, competicións ou torneos presentaranse no rexistro do Concello cunha antelación de cinco días hábiles ó da data da realización da actividade.
As autorizacións do uso da instalación serán concedidas pola Alcaldía, quen poderá esixi-la constitución dunha garantía en metálico cando a actividade a realizar poida ocasionar danos ou deterioros da instalación, a contía establecerase segundo a estimación previa dos riscos e perigos de deterioro que se poidan ocasionar pola actividade que se realice. No caso que o uso das instalacións producise a destrucción ou deterioro das instalacións municipais, o suxeito pasivo da taxa estará obrigado o reintegro dos gastos de reconstrucción ou reparación que se producisen. Terán preferencia para o uso das instalacións aquelas actividades promovidas ou patrocinadas polos veciños do Concello de Cerdido.
Artigo 8.
En materia de sancións e infraccións estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.