Fisterra - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR DISTRIBUCIÓN DE AUGA, INCLUÍDO OS DEREITOS DE ENGANCHE E UTILIZACIÓN DE CONTADORES E INSTALACIÓNS ANÁLOGAS

Publicación provisional: 23/02/1999 BOP Nº: 43
Publicación definitiva: 23/02/1999 BOP Nº: 43
Aplicable dende: 01/01/1999

Artigo 1.º .-Fundamento e Natureza

No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos do 15 o 19 e 20, apartados 1 e 4 t) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por distribución de auga incluído os dereitos de enganche e utilización de contadores e instalacións análogas.

Artigo 2.º .-Feito Impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servicio de distribución de auga, incluído os dereitos de enganche e colocación e utilización de contadores e instalacións análogas.

Artigo 3.º .-Suxeitos Pasivos.

1.-Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídica e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais ubicados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas en que se preste o servicio, xa sexa a título de propietario ou usufructuario, habitacionista, arrendatario ou incluso de precario.

2.-Terán a consideración de substituto do contribuínte, o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.

Artigo 4.º .-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lai Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebra, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral tributaria.

Artigo 5.º .-Cota Tributaria.

Ata 9 m3/mes: 20 ptas./m3

De 9 m3/mes a 15 m3/mes: 50 ptas./m3

Excesos: 65 ptas./m3

Dereitos de acometida: 7.500 ptas.

Artigo 6.º .-Bonificacións.

Conforme ó establecido no artigo 24.4 da Lei 39/88, gozarán de bonificacións aqueles contribuíntes que foxen declarados pobres por precepto legal, estean inscritos no Padrón de Beneficencia como pobres de solemnidade e obteñan ingresos anuais que correspondan ó salario mínimo interprofesional na porcentaxe do 50%.

Artigo 7.º .-Devengo

1.-Devéngase a taxa e nace na obriga de contribuír desde o momento en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a naturais de recepción obrigada do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal obxecto da presente regulación.

2.-As cotas devengaranse o primeiro día de cada trimestre natural, salvo que o devengo da taxa tivera lugar con posterioridade a dita data, no que será a partires da mesma cando teña lugar o devengo.

Artigo 8.º .-Obriga de Pago.

O pago da taxa efectuarase mediante recibo anual e a lectura do contador.

Artigo 9.º .-Infraccións e Sancións.

En todo ó relativo á cualificación de infraccións tributarias, asemade como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarse ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición Final.

A presente Ordenanza Fiscal, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partires do día un de xaneiro de mil novecentos noventa e nove, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa