Negreira - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construcción, cascallos, valados, puntais, cabaletes, andamios e outras instalacións análogas.
Artigo 1.-Concepto
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución; artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e artigo 20.3.g) da Lei 39/1988, do 28 de decembro reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construcción, cascallos, valados, puntais, cabaletes, andamios e outras instalacións análogas, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.-Feito imponible.
O feito imponible está constituído pola realización de calesquera dos aproveitamentos de ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construcción, cascallos, valados, puntais, cabaletes, andamios e outras instalacións análogas.
Artigo 3.-Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza as persoas ou entidades a prol das que se outorguen as correspondentes licencias ou se beneficien do aproveitamento, se se procedeu sen a oportuna autorización.
Artigo 4.-Dereito á percepción.
Terase dereito a percibi-la taxa e nace a obriga de contribuír polo outorgamento de licencia ou dende o momento no que se inicia o aproveitamento. O pagamento da taxa farase na depositaría municipal.
Artigo 5.-Tarifas.
A contía da taxa regulada nesta ordenanza fiscal farase efectiva conforme ás seguintes tarifas:
a) Pola ocupación diaria de terreo de uso público local con calesquera dos elementos que contempla esta ordenanza, calquera que sexa a súa finalidade: 10 ptas./metro cadrado no núcleo urbano e 5 ptas./metro cadrado no medio rural.
b) Pola ocupación mensual de terreo de uso público local con calesquera dos elementos que contempla esta ordenanza, calquera que sexa a súa finalidade:
200 ptas./metro cadrado no núcleo urbano e 50 ptas./metro cadrado no medio rural.
c) Pola ocupación anual de terreos de uso público local con calesquera dos elementos que contempla esta ordenanza, calquera que sexa a súa finalidade: 1.000 ptas./metro cadrado no núcleo urbano e 180 ptas./metro cadrado no medio rural.
Artigo 6.-Normas de xestión.
De conformidade co prevido no artigo 24.5 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, cando con ocasión dos aproveitamentos regulados nesta ordenanza fiscal se producisen danos no pavimento ou instalacións da vía pública, os titulares da licencia ou os obrigados ó pagamento virán suxeitos ó reintegro total dos gastos de reconstrucción e reparación de tales desperfectos ou repara-los danos causados, que serán, en todo caso, independentes dos dereitos liquidados polos aproveitamentos realizados. Se os danos foran irreparables, a entidade será indemnizada en contía igual ó valor dos bens destruídos, ou o importe do deterioro dos danos.
As cantidades esixibles de acordo á tarifa liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado, e serán irreductibles polos períodos naturais de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.
As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza fiscal deberán solicitar previamente a correspondente licencia, na que se indicará a superficie a ocupar e o tempo da ocupación.
Se non se determina a duración do aproveitamento unha vez autorizada a ocupación entenderase prorrogada mentres non se presente a declaración de baixa.
A presentación de baixa producirá efectos a partir do día primeiro do período natural de tempo seguinte sinalado na tarifa que corresponda.
Disposición final.
A presente ordenanza entrará en vigor e comezará a rexer unha vez publicada integramente no BOP e transcorra o prazo a que se refire o artigo 70.2 en relación co 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e seguirá en vigor ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.