Malpica de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 14.-REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO LOCAL POLAS AUTORIZACIÓNS PARA REALIZA-LA OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MERCADORÍAS, MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN, CASCALL
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza
En uso das facultades concedidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 58 en relación cos artigos 15 ó 19 e 20 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, o Concello de Malpica de Bergantiños establece a Taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local polas autorizacións para a ocupación de terreos de uso público local con mercadorÍas, materiais de construcción, cascallo, valos, puntais, cabaletes, andamios e outras instalacións análogas, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.
Artigo 2.º .- Dominio público local
Entenderase como dominio público local pertencente ó Concello de Malpica de Bergantiños a efectos da aplicación da presente Ordenanza Fiscal, os bens destinados a uso público definidos no artigo 74.1 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, del 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local e os artigos 3.º do Real Decreto 1372/1986, de 13 xuño polo que se aproba o Regulamento dos Bens das Entidades Locais.
Artigo 3.º .-Feito impoñible
1.-Constitúe o Feito Impoñible desta Taxa por prestación patrimonial a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local consistente nas autorizacións para realiza-la ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construcción, cascallo, valos, puntais, cabaletes, andamios e outras instalacións análogas.
2.-Terá a consideración de Feito Impoñible o outorgamento das autorizacións para realiza-las utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais regulados na presente Ordenanza Fiscal.
Artigo 4.º .-Suxeito pasivo
1.-Son Suxeitos pasivos desta Taxa, en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 33 da lei 230/1963, de 28 decembro, Xeral Tributaria tanto as que resulten autorizadas para realiza-la ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construcción, cascallo, valos, puntais, cabaletes, andamios e outras instalacións, como aquelas que se beneficien do aproveitamento se este se realizou sen a preceptiva autorización.
2.-responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da lei xeral tributaria que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.
3.-serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores das quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral nos supostos e alcance que sinala o artigo 40 da lei xeral tributaria.
Artigo 5.º .-Base impoñible e liquidable
1.-A determinación da Base Impoñible, que será realizada con carácter xeral pola Administración Municipal de acordo co procedemento establecido no artigo 48 da Lei 230/1963, de 28 de decembro Xeral Tributaria, efectuarase mediante a aplicación do módulo correspondente á utilización privativa ou aproveitamento especial definido no artigo 3.º da presente Ordenanza Fiscal.
2.-Para a liquidación da presente taxa, os solicitantes da autorización que constitúe o feito impoñible definido no artigo 3.º da presente ordenanza deberán solicita-la modalidade de utilización privativa ou aproveitamento especial por ocupación de terreos de uso público, coa cuantificación do elemento do módulo seguinte:
Modalidade de utilización privativa ou aproveitamento especial | Módulo |
Epígrafe Único: Ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construcción, cascallo, valos, puntais, cabaletes, andamios e outras instalacións | m2 |
Artigo 6.º .-Cota
1.-Utilizarase o sistema de cota fixa por módulo, esixíndose a taxa conforme á cota aplicable á base liquidable correspondiente á autorización solicitada de ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construcción, cascallo, valos, puntais, cabaletes, andamios e outras instalacións, segundo a seguinte tarifa:
Modalidade de utilización privativa ou aproveitamento especial | Módulo | Cota pesetas mensual por módulo | Cota pesetas trimestral por módulo |
Epígrafe Único: Ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construcción, cascallo, valos, puntais, cabaletes, andamios e outras instalacións | m2 | 200 | 600 |
2.-A aplicación do módulo para a determinación da base liquidable da presente taxa efectuarase, sen excepción e para tódolos casos, en unidades de metros cadrados, redondeándose a unidade superior no caso de que as solicitudes de autorizacións que constitúen o feito impoñible definido no artigo 3.º da presente Ordenanza Fiscal, conteñan fraccións inferiores á unidade.
Artigo 7.º .-Período impositivo e devengo
1.-O período impositivo coincidirá co trimestre natural, excepto cando se trate de autorizacións solicitadas a instancia de parte para realización de novos aproveitamentos do dominio público local por ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construcción, cascallo, valos, puntais, cabaletes, andamios e outras instalacións na vía pública; neste caso o período impositivo abarcará dende o mes comprensivo da data de concesión da correspondente autorización ata o final do trimestre natural.
2.-A taxa devéngase o primeiro día do período impositivo e as cotas serán irreductibles, salvo cando, nos casos de autorizacións solicitadas a instancia de parte para novas ocupacións de terreos de uso público, a data de solicitude da correspondente autorización non coincida co día de inicio de cada trimestre natural, caso no que a cota se calculará proporcionalmente ó número de meses naturais que restan para finaliza-lo trimestre, incluído o de comezo da utilización privativa ou o aproveitamento especial autorizado.
3.-No caso de cese na utilización privativa ou aproveitamento especial por ocupación de terreos de uso público as cotas as serán rateadas (prorrateadas) por meses naturais, excluído aquel en que se produza o devandito cese. A tal fin os suxeitos pasivos poderán solicita-la parte da cota correspondente ós meses naturais nos que non se teña realizada a utilización privativa ou o aproveitamento especial.
Artigo 8.º .-Normas de xestión
1.-A autorización para realiza-las utilizacións privativas ou os aproveitamentos especiais consistentes na ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construcción, cascallo, valos, puntais, cabaletes, andamios e outras instalacións na vía pública delimitadas na presente Ordenanza Fiscal, serán outorgadas polo Alcalde-Presidente do Concello de Malpica de Bergantiños de acordo co artigo 21.1 ll) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e 24 do Real Decreto Lexislativo 781/1986.
2.-Cando se presente a solicitude ou se inicie o expediente os suxeitos pasivos polas autorizacións administrativas reguladas na presente Ordenanza Fiscal estarán obrigados a ingresa-lo importe de taxa en concepto de depósito previo, de acordo co artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, de 28 de decembro reguladora das Facendas Locais. O importe de taxa en concepto de depósito previo será autoliquidado polo suxeito coa cuantificación do módulo de metros cadrados para a determinación da base impoñible e cota resultante. Non se tramitará o expediente nin se permitirá a ocupación da vía pública ata que se teña efectuado o pagamento correspondente e sexa expedida a correspondente autorización.
3.-Será preceptivo o informe do Arquitecto Técnico Municipal, no que se fixarán as condicións da autorización. Na súa determinación terase en conta unicamente as necesidades xerais que ten que cumpri-la utilización privativa ou aproveitamento especial solicitado e as disposicións legais vixentes que poidan ser de aplicación á autorización solicitada.
4.-Tramitado o correspondente expediente, e comprobado o importe de taxa en concepto de depósito previo autoliquidado polo suxeito pasivo, procederase á autorización para a utilización privativa ou o aproveitamento especial solicitado, elevándose o depósito previo á liquidación definitiva ó concederse a autorización solicitada
5.-Os interesados, no suposto de denegación da autorización poderán solicita-la devolución do importe do depósito previo.
Artigo 9.º .-Exencións e bonificacións
Non se concederá exención ou bonificación ningunha respecto á taxa regulada pola presente ordenanza.
Artigo 10.º .-Administración e cobranza
1.-As cotas esixibles liquidaranse polo aproveitamento solicitado ou realizado, sendo irreductibles polo período impositivo sinalado no artigo 7.º da presente Ordenanza Fiscal, sen máis excepcións cós supostos contemplados no citado artigo para os casos de inicio ou cese na utilización privativa ou aproveitamento especial; neste caso o período impositivo axustarase a esta circunstancia co conseguinte rateo (prorrateo) da cota por meses naturais.
2.-Autorizada a utilización privativa ou aproveitamento especial entenderase prorrogada automaticamente por un novo período impositivo, ata que se solicite a baixa polo interesado, ou sexa declarada a súa caducidade. A tal fin as persoas ou entidades obrigadas ó pagamento deberán ingresa-lo importe da liquidación practicada pola Administración Municipal por trimestres naturais nas Oficinas deste Concello ou Entidades Financeiras Colaboradoras, dende o día 16 do primeiro mes do trimestre ó día 15 do segundo mes.
3.-Nos casos de presentación da baixa por cese nas utilizacións privativas ou aproveitamento especial regulada na presente Ordenanza Fiscal, esta producirá efectos a partir do mes seguinte á data de presentación. A non presentación da baixa determinará a obriga de seguir aboando a taxa.
Aprobación e vixencia
1. A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no "Boletín Oficial da Provincia", e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 1999, ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.
2. A presente Ordenanza, que consta de dez artigos, foi aprobada polo Pleno en sesión extraordinaria, celebrada o día 25 de novembro de mil novecentos noventa e oito.