Rianxo - ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR ENTRADAS DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DAS BEIRAVÍAS E RESERVAS DE VÍA PÚBLICA PARA APARCAMENTO EXCLUSIVO, PARADA DE VEHÍCULOS, CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS DE CALQUERA CLASE
Artigo 1.º .-Natureza e fundamento
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e os artigos 20 e 58 da Lei 39/88, do 28 de decembro, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, acorda a imposición e ordenación da taxa por entradas de vehículos a través das beiravías e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase e outros usos similares.
Artigo 2.º .-Feito imponible
Constitúen o feito imponible da taxa a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público municipal con entradas de vehículos a través das beiravías e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase e outras reservas análogas.
Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos
Serán suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, consonte algún dos supostos citados no artigo segundo.
- Serán suxeitos pasivos substitutos do contribuínte desta taxa os propietarios dos terreos e locais ós que dean acceso ditas entradas de vehículos, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
Artigo 4.º .-Responsables
- Serán responsables solidarias das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Cota tributaria
a) Garaxes de uso particular de 1 a 3 prazas:
- Zona A: 2.367 pesetas (14,23 euros).
- Zona B: 2.155 pesetas (12,95 euros).
- Zona C: 2.155 pesetas (12,95 euros).
- Zona D: 1.940 pesetas (11,66 euros).
b) Garaxes de uso particular de 4 a 6 prazas:
- Zona A: 2.694 pesetas (16,19 euros).
- Zona B: 2.478 pesetas (14,89 euros).
- Zona C: 2.478 pesetas (14,89 euros).
- Zona D: 2.155 pesetas (12,95 euros).
c) Garaxes de uso particular de 7 a 20 prazas:
- Zona A: 3.232 pesetas (19,42 euros).
- Zona B: 2.909 pesetas (17,48 euros).
- Zona C: 2.909 pesetas (17,48 euros).
- Zona D: 2.478 pesetas (14,89 euros).
d) Garaxes de uso particular de 21 prazas ou mais:
- Zona A: 3.772 pesetas (22,67 euros).
- Zona B: 3.232 pesetas (19,42 euros).
- Zona C: 3.232 pesetas (19,42 euros).
- Zona D: 2.909 pesetas (17,48 euros).
e) Garaxes, industrias, talleres e similares:
- Zona A: 3.664 pesetas (22,02 euros).
- Zona B: 3.340 pesetas (20,07 euros).
- Zona C: 3.340 pesetas (20,07 euros).
- Zona D: 3.178 pesetas (19,10 euros).
f) Reservas para carga e descarga ata un máximo de catro horas/día en día laboral.
- Zona A: 2.909 pesetas (17,48 euros).
- Zona B: 2.694 pesetas (16,19 euros).
- Zona C: 2.694 pesetas (16,19 euros).
- Zona D: 2.478 pesetas (14,89 euros).
Defínense as mesmas zonas que as actuais:
Zona A : inclúe o núcleo urbano de Rianxo.
Zona B: inclúe o núcleo urbano de Taragoña.
Zona C: inclúe o núcleo urbano de Asados.
Zona D: inclúe o resto do municipio.
Artigo 6.º .-Beneficios fiscais
Só se admitirán os beneficios que veñan establecidos nas normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.
Artigo 7.º .-Percepción
Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuír:
- Nos servicios de retribución puntual, no momento de presenta-la solicitude de concesión ou autorización do aproveitamento.
- Nos servicios de retribución periódica, percibirase a taxa o día primeiro de cada ano natural.
Artigo 8.º .-Liquidación
- Cando se trate de servicios puntuais, liquidarase e esixirase a taxa correspondente en calidade de depósito previo, en todo caso antes de iniciarse o expediente de concesión ou autorización do aproveitamento solicitado.
- Cando se trate de servicios de retribución periódica, liquidarase a taxa nos períodos que se sinalen na tarifa da taxa ou co padrón anual de exaccións municipais.
- Se se realiza o aproveitamento ou utilización do dominio público municipal sen mediar concesión ou autorización, liquidarase e notificarase a débeda, esixindo o ingreso nos prazos previstos no Regulamento Xeral de Recadación para a liquidación de contraído previo, sen prexuízo de abri-lo oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.
Artigo 9.º .-Ingreso
O pagamento desta taxa realizarase:
- Nas liquidacións de contraído previo, na Tesourería municipal ou nas entidades financeiras que na notificación se sinalen. En todo caso, o ingreso será anterior ó inicio do expediente de concesión ou autorización do aproveitamento interesado.
- Nas liquidacións por recibo ou padrón, nas datas e entidades financeiras ou oficinas que se sinalen no edicto de exposición pública do padrón.
Artigo 10.º .-Infraccións e sancións
Nesta materia estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e normativa de desenvolvemento.
Artigo 11.º .-Normas de xestión
- As persoas ou entidades interesadas na concesión ou autorización para realiza-los aproveitamentos sobre o dominio público municipal a que fai referencia esta taxa deberán presentar unha solicitude achegándolle o plano, o detalle da superficie do aproveitamento e da súa situación dentro do termino municipal. Antes da autorización ou concesión do aproveitamento, a persoa ou entidade interesada no aproveitamento aboará o importe da taxa en calidade de depósito previo.
- No caso de se denega-las as autorizacións, os interesados poderán solicita-la devolución da taxa ingresada en calidade de depósito previo.
- Unha vez autorizada ou concedida a licencia de aproveitamento entenderase prorrogada mentres non presente a declaración de baixa o interesado.
- Cando remate o aproveitamento, os suxeitos pasivos formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e producirá efectos no período natural seguinte ó de presentación da mesma, podendo, no seu caso, prorratearse por meses. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.