Rianxo - ORDENANZA FISCAL POLA TAXA DE USO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

Publicación provisional: 14/12/2000 BOP Nº: 285
Publicación definitiva: 14/12/2000 BOP Nº: 285
Aplicable dende: 14/12/2000

1.º .-Obxecto.

O referido no artigo 20.3.O da Lei 39/1988, do 28 de decembro

2.º .-Feito impoñible.

O uso das instalacións deportivas do Concello a instancia de parte.

3.º .-Suxeito pasivo

As persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que soliciten ou resulten beneficiadas pola prestación do servicio de uso das instalacións deportivas do Concello.

4.º .-Base impoñible.

O efectivo uso das instalacións deportivas de acordo co establecido na cadro de tarifas.

5.º .-Exencións.

As deducidas do cadro de tarifas que se acompaña en razón da idade dos usuarios.

6.º .-Bonificacións.

As deducidas do cadro de tarifas que se acompaña en razón da idade dos usuarios.

7.º .-Base liquidable.

Coincide coa base impoñible.

8.º .-Tipo de gravame.

O que se engade como anexo número 1 á presente ordenanza e que se titula "Proposta de taxas polo servicio do pavillón polideportivo de Rianxo", sendo aplicable ás restantes instalacións deportivas do Concello.

9.º .-Período impositivo.

O número de horas, partidos, cursos, mensaxe publicitaria ou os demais períodos que se refiren no cadro de tarifas para as diferentes tipoloxías de uso.

10.º .-Xeración de obrigas.

Nace a obriga de satisface-la taxa no momento en que se proceda á solicitude do uso correspondente de acordo co cadro de tarifas.

11.º .-Normas de xestión.

A taxa esixirase en réxime de depósito previo o momento da solicitude. Os usuarios que pretendan o uso das instalacións deportivas deberán presenta-la solicitude nos servicios competentes do Concello reflectindo a tipoloxía e tempo de uso pretendido de acordo co cadro de tarifas, asemade os datos subxectivos para a aplicación da tarifa correspondente. Para a entrega do documento acreditativo da solicitude deberase satisfacer en réxime de depósito previo o importe da taxa correspondente, facéndolle entrega ó usuario do resgardo acreditativo da mesma.

A taxa deberá satisfacerse antes do uso das instalacións en calquera momento, sendo que polos encargados das mesmas pode ser esixible o outorgamento do uso e o resgardo acreditativo de ter feito o ingreso do importe da taxa en calquera momento.

12.º .-Infraccións.

As establecidas con carácter xeral na vixente Lei xeral tributaria e demais normativa concordante.

13.º .-Obrigacións.

Os usuarios deberán cumpri-las normas de uso das instalacións, horarios de apertura ó público e manter en bo estado as instalacións deportivas.

14.º .

A presente ordenanza foi aprobada o día 2 de xuño de 2000, e entrará en vigor unha vez que sexa publicado o anuncio de aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia, mantendo a súa vixencia ata a súa derrogación ou modificación expresa.

15.º .-Cota.

A resultante de aplica-la base ó cadro de tarifas que se acompaña como anexo.

16.º .-Anexos.

Engádese como anexo número 1 o cadro de tarifas, e como anexo número 2 a análise e estudio de custos.

Cadro de tarifas

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE RIANXO

I.-USOS DEPORTIVOS

I.1.-Uso en horario permanente (non competitivo):

Pista completa:

- Equipos, entidades con actividades dep.: 1.000 pesetas/hora.

- Equipos, entidades con actividades dep. para menores de 14 anos: 500 pesetas/hora.

- Entidades con convenio de colaboración co Concello de Rianxo para a realización de actividades deportivas: 0 pesetas/hora.

- Clubes federados: 0 pesetas/hora.

¿ pista:

- Equipos, entidades con actividades dep.: 700 pesetas/hora.

- Equipos, entidades con actividades dep. para menores de 14 anos: 350 pesetas/hora.

- Entidades con convenio de colaboración co Concello de Rianxo para a realización de actividades deportivas: 0 pesetas/hora.

- Clubes federados: 0 pesetas/hora.

I.2.-Uso en horario puntual:

Pista completa:

Competicións deportivas puntuais:

- Con venda de billetes: 5.000 pesetas/partido.

- Sen venda de billetes: 1.500 pesetas/partido.

Alugueiro en horario puntual aberto:

- Colectivos, grupos, etc.: 1.500 pesetas/hora.

- Colectivos, grupos, etc., menores de 14 anos: 750 pesetas/hora.

- Uso individual: 200 pesetas/hora.

- Uso individual menores de 14 anos: 100 pesetas/hora.

¿ pista:

Competicións deportivas puntuais:

- Con venda de billetes: 3.000 pesetas/partido.

- Sen venda de billetes: 1.000 pesetas/partido.

Alugueiro en horario puntual aberto:

- Colectivos, grupos, etc.: 1.000 pesetas/hora.

- Colectivos, grupos, etc. menores de 14 anos: 500 pesetas/hora.

- Uso individual: 150 pesetas/hora.

- Uso individual menores de 14 anos: 50 pesetas/hora.

 

Notas:

1.-Entenderase por menores de 14 anos sempre que, alomenos, o 50% dos participantes no partido/actividade sexan menores de 14 anos.

2.-Entenderase por uso individual o susceptible de realizar, tales como adestramentos, ximnasia, práctica individual de deporte, sempre que as instalacións non estean ocupadas para usos descritos no apartado A.1.

I.3.-Campionatos de liga ou copa.

Sumaranse os partidos previstos segundo o calendario e aplicaráselle o sumatorio resultante ás tarifas do apartado I.1. cunha reducción do global do 25%.

- Partidos x tarifa I.1 = Z.

Cota a pagar: Y = Z - 25% de Z.

- Clubes federados: cota a pagar: 0 pesetas.

I.4.-Maratóns deportivos de competición por equipos.

Por 12 horas ou fracción (período diurno): 10.000 pesetas.

Por 12 horas ou fracción (período nocturno): 15.000 pesetas.

Por 24 horas ou fracción superior a 12 horas: 20.000 pesetas.

 

Nota común ós apartados I.3 e I.4: será indiferente que se cobre ou non entrada.

I.5.-Actividades municipais.

Tempada de inverno:

- Actividades adultos:

X. de mantemento: 4.000 pesetas/curso.

Aeróbic: 4.000 pesetas/curso.

X. maiores de 45:

Maiores de 45: 4.000 pesetas/curso.

Maiores de 60: 0 pesetas.

- Actividades nenos:

Escolas deportivas: 2.000 pesetas/curso.

Tempada de verán:

- Actividades adultos:

X. de mantemento: 2.000 pesetas/curso.

Aeróbic: 2.000 pesetas/curso.

X. maiores de 45:

Maiores de 45: 2.000 pesetas/curso.

Maiores de 60: 0 pesetas.

- Actividades nenos:

Escolas deportivas: 1.000 pesetas/curso.

Bono familiar:

2 membros: 10% reducción.

3 membros: 15% reducción.

4 ou máis: 25% reducción.

Bono multiactividade:

2 actividades: 25% reducción.

3 ou máis act.: 35% reducción.

 

Nota: os bonos non son acumulables, utilizándose en calquera caso o que máis beneficie ós usuarios.

II.-ESPECTÁCULOS

II.1.-Non deportivos:

Día: 100.000 pesetas.

¿ día: 50.000 pesetas.

Semana ou fracción superior a 4 días: 300.000 pesetas.

Quincena ou fracción superior a 2 semanas: 500.000 pesetas.

Mes ou fracción superior a 2 quincenas: 850.000 pesetas.

 

Nota: enténdese por espectáculos non deportivos, os musicais, culturais e análogos que supoñan a realización de actividades de público e venda de billetes por asistencia.

II.2.-Deportivos:

Día: 20.000 pesetas.

¿ día: 10.000 pesetas.

Semana ou fracción superior a 4 días: 75.000 pesetas.

Quincena ou fracción superior a 2 semanas: 125.000 pesetas.

Mes ou fracción superior a 2 quincenas: 200.000 pesetas.

 

Nota: enténdese por espectáculo deportivo aquel que se celebre e non se encontre regulado singularmente nas seguintes tarifas, con asistencia de público e venda de billetes por asistencia.

II.3.-Espectáculos gratuítos:

 

Nota común: por ¿ día enténdese ata as 14.00 horas.

III.-PUBLICIDADE

III.1.-Estática:

Laterais (detrás das porterías):

Por m2 e semestre ou fracción: 4.500 pesetas.

Por m2 e ano ou fracción superior ó semestre: 8.000 pesetas.

Frontes (o espacio sito fronte á bancada):

Por m2 e semestre ou fracción: 6.500 pesetas.

Por m2 e ano ou fracción superior ó semestre: 12.000 pesetas.

III.2.-Eventual:

Día: 5.000 pesetas.

III.3.-Publicidade electrónica:

Por medios propios: 300 pesetas/mensaxe.

Con instalación allea: 5.000 pesetas/día.

III.4.-Publicidade acústica:

Por medios propios: 300 pesetas/mensaxe.

Con instalación allea: 5.000 pesetas/día.

IV.-ALUGUEIRO DAS INSTALACIÓNS PARA ACTIVIDADES NON DEFINIDAS NAS PRESENTES TARIFAS, CON CARÁCTER DE USO PRIVATIVO OU EXCLUÍNTE DE CALQUERA OUTRO, CONSTANTE O ALUGUEIRO

Parcial:

Día: 7.500 pesetas.

Semana ou fracción: 20.000 pesetas.

Mes ou fracción: 35.000 pesetas.

Total:

Día ou fracción: 15.000 pesetas.

V.-EXENCIÓNS

1.-Non estarán suxeitos a estas taxas aquelas utilizacións das instalacións que correspondan a actividades organizadas polo Concello de Rianxo ou patrocinadas polo mesmo.

2.-Os actos deportivos ou extradeportivos de alto interese social, cultural, deportivo e/ou formativo, poderán quedar exentos do pagamento da tarifa. Dita exención será outorgada pola Comisión de Educación, Cultura, Deportes, Xuventude e Tempo de Lecer (CECDXTL), previo informe do Servicio Municipal de Deportes.

3.-Do mesmo xeito, a CECDXTL poderá conceder exencións das taxas no caso de utilización das instalacións para a celebración de actos organizados con fins benéficos ou de axuda ás entidades deportivas do Concello.

4.-Os usuarios das actividades do pavillón ou das súas instalacións que sexan inscritos a través do Departamento de Servicios Socias do Concello de Rianxo quedan exentos do pagamento de taxas. Asemade, calquera persoa que non poida facer fronte ó pagamento das taxas, deberá solicita-la exención de pagamento das mesmas presentando un informe do Departamento de Servicios Sociais do Concello que acredite tal circunstancia.

5.-As persoas ou entidades interesadas en obter exención de taxas, solicitarano con anterioridade á celebración dos actos, debendo acredita-las circunstancias que xustifiquen tal exención.

6.-O Servicio Municipal de Deportes poderá organizar actividades sen cobramento de taxa por inscrición sempre e cando ditas actividades teñan un carácter especial de promoción ou fomento deportivo.

 

Nota con carácter xeral: a autorizacións de uso do pavillón en tódolos casos especificados na presente ordenanza, faranse baseándose no Regulamento de utilización do pavillón polideportivo de Rianxo.

 

De acordo co disposto no artigo 107.3 da Lei 30/1992, e demais normativa concordante, fronte ás presentes ordenanzas, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte á publicación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña.