Neda - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO PÚBLICO DA PISCINA MUNICIPAL
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
Artigo 3.-Suxeito pasivo.
Artigo 4.º .-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades ou entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.º .-Base impoñible e cota tributaria.
1.-A cota tributaría será a resultante de aplica-las seguintes tarifas:
1.-Entrada única: 3,61 euros.
2.-Bono individual: (con dereito a 20 entradas).
- Residentes no municipio, adultos: 12,02 euros, nenos/as ata 16 anos: 6,01 euros.
- Non residentes no municipio adultos: 24,04 euros, nenos/as ata 16 anos: 12,02 euros.
3.-Bono familiar: con dereito así mesmo a 20 entradas aínda que só para as persoas que estean empadroadas no Concello de Neda.
- Bono pai e nai: 7,50 euros cada un deles.
- Cota 1.º fillo: 6,01 euros.
- Cota 2.º fillo: 3,01 euros.
- Cota 3.º fillo (ou máis): 0 euros.
A condición de abonado adquírese tralo pagamento da taxa correspondente e acreditación de estar empadroado no Concello de Neda.
4.-Cursos de natación (é obrigatorio estar abonado para poder asistir a estes).
Cursos en xeral:
- Nenos/as ata 16 anos: 1,50 euros.
- Adultos: 4,51 euros.
- En ámbolos dous casos por cada día de duración do curso.
5.-Carné xove.
Tódolos mozos que acrediten estar en posesión do carné xove, terán un desconto do 25%.
Artigo 6.º .-Exencións e bonificacións.
Estarán exentos do pagamento da taxa:
- A utilización das instalacións deportivas para celebración de campionatos escolares.
- A utilización das instalacións para actividades de carácter benéfico, sexan ou non deportivas.
- A utilización das instalacións para actividades organizadas polo Concello.
- A utilización das instalacións para actividades das escolas deportivas.
Artigo 7.º .-Pagamento.
A taxa farase efectiva no momento mesmo en que se inicie a prestación do servicio. O usuario/s será responsable dos danos que causen nas instalacións e estarán obrigados á reparación destes. O Concello do Neda poderá esixi-lo depósito previo da taxa para responder no seu caso das indemnizacións polos desperfectos que poidan producirse ou calquera outro depósito complementario coa finalidade antedita.
Estes últimos depósitos poderán ser constituídos en metálico, mediante aval bancario, ou en calquera outra forma autorizada pola lexislación local, e serán devoltos, no seu caso, unha vez que se amose, mediante informe do encargado da instalación, que non foron causados danos ou que estes xa foron reparados.
Artigo 8.º .-Xestión.
Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.
Disposición final.
Esta ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no BOP, e será de aplicación durante o ano 2002, rexendo ata a súa modificación ou derrogación.
O que se fai público para os correspondentes efectos.