Neda - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 11.-REGULADORA DA TAXA POLO SERVICIO DE SUMIDOIROS
Capítulo I.-Fundamento e natureza.
Artigo 1.
Ó abeiro do previsto nos artigos 58 e 20 da Lei 39/99, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 ó 19 de dito texto legal, este Concello establece a "taxa polo servicio de sumidoiros", que se rexerá pola presente ordenanza.
Capítulo II.-Feito imponible.
Artigo 2.
Constitúe o feito imponible da taxa:
a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipal.
b) A prestación dos servicios de evacuación de augas residuais, a través da rede de sumidoiros municipal e o seu tratamento para depuralas.
Non estarán suxeitas á taxa as edificacións derruídas, e as declaradas ruinosas non ocupadas.
Capítulo III.-Suxeito pasivo.
Artigo 3.
1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan:
a) Cando se trate de concesión de licencia de acometida á rede, o propietario ou titular do dominio útil do terreo.
b) No caso de prestación de servicios do apartado b) do artigo anterior, os usuarios dos terreos do término municipal beneficiarias de ditos servicios.
2.-En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais, o propietario deste inmobles, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Capítulo IV.-Responsables.
Artigo 4.
1.-Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Capítulo V.-Cota tributaria.
Artigo 5.
A cota do presente tributo será a que se indica en cada caso, incrementada no 7% do IVE.
1.-Vertidos domésticos: por cada unha das vivendas ou locais das que conste o inmoble: 545 ptas./trimestre.
2.-Verquidos industriais: bares, restaurantes, hoteis, hospedaxes, cafeterías, salas de festa, talleres, garaxes, carpinterías, perruquerías e similares: 1.636 ptas./trimestre.
3.-Os establecementos comerciais non incluídos no apartado anterior, considerados como comercios polo miúdo, tributarán a cantidade de 534 ptas./trimestre.
Dereitos acometida: 4.395 ptas.
Dereitos acometida-outros: 14.563 ptas.
Capítulo VI.-Beneficios fiscais.
Artigo 6.
Estarán exentos os edificios e dependencias de propiedade do Concello que estean destinados á prestación de servicios públicos de competencia municipal.
Asemade, quedan exentos do pagamento da taxa:
1.-Aqueles contribuíntes en que se acredite que o seu titular se atopa en paro sen cobertura económica, e que os únicos ingresos sexan os do cabeza de familia, en tanto se manteña dita situación. A exención recoñecerase en cada caso concreto, previa petición do interesado, que deberá acredita-lo dereito a tal bonificación, o que será obxecto de comprobación pola administración.
2.-Abonados e titulares do servicio que se confeccione segundo padrón de parados e pensionistas, vixente, ou altas novas.
3.-Pensionistas con ingresos iguais ou inferiores á pensión mínima da Seguridade Social, para toda a unidade familiar.
4.-Aquelas familias incluídas a tódolos efectos no padrón médico-farmacéutico municipal, que soliciten expresamente tal beneficio durante o mes de xaneiro de cada ano e excepcionalmente dentro dos trinta días seguintes a aquel no que se produza a inclusión en dito padrón, as solicitudes serán resoltas pola comisión de goberno.
5.-Aqueloutras persoas que, non reunindo os requisitos anteriores, reúnan condicións especiais que se estimen por esta corporación que non acadan os mínimos vitais.
Capítulo VII.-Dereito á percepción.
Artigo 7.
1.-Terase dereito á percepción da taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito imponible, entendéndose iniciada a mesma:
a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.
b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. O dereito á percepción por esta modalidade de taxa producirase con independencia de que se teña obtido ou non a licencia de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización.
2.-Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración, teñen carácter obrigatorio para tódolos terreos do municipio que teñan fachada ás rúas, prazas ou vías públicas nas que exista saneamento, e terase dereito a percibi-la taxa aínda cando os interesados non procedan a efectua-la acometida á rede.
Capítulo VIII.-Declaración, liquidación e ingreso.
Artigo 8.
1.-Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no padrón de suxeitos pasivos da taxa, no prazo que media entre a data na que se produza a variación na titularidade do terreo e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións producirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez rematado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.
A inclusión inicial no padrón farase de oficio unha vez concedida a licencia de acometida á rede
2.-A recadación do importe da taxa será trimestral e realizarse pola empresa concesionaria, mediante recibo, salvo en caso de fraude, que se fará por actas de invitación.
O cobramento dos recibos farase de forma preferente mediante domiciliación bancaria, para o cal no momento en que se produza a sinatura do contrato de aboamento ó servicio, asinarase polo contratante o correspondente impreso de domiciliación, no que se conteña unha cláusula que manteña a validez de dita domiciliación, ata tanto polo Concello non se lle comunique ó establecemento bancario a cancelación da mesma.
Non obstante o anterior, o cobramento do recibo poderá realizarse tamén por presentación no dominio dos abonados.
No caso dos recibos que se presentan o cobramento en establecementos bancarios e sexan devoltos por inexistencia de fondos, o débito notificarse ó abonado, quen poderá facelo efectivo na oficina do servicio no prazo de quince días hábiles, sen recargo ningún.
Cando o cobramento dos recibos se faga por presentación no domicilio do abonado, e de non ser pagado o seu importe nese momento por ausencia do mesmo, o cobrador deixará un aviso impreso e datado para que se faga efectivo nas oficinas do servicio, dispoñendo os abonados dun prazo de quince días hábiles para aboalos sen recargo ningún. De ser rexeitado o pagamento do recibo no momento da súa presentación, o cobrador estenderá dilixencia ó dorso facendo constar tal feito, e o abonado disporá dun período de cinco días hábiles para facelo efectivo nas oficinas do servicio sen recargo.
Transcorridos os períodos anteriores sen facelo efectivo, a empresa concesionaria dará conta ó Concello de tales feitos, para que adopte as medidas oportunas.
En todo caso, transcorridos os prazos anteriores, os recibos deberán aboarse cun recargo do 20 por 100, cobrándose por vía de constrinximento de acordo coa lexislación vixente.
3.-Os recibos trimestrais notificaranse individualmente ós suxeitos pasivos.
4.-No suposto de licencia de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude nas oficinas da empresa concesionaria do servicio; unha vez concedida aquela, deberase satisface-la cantidade de 4.309 ptas. como dereito de acometida por cada vivenda ou inmoble.
Asemade fíxase a cantidade de 14.277 ptas. como dereito de acometida, os casos en que estas fosen realizadas en núcleos con aportación veciñal e algún veciño non a tivese realizada sen causa xustificada.
6.-As altas e baixas que se produzan no servicio de abastecemento de auga potable producirán efecto con carácter automático no de saneamento.
As altas e baixas tramitaranse conxuntamente coa póliza de abonado do servicio de abastecemento de auga potable. Sen que se cubra e tramite polo contribuínte a baixa oportuna, non se deixará de emitir recibo ningún que figure no padrón de saneamento.
Os usuarios do servicio de auga potable que carezan de saneamento, virán obrigados a solicita-la exclusión do padrón por dito concepto, ó tempo que tramitan a alta da auga.
Artigo 9.
Non se concederá alta a abonados que se transladen de domicilio e non se atopen ó día no pagamento de saneamento.
Artigo 10.
Artigo 11.
No caso de translado de domicilio do abonado, este seguirá a ser responsable do importe da taxa de saneamento da vivenda que deixou, se non se dá de baixa coa antelación suficiente nas oficinas do servicio.
Artigo 12.
O servicio de saneamento limitarase a zonas que comprende a rede xeral.
Artigo 13.
A concesión de novas acometidas á rede farase mediante solicitude dos interesados nas oficinas da empresa concesionaria do servicio, e con acordo adoptado polo Concello, previo informe.
As peticións terán de ser individuais, é dicir, unha por cada toma ou acometida. O importe de realización da mesma, unha vez obtida a licencia municipal de conexión, deberá ser satisfeito polo solicitante á empresa concesionaria, responsable da execución das obras de conexión.
Artigo 14.
As acometidas que se soliciten para utiliza-lo saneamento de terreos onde non existe rede xeral, no caso de acceder a iso o Concello, deberán sufraga-los gastos de ampliación da rede, e as obras deberán ser realizadas pola empresa concesionaria do servicio, a cal levará o control e dirección da sobras xuntamente cos técnicos municipais.
Unha vez posta en funcionamento, pasará a instalación a ser propiedade do Concello.
Artigo 15.
No caso de baixa, a mesma deberá ser solicitada nas oficinas da empresa concesionaria do servicio.
Para que esta baixa sexa efectiva, será necesario a clausura da toma de sumidoiros á rede xeral. Esta obra será realizada pola empresa concesionaria do servicio e o importe da mesma deberá ser satisfeito polo solicitante.
Artigo 17.
Artigo 18.
Os diámetros do entubado que se use para as acometidas, serán:
- Para edificios compostos de baixo e dúas vivendas, o diámetro mínimo será de 160 mm, aumentándose a medida que a casa teña máis pisos ou sexa susceptible de ser ampliada.
- Para edificios compostos de planta baixa, que non sexan susceptibles de ampliación: 160 mm de diámetro mínimo.
Artigo 19.
O importe de conservación das acometidas, no seu caso, será de conta do propietario.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
Primeira.
No relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como nas sancións que correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Segunda.
Na última quincena do ano, aprobaranse os listados de prezos que rexerán para as obras do exercicio seguinte, previo informe técnico e adopción de acordo pola comisión municipal de goberno.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente modificación entrará en vigor o día da súa publicación no BOP, e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.