Carballo - ORDENANZA FISCAL Nº 23.- REGULADORA DA TAXA POLA OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MESAS E CADEIRAS.
Artigo 1.º .-Fundamento e réxime
No uso das potestades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e ó abeiro do disposto no artigo 20.3. l) da Lei 39/88, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras ou outros elementos análogos con finalidade lucrativa, que se rexerá pola presente ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 da Lei 39/88 citada.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.
Serán suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, ás que se lles autorice para efectua-lo aproveitamento do dominio público municipal, segundo o previsto no artigo anterior.
Artigo 4.º .-Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.
2. Os copartícipes ou co-titulares das entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria responderán solidariamente en proporción as súas respectivas participacións das obrigas tributarias das devanditas entidades.
1. Os administradores das persoas xurídicas que non realizaren os actos da súa incumbencia para o cumprimento das obrigas tributarias da sociedade que administran, responderán subsidiariamente das débedas seguintes:
a) Cando se cometa unha infracción tributaria simple, polo importe da sanción.
b) Cando se teña cometido unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda esixible.
c) Nos supostos de cesamento das actividades da sociedade, do importe das obrigas pendentes na data de cesamento.
4. A responsabilidade esixirase en todo caso nos termos e con arreglo ós procedementos previstos na Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Beneficios fiscais.
De conformidade co disposto no artigo 9.1 da Lei 39/88, de 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido en normas ou Tratados Internacionais ou que estean previstos en normas con rango de Lei.
Artigo 6.º .-Tarifas.
1. A cuantía da taxa regulada nesta ordenanza fiscal farase efectiva conforme ás seguintes tarifas:
a) Ocupación por un número determinado de días: 75 pesetas/m2 por día.
b) Ocupación trimestral: 500 pesetas/m2 por trimestre.
c) Ocupación anual: 1.600 pesetas/m2 por ano.
2. Para a determinación do número de metros cadrados, tomarase en consideración o perímetro total de dominio público ocupado, incluíndo dentro do mesmo os elementos adicionais a colocación de mesas e cadeiras, como toldos, tornaventos, separadores, etc.
3. Sobre as tarifas fixadas no apartado 1, aplicaranse a seguinte táboa de coeficientes, segundo a categoría da rúa ou espacio ocupado:
Categoría 1.ª (Zona vermella do Plano anexo): 1.
Categoría 2.ª (Zona azul do Plano anexo): 0,75.
Categoría 3.ª (Zona gris do Plano anexo): 0,5.
Categoría 4.ª (resto Termo Municipal): 0,25.
Cando o espacio ocupado con mesas e cadeiras teña fronte a dúas ou mais rúas con distinta clasificación, aplicarase en todo caso o coeficiente previsto para a rúa de maior categoría.
4. Calquera que sexan os metros cadrados ocupados e o período temporal de ocupación, aplicarase como cota tributaria mínima a cantidade de 1.000 pesetas.
Artigo 7.º .-Retribución.
Retribuirase a taxa e nacerá a obriga de contribuír no momento do outorgamento da licencia ou desde que se inicie o aproveitamento, no caso de que non se teña solicitado licencia.
Artigo 8.º .-Normas de xestión.
1. As persoas interesadas na concesión dos aproveitamentos regulados nesta ordenanza fiscal deberán solicitar previamente a correspondente licencia, na que se indicará a superficie a ocupar e o tempo de ocupación. Unha vez recibida a devandita solicitude, remitirase copia á Xefatura da Policía Local, para que se emita informe sobre a as dificultades ou atrancos que poida supor este aproveitamento especial para os demais usuarios do dominio público.
2. As cotas tributarias resultantes da aplicación da tarifa regulada no artigo anterior liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductible polos períodos naturais de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.
3. De conformidade co disposto no artigo 24.4 da Lei 39/88, do 28 de decembro, cando o aproveitamento especial regulado nesta ordenanza teña como consecuencia a destrucción ou deterioro do dominio público local, o beneficiario, sen prexuízo do pago da taxa correspondente, estará obrigado ó reintegro do custo total dos respectivos gastos de construcción ou reparación e ó depósito previo do seu importe. Se os danos fosen irreparables, a entidade será indemnizada nunha cantidade igual ó valor dos bens destruídos ou danados
4. A liquidación da taxa será aprobada no mesmo acto de concesión da licencia e notificarase de inmediato ó suxeito pasivo. Por Decreto da Alcaldía, que será obxecto de publicación no Boletín Oficial Provincial, poderase estable-lo sistema de autoliquidación para o ingreso desta taxa.
Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.
Disposición adicional.
As cotas tributarias fixadas para cada aproveitamento no artigo 6 desta ordenanza modificaranse anualmente de acordo coa variación do Índice de Prezos ó Consumo que sinale o Instituto Nacional de Estatística. O resultado da aplicación deste índice redondearase sempre, por exceso ou por defecto, á centena superior ou inferior.