Pobra do Caramiñal A - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR INSTALACIÓN DE QUIOSCOS NA VÍA PÚBLICA.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 31/03/1999 BOP Nº: 73
Aplicable dende: 01/04/1999

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

O art. 133 da CE sinala que a potestade orixinaria para establecer tributos corresponde exclusivamente ó Estado, mediante lei; e que as Corporacións locais poderán establecer e esixir tributos, de acordo coa Constitución e as leises. Por outra parte, a mesma CE, no seu art. 142, di que as Facendas locais deberán dispoñer dos medios suficientes para o desempeño das funcións que a lei atribúe ás Corporacións respectivas e nutriranse fundamentalmente de tributos propios e da participación nos do Estado e das Comunidades Autónomas. A Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, no seu art. 106, preceptúa que as Entidades Locais terán autonomía para establecer e esixir tributos de acordo co previsto na lexislación do Estado reguladora das Facendas locais e nas leis que dicten as Comunidades Autónomas nos supostos expresamente previstos naquela; e ademais que a potestade regulamentaria das Entidades locais en materia tributaria exercerase a través de Ordenanzas fiscais reguladoras dos seus tributos propios. Pola súa parte o art. 58 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, autoriza ós entes locais a esixir taxas pola utilización privativa do dominio público. Por último, as taxas ó ser tributos que poden ser esixidos polos entes locais de forma potestativa, é necesario aproba-las correspondentes Ordenanzas fiscais de conformidade ó previsto nos artigos 15 e ss. da Lei 39/1988.

Artigo 2.º .-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da Taxa a utilización privativa do dominio público local mediante a instalación de quioscos.

Entenderase por utilización privativa do dominio público aquel uso que se faga de dito dominio mediante a instalación de quioscos con construcción sólida, con vocación de permanencia e que o seu uso impida a utilización polos demais cidadáns.

Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria:

Que disfruten, utilicen ou aproveiten privativamente o dominio público local en beneficio particular, mediante instalación de quioscos.

Artigo 4.º .-Exencións.

Están exentos da Taxa o Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades locais polos aproveitamentos inherentes ós servicios públicos de comunicacións que exploten directamente ou por tódolos que inmediatamente interesen á seguridade cidadá ou á defensa nacional.

Artigo 5.º .-Cota tributaria.

1. A cota da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada na tarifa contida no artigo seguinte, atendendo á categoría da rúa onde radique o quiosco e en función do tempo de duración do aproveitamento e da superficie que sexa autorizada a ocupar en virtude da licencia, ou a realmente ocupada, se fora maior.

2. Nos supostos que se utilicen procedementos de licitación pública, o importe da taxa será o valor económico da proposición sobre a que recaia a concesión, autorización ou adxudicación.

Artigo 6.º .-Categoría das rúas ou polígonos.

1. Para os efectos establecidos para a aplicación da tarifa do apartado 1 do artigo 7.º seguinte, as vías públicas do municipio clasificaranse en dúas categorías: 1.ª o núcleo urbano e 2.ª o resto do termo municipal.

2. Cando o espacio afectado polo aproveitamento de dúas ou máis vías públicas clasificadas en distinta categoría, estea na confluencia destas, aplicarase a tarifa que corresponda á da categoría superior.

3. Os parques, xardíns e devesas municipais, serán consideradas vías públicas de 1.ª categoría.

4. Os aproveitamentos realizados en terreos de propiedade municipal tributarán como efectuados na vía de maior categoría coa que linden.

Artigo 7.º .-Tarifas.

1. As tarifas da taxa serán as seguintes:

 

INSTALACIÓN 1.ª CATEG. 2.ª CATEG. 3.ª CATEG.
A) Quioscos adicados á venda de bebidas alcólicas, cafés, refrescos, etc. Por m2 e trimestre 1.700 ptas. 850 ptas. 1.700 ptas.
B) Quioscos adicados á venda de prensa, libros, expendeduría de tabaco, lotería, chilindradas, etc. Por m2 e trimestre 1.700 ptas. 850 ptas. 1.700 ptas.
C) Quioscos adicados á venda de xelados, refrescos e demais artigos propios de tempada e non determinados expresamente noutro epígrafe desta ordenanza. Por m2 e trimestre, cun mínimo de 10 m2 1.700 ptas. 850 ptas. 1.700 ptas.
D) Quioscos de masas fritidas. Por m2 e trimestre, cun mínimo de 6 m2 1.700 ptas. 850 ptas. 1.700 ptas.
E) Quioscos destinados á venda de cupóns de cegos. Por m2 e trimestre 1.160 ptas. 580 ptas. 1.160 ptas.
F) Quioscos destinados á venda de flores. Por m2 e trimestre. 1.160 ptas. 580 ptas. 1.160 ptas.
G) Quioscos destinados á venda doutros artigos non incluídos noutro epígrafe desta ordenanza. Por m2 e trimestre 1.160 ptas. 580 ptas. 1.160 ptas.
H) Hidropedais, piraguas e outros elementos náuticos de explotación comercial. Por elemento e trimestre - - 1.600 ptas.

 

2. Normas de aplicación:

a) As contías establecidas na tarifa anterior aplicaranse, integramente, ós dez primeiros metros cadrados de cada ocupación. Cada metro cadrado de exceso sufrirá un recargo do 10% na contía sinalada nesta tarifa.

b) Para a determinación da superficie computable para efectos de aplicación da tarifa nos quioscos destinados á venda de flores, ademais da superficie ocupada estrictamente polo quiosco, terase en conta a superficie anexa utilizada para a exposición de flores, plantas e outros productos análogos ou complementarios.

c) As contías establecidas nas tarifas incrementaranse nun 15% cando os quioscos comercialicen artigos en réxime de expositores en depósito.

 

Artigo 8.º .-Devengo.

1. O devengo da taxa regulada nesta Ordenanza nace:

a) Tratándose de concesións de novo aproveitamento de vía pública, no momento de solicita-la correspondente licencia.

b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados, o día primeiro de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados na tarifa.

2. O pagamento da taxa realizarase:

a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos, por ingreso directo na tesourería municipal ou onde establecera o concello, pero sempre antes de retira-la correspondente licencia.

Este ingreso terá carácter de depósito previo, conforme ó disposto no art. 47.1 da Lei 39/88, do 28 de decembro, quedando elevado a definitivo ó concederse a correspondente licencia.

b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluídos nos padróns ou matrículas desta taxa, por trimestres naturais nas dependencias de recadación municipal dende o día 16 do primeiro mes do trimestre ata o 15 do segundo mes.

Artigo 9.º .-Declaración de ingreso e xestión.

1. A taxa regulada nesta Ordenanza é independente e compatible ca taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras con finalidade lucrativa.

2. As cantidades esixibles conforme á tarifa liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreducibles polos períodos naturais de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.

3. As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza, deberán solicitar previamente a correspondente licencia, logo de realiza-lo depósito a que se refire o artigo seguinte e formular declaración na que conste a superficie do aproveitamento, acompañada dun plano da superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do municipio.

4. Os servicios técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non atoparen diferencias coas peticións de licencias; se se desen diferencias notificaríanse estas ós interesados e xiraríanse, de ser o caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións logo de subsanadas as diferencias polos interesados e, se é o caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.

5. No caso de seren negadas as concesións, os interesados poderán solicitar do Concello a devolución do importe ingresado.

6. Non se consentirá a ocupación da vía pública ata que se sexa obtida a correspondente licencia polos interesados. O incumprimento deste mandato poderá dar lugar á non concesión da licencia, sen prexuízo do pagamento do prezo público e das sancións e recargos que procedan.

7. Unha vez autorizada a ocupación, entenderase prorrogada mentres non sexa acordada a súa caducidade pola alcaldía ou sexa presentada baixa xustificada polo interesado ou polos seus lexítimos representantes en caso de falecemento.

8. A presentación da baixa terá efectos a partir do día primeiro do período natural de tempo seguinte sinalado no epígrafe da tarifa correspondente, sexa cal sexa a causa que se alegue en contrario, a non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.

9. As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar á anulación da licencia.

Artigo 10.º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final.

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo pleno do Concello o día 18 de febreiro de 1999, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día seguinte, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.