Laxe - ordenanza reguladora da taxa por prestación de servicios na piscina municipal de Laxe.
Artigo 1.-Fundamento e natureza
Artigo 2.-Feito impoñible
Constitúe o feito da taxa a prestación do servicio de piscina municipal.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos
Serán suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servicios ou actividades que se detallan na tarifa desta taxa.
Artigo 4.-Responsables.
1.-Serán responsables solidarias das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas ás que se refire os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Cota tributaria
A cota desta taxa será a resultante de aplicar as seguintes tarifas:
Epígrafe 1º .-Piscina municipal.
1.-Cota por persoa e día:
- Menores de 8 anos: 0,60 euros.
- Maiores de 8 anos: 1,00 euro.
2.-A)-Abonos nun período de 7 días:
- Menores de 8 anos: 3,00 euros.
- Maiores de 8 anos: 5,00 euros.
2.-B) Abonos nun período de 15 días:
- Menores de 8 anos: 6,00 euros.
- Maiores de 8 anos: 10,00 euros.
2.-C) Abonos nun período de 30 días:
- Menores de 8 anos: 12,00 euros.
- Maiores de 8 anos: 20,00 euros.
Os interesados que formen parte de familias numerosas terán un desconto do 50% en cada modalidade de abono, debendo, presentar antes de retira-lo abono, o correspondente certificado de familia numerosa.
Artigo 6.-Beneficios fiscais
Só se admitirán os beneficios que veñan establecidos nas normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.
Artigo 7.-Devengo
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a prestación dos servicios ou a realización das actividades, aínda que se poderá esixi-lo depósito previo.
Artigo 8.-Declaración e ingreso
1.-A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, previa solicitude da prestación do servicio da piscina municipal ou da actividade polo interesado, realizándose o ingreso antes da prestación do servicio ou da realización da actividade na Tesourería Municipal ou directamente nas entidades bancarias colaboradoras deste Concello.
2.-Se se realiza a prestación do servicio da piscina municipal sen mediar solicitude, liquidarase e notificarase a taxa tan axiña como se detecte esta situación, esixíndose o ingreso nos prazos previstos no Regulamento Xeral de Recadación para a liquidación de contraído previo, sen prexuízo de abri-lo oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.
Artigo 9.-Infraccións e sancións
Nesta materia estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e na normativa de desenvolvemento.
Disposición adicional única
Cando existan os convenios de colaboración ós que fai referencia o artigo 27.2 da Lei 39/88, do 28 de decembro, os procedementos de liquidación e recadación regulados nos artigos 8 e 9 desta Ordenanza cederán ante a regulación prevista nos convenios.
Disposición final
A presente Ordenanza fiscal que foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o 21 de novembro de 2003, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2004, continuando vixente en tanto en canto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa. No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes.