Tordoia - REGULADORA DA TAXA POLO SUBMINISTRO DE AUGA POTABLE E SERVICIOS COMPLEMENTARIOS
Artigo 1.-Fundamento e réxime.
Artigo 2.-Feito impoñible.
Artigo 3.-Cobramento.
1) A obriga de contribuír nacerá no momento de prestarse o servicio previa a correspondente solicitude ou desde que se utilice este sen ter obtido a previa licencia, debendo depositarse previamente o pagamento correspondente ó enganche.
2) A obriga do pagamento da taxa regulada nesta ordenanza establécese da forma seguinte:
- Taxa de conexión, antes de efectuarse a conexión e se entenderá como taxa única e definitiva.
- Taxa por consumo, dende o momento no que se inicie a prestación do servicio e a súa facturación e cobramento, efectuaranse con periodicidade trimestral.
O prezo da dita taxa efectuarase no momento de presentación, ó obrigado a realizalo da correspondente factura.
As débedas por esta taxa poderán esixirse polo procedemento de constrinximento, de acordo co regulamento xeral de Recadación. O non pagamenton de tres facturacións consecutivas será motivo suficiente para corta-lo subministro de auga ó obrigado moroso.
Artigo 4.-Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polos servicios a que se refire esta ordenanza.
Terán a consideración de substitutos do contribuínte os propietarios das vivendas ou locais ás que se provea do servicio, as cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobres os respectivos beneficiarios.
Artigo 5.-Responsables.
1) Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboran na realización dunha infracción tributaria, así como os copartícipes ou cotitulares das entidades recollidas no artigo 33 da Lei xeral tributaria, que responderán en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias das ditas entidades.
2) Serán responsable subsidiarios os administradores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e con alcance que sinale o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 6.-Base impoñible e liquidable.
A base do presente tributo estará constituída por:
As acometidas á rede xeral: o feito da conexión á rede por cada local comercial, vivenda individual.
No subministro ou distribución de auga: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servicio.
Artigo 7.-Cotas tributarias.
1) Os dereitos de acometida a satisfacer por unha soa vez serán:
- Dentro dos núcleos de poboación: 210,38 euros, (IVE incluído), comprendendo material e man de obra.
O contador correrá por conta do usuario.
- Fóra dos núcleos de poboación: o financiamento será a cargo do solicitante e previa elaboración do estudio económico correspondente.
- Variacións de titularidade sen dar lugar a modificacións nas instalacións: 12,02 euros.
2) Consumo:
- Mínimo 15 m3 mes: 1,80 euros
- Exceso por cada m3: 0,24 euros
- Comercios-Industrias 30 m3: 3,61 euros
- Exceso por cada m3: 0,30 euros
Estas tarifas enténdense sen prexuízo da repercusión legal que no seu caso, deba realizarse polos impostos indirectos que graven a prestación do servicio.
Estas tarifas serán incrementadas anualmente na subida do I.P.C.
Artigo 8.-Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
Artigo 9.-Normas de xestión.
Nas épocas de seca ou carestía da auga e durante os meses de xullo, agosto e setembro, o Concello poderá ordena-la restricción do consumo, segundo o esixa as circunstancias. Mentres dure a seca ou carestía e sempre durante os meses citados, o uso da auga queda limitado exclusivamente ó uso doméstico, quedando prohibido o seu consumo para outros usos, tales como regar xardíns, lavadoiros, piscinas, lavado de coches e en xeral, todo o que non supoña uso doméstico.
No caso de que por escaseza de caudal, augas sucias, seca, xeadas, reparacións, etc., o Concello tivese que suspender total ou parcialmente o subministro, os abonados non terán dereito a reclamación ningunha, nin indemnización por danos, prexuízos, ou calquera outro concepto, entendéndose neste sentido que a concesión se fixo a título precario.