Cambre - ACORDO REGULADOR NÚM 3.- ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POR ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE VERÁN
Artigo 1º. - Fundamento e natureza.
Artigo 2º. - Concepto.
Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten algunha das actividades deportivas de verán.
Artigo 3º. - Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento do prezo público, regulado nesta ordenanza, quen se beneficien das actividades realizadas por este Concello a que se refiere o artigo anterior.
Artigo 4º .- Contía.
2. Reduccións.
A contía dos prezos públicos aos que se refire esta ordenanza, verase reducida na porcentaxe que se sinala en cada un dos supostos seguintes:
a) As persoas que acrediten formar familia numerosa, o 50 por 100 da cota en cada actividade.
b) Cando se inscriban, polo menos, tres participantes dunha mesma unidade familiar, o 50 por 100 nas cotas correspondentes aos menores de idade integrantes dela.
c) As persoas maiores de 55 anos, o 25 por 100 da cota.
d) As persoas que acrediten debidamente figurar nos rexistros do paro, así como as persoas pertencentes ó voluntariado de Cambre, terán unha bonificación do 30 por 100 da cota.
e) Os posuidores do "carné xove", "carné máis" ou "carné propio da omix", terán unha bonificación do 20 por 100 da cota.
f) As persoas que acrediten á súa falta de capacidade económica para o pagamento da tarifa correspondente segundo informe dos servicios sociais do Concello de Cambre ao respecto, o 100 por 100 da cota .
3.As reduccións reguladas no apartado anterior, só serán de aplicación a aquelas persoas empadroadas no municipio de Cambre, non sendo posible aplicar máis dunha delas. En caso de que unha das reduccións aplicables, o sexa por ser a persoa pertencente o voluntariado de Cambre, á maior delas aplicaráselle unha reducción acumulable do 10 por 100.
Artigo 5º. - Obriga do pagamento.
1. A obriga do pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza nace dende que se inicie a realización da actividade, se ben se exige o seu depósito previo de acordo co artigo 46.1 do Real decreto lexislativo 2/2004.
2. Para os efectos, o ingreso do prezo público realizarase previamente á autorización mediante domiciliación bancaria, que será obrigatoria.
3. No suposto de que por causas non imputables ao interesado deixara de realizarse a actividade solicitada procederase á devolución do depósito constituído.