Lousame - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DOS SERVICIOS PRESTADOS NA PISCINA MUNICIPAL

Publicación provisional: 20/05/2004 BOP Nº: 113
Publicación definitiva: 08/10/2004 BOP Nº: 233
Aplicable dende: 09/10/2004

Artigo 1º : Fundamentos e natureza

En uso das facultades conferidas plos artigos 133.3 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o tecto refundido da Lei Regulaodras das Facendas Locais, de 5 de marzo de 2004, este Concello establece a taxa pola prestacións dos servicios e actividades na Piscina Municipal, que se rexirá pola presente Ordenanza

Artigo 2º . Feito impoñible:

Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servicio de Piscina Municipal.

Artigo 3º : Suxeitos pasivos

Están obrigados ó pago da taxa reguladora nesta Ordenanza, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que se beneficien dos servicios e actividades prestados ou realizados por este Concello na Piscina Municipal.

Artigo 4º : Obriga de pago

A obriga de pago da taxa regulada nesta Ordenanza nace desde que se preste ou realice calquera dos servicios especificados no artigo 5º

O pago da taxa pola utilización da Piscina Municipal efectuarase no momento de entrar no recinto da Piscina Municipal, ou no seu caso a entrega do abono da tempada.

Artigo 5º : Cota tributaria

1. A contía da taxa reguladora nesta Ordenanza será fixada nas Tarifas contidas no apartado seguinte, para cada un dos distintos servicios e actividades.

2. As tarifas serán as seguintes:

-Bonos por temporada adultos (maiores de dezaseis anos) 12,02 euros.

-Entrada adultos (maiores de dezaseis anos) 1,20 euros.

-Inscricións ós cursos 6, 00 euros mes co desconto do 50% no caso de ter abono de tempada.

Artigo 6º Xestión

Para poder entrar no recinto da Piscina Municipal , será requisito indispensable a presentación das tarxetas acreditativas da calidade de abonado ou ben a entrada correspondente.

Artigo 7º Infraccións e Sancións

En todo o relativo a cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición Final

A presente Ordenanza entrará en vigor dende o día seguinte á súa publicación da mesma no B.O.P. permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación".