Mesía - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POR PRESTACIÓN DE SERVIZOS DEPORTIVOS E CULTURAIS NO CONCELLO DE MESÍA

Publicación provisional: 21/10/2004 BOP Nº: 243
Publicación definitiva: 21/12/2004 BOP Nº: 292
Aplicable dende: 22/12/2004

Artigo 1º .- Fundamento e natureza

Conforme ó autorizado polo artigo 106 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de acordo co previsto no artigo 40.1do RDl 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, o Concello de Mesía establece o prezo público pola prestación de servizos deportivos e culturais do municipio, redactada conforme ó diposto no artigo 49 da lei reguladora das bases de réxime local, ó tratarse dunha ordenanza non fiscal.

Artigo 2º .- Feito imponible

Constitúe o feito imponible do prezo público a prestación polo Concello de Mesía dos servizos deportivos que se relacionan: fútbol, voleibol, patinaxe, xogos psicomotores e multideporte, natación, as actividades físicas dirixidas a adultos (ximnasia de mantenemento e aeróbic), e os deportes de aventura, sen prexuízo de que se podan introducir outras modalidades deportivas ou variar as mencionadas en función da demanda real existente.

As actividades programadas nos eventos deportivos (día do deporte, tolo-olimpiadas, festa da auga e outras análogas), non están suxeitas a prezo de ningún tipo.

En canto as actividades culturais, o feito imponible ven determinado pola prestación de toda clase de cursos prestados polo Concello relacionados coa cultura, recreo e esparcimento dos seus veciños.

Artigo 3º .- Devengo

A obriga de paga-lo prezo público nace dende que se inicie a prestación do servizo ou a realización da actividade. Cando por causas non imputables ó obrigado ó pago do prezo, o servizo ou actividade non se preste, procederá a devolución do importe correspondetes.

Artigo 4º .- Suxeitos pasivos

Estarán obrigados ó pago dos prezos públicos quenes se beneficien dos servicios ou actividades polos que deban satisfacerse aqueles.

Artigo 5º .- Tarifas

O importe dos prezos públicos deberá cubrir como mínimo o custo do servizo prestado ou da actividade realizada.

5.1. As tarifas a abonar pola prestación de servizos deportivos (fútbol, voleibol, patinaxe e natación), sen prexuízo da aplicación do réxime de bonificacións, é a seguinte:

Pago de actividade/ano/2 horas á semana: 30 euros.

2 actividades/ano/2 horas á semana: 48 euros.

3 actividades/ano/2 horas á semana: 67,50 euros.

Máis de 3 actividades: 90 euros.

Á tarifa anteriormente sinalada se lle engadirán en todo caso as taxas ou prezos públicos que poidan fixar en uso da súa competencia a Administración da Comunidade Autónoma e que baixo ningún concepto se considerarán ingresos deste Concello. Reducirase proporcionalmente a tarifa se a duración dos cursos no cómputo semanal fose menor.

As tarifas relativas ás actividades puntuais (deportes de aventura e de contacto coa natureza) a desenvolver fóra do Concello, que non teñan que ver cos deportes enunciados anteriormente, devengarán un prezo que se determinará dividindo o custo da actividade (incluido transporte), entre o número de solicitantes.

5.2. As tarifas a abonar pola prestación dos servizos culturais, é a seguinte:

Por cada actividade que se desenvolva no Concello: 30 euros.

Artigo 6º .- Normas de Xestión

1.- O prezo público esixirase en réxime de autoliquidación.

2.- Os interesados na prestación deste servizo deberán presenta-la solicitude de matrícula nos prazos que se fixen para cada ano por Decreto de Alcaldía. No momento de presentación da solicitude, xurdirá o dereito a favor do Concello para o cobro do prezo. As baixas causadas polos abonados en calquera dos servizos especificados na tarifa surtirán efecto ó finalizar o período de abono ou do servizo concertado e, en ningún caso, terán dereito ó reintegro das cotas satisfeitas.

3.- A cota anual é obrigatoria dende o primeiro día de cada curso, ou aquel en que teña lugar a reincorporación ou alta, debendo satisfacerse nas contas abertas a nome do concello en calquera entidade colaboradora.

4.- En calquera momento e a requerimento de Intervención, o responsable das actividades poderá esixir ós suxeitos pasivos da taxa os xustificantes das liquidacións efectuadas, que non consten na Intervención deste Concello.

Artigo 7º .- Exencións e bonificacións

Soamente a cota do prezo público polos servizos deportivos poderá reducirse pola aplicación das seguintes bonificacións:

* As persoas que acrediten formar familia numerosa, o 50% da cota en cada actividade.

* Cando se inscriban, polo menos, tres participantes dunha mesma unidade familiar nun mesmo programa deportivo, aplicarase o desconto do 50% ás cotas correspondentes ós menores integrantes dela.

* As persoas que acrediten debidamente figurar nos rexistros do paro, terán unha bonificación do 30% da tarifa.

* As persoas que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da tarifa correspondente segundo o informe dos Servizos Sociais do Concello de Mesía ó respecto, o 100% da cota.

* As persoas que se inscriban en máis dunha actividade se lle aplicará o seguinte desconto: por dúas actividades, o 20 % do total, por tres actividades, o 25 %.

Estes beneficios fiscais só serán aplicables a aquelas persoas que figuren empadronadas no concello de Mesía.

Artigo 8º .- Infraccións e sancións

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ó diposto nos Capítulo II do Título IV da lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa."