Pobra do Caramiñal A - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

Publicación provisional: 08/11/2003 BOP Nº: 257
Publicación definitiva: 27/12/2003 BOP Nº: 296
Aplicable dende: 01/01/2005

ARTIGO 1º

De conformidade co establecido no art. 72 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles, aplicable neste municipio, queda fixado nos termos que se establecen no artigo seguinte.

Artigo 2.º

O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles será:

a) Para os bens inmobles de natureza urbana o 0,4 por cento.

b) Para os bens inmobles de natureza rústica o 0,7 por cento.

c) Para os bens inmobles de características especiais o 1 por cento.

ARTIGO 3º . Bonificación en favor de suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa.

1.- Establécese unha bonificación do 50 % sobre a cota íntegra do imposto sobre bens inmobles ós bens inmobles de carácter residencial destinados a vivenda habitual, e nos que figure como suxeito pasivo quen ostente a condición de titular dunha familia numerosa, sempre que se cumpran ademais os seguintes requisitos:

a.- Que a suma dos valores catastrais de tódolos bens inmobles sitos no termino municipal da Pobra do Caramiñal, dos que sexan suxeitos pasivos o titular da familia numerosa ou algún dos membros desta, non exceda de 100.000,00 euros.

b.- Que a renda dispoñible da unidade familiar, tendo en conta o número de membros desta, non exceda dos límites que figuran no cadro seguinte:

Número de membros da unidade familiar.- Importe máximo de renda dispoñible

 4.- 30.000,00 euros

 5.- 35.000,00 euros

 6.- 40.000,00 euros

 7.- 45.000,00 euros

 8 ou mais.- 50.000,00 euros

2.- Considerase renda dispoñible ós efectos desta bonificación, á suma das bases impoñibles dos membros da unidade familiar que obteñan rendas suxeitas ó imposto sobre a renda das persoas físicas.

3.- Os suxeitos pasivos que cumpran os requisitos previstos no apartado anterior, e pretendan gozar da bonificación, deberán presenta-la correspondente solicitude no primeiro trimestre do exercicio impositivo no que pretendan que produza efectos. Xuntamente coa solicitude deberá aportarse a seguinte documentación:

a.- Copia compulsada do título de familia numerosa expedido polo órgano competente.

b.- Certificado de empadroamento do titular da familia numerosa, referido á situación existente a 31 de decembro do ano inmediato anterior, no que consten os membros da unidade familiar que conviven no inmoble para o que se solicita a bonificación.

c.- Fotocopia compulsada das derradeiras declaracións do imposto sobre a renda das persoas físicas presentadas polo titular da familia numerosa e, no seu caso, por cada un dos membros da unidade familiar que obteñan rendas suxeitas ó referido imposto. No caso de non estar obrigados a presentar declaración de renda, aportaran certificado no que conste que non se ten presentado esta, e nóminas, certificados de retencións ou calquera outro documento que sirva para a determinación da renda dispoñible.

d.- Á vista da documentación presentada, o Alcalde - Presidente dictará Resolución concedendo ou denegando a bonificación solicitada. A bonificación concedida so producirá efectos para o período impositivo no que se insta a súa concesión, debendo solicitarse a súa prórroga nos seguintes períodos impositivos, aportando de novo a documentación que acredite que se seguen a cumpri-los requisitos para o seu goce. En calquera caso, a presentación da solicitude fora do prazo establecido no apartado 3 anterior, dará lugar á súa inadmisión e a conseguinte denegación da bonificación instada.

ARTIGO 4º

No non expresamente establecido na presente ORDENANZA, rexerán os preceptos contidos na subsección 2ª da sección 3ª do capítulo II, do título II do referido Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, concordantes e complementarios deste, e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.