Rois - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS CULTURAIS E DEPORTIVOS

Publicación provisional: 31/12/2004 BOP Nº: 300
Publicación definitiva: 31/12/2004 BOP Nº: 300
Aplicable dende: 21/01/2005

Artigo 1.º .-Fundamento

De conformidade co previsto no artigo 41, en relación co 127, ámbolos dous do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e demais normativa concordante de aplicación este Concello establece o prezo público pola prestación de servizos culturais e deportivos polo Concello de Rois.

Artigo 2.º .-Concepto

O prezo público regulado nesta ordenanza constitúe un ingreso de dereito público que se satisfará polos usuarios que voluntariamente soliciten os servizos culturais e deportivos prestados polo Concello de Rois.

Artigo 3.º .-Obrigados ao pagamento

Está obrigado ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza quen se beneficie dos servizos deportivos e culturais municipais prestados polo Concello e especificados no artigo 4.º da presente ordenanza.

Artigo 4.º .-Tarifas

1.-O prezo público que se debe pagar ó Concello polos servizos deportivos e culturais municipais, cinguirase ás seguintes tarifas:

4.1. Escolas deportivas.

a) Cando o solicitante sexa maior de 18 anos, 32 euros por tempada.

b) Cando o solicitante sexa menor de 18 anos, 25 euros por tempada.

O segundo membro da unidade familiar menor de 18 anos pagará o 50 por cento do primeiro.

O terceiro e restantes membros da unidade familiar menores de 18 anos pagarán o 25 por cento do primeiro.

Estas tarifas darán dereito a matricularse en dúas escolas.

4.2. Cursos e obradoiros organizados polo Concello:

A proposta do prezo das matrículas será fixado polo Departamento correspondente, correspondendo á Xunta de Goberno Local a aprobación individualizada de cada prezo á vista da proposta presentada.

4.3. Viaxes organizadas polo Concello:

O prezo será fixado pola Xunta de Goberno Local de xeito que, polo número dos solicitantes, se cubra o custo total do mesmo. Sen embargo, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico do Servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferenza existente.

4.4. Campamentos urbanos e similares.

a) Cando a duración sexa inferior a 20 horas: 0,30 euros/hora.

b) Cando a duración sexa superior a 20 horas: 0,20 euros/hora.

4.5. Entrada a espectáculos, obras de teatro, actuacións musicais e similares nos centros socio culturais, organizados polo Concello:

O prezo será fixado pola Xunta de Goberno Local de xeito que, polo número dos solicitantes, se cubra o custo total do mesmo. Sen embargo, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico do Servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferenza existente.

Artigo 5.º .-Normas de xestión

1. A obriga do pagamento do prezo público xorde desde que se inicia a prestación do servizo deportivo ou cultural enumerado no artigo anterior. Sen embargo, o Concello, de conformidade coa habilitación prevista no artigo 46 do RDLex. 2/2004, de 5 de marzo, esixirá o depósito previo do seu importe total.

2. O ingreso do prezo público se fará ben na Tesourería municipal ou en calquera das entidades bancarias nas que o Concello ten conta aberta. Non se prestará o servizo solicitado sen a presentación do xustificante de ter ingresado o correspondente prezo público.

3. Cando por causas non imputables ao obrigado ao pagamento do prezo, non se preste o servizo, procederá a devolución do importe correspondente.

4. No caso de existir varias solicitudes coincidentes e estas superen o número de prazas existentes para cada actividade darase preferenza aos particulares empadroados no Concello de Rois e no seu caso ás entidades que teñan a súa sede social no Concello. En todo caso, as persoas que non figuren empadroadas no Concello, terán un incremento do 20% no prezo da actividade concreta.

5. En casos excepcionais a Xunta de Goberno Local, previo informe dos servizos correspondentes, poderá acordar a exención total ou parcial das tarifas expostas.

6. As débedas por prezos públicos poderán esixirse polo procedemento de apremio.

Artigo 6.º .-Delegación na Xunta de Goberno Local

No suposto de que o servizo ou actividade cultural ou deportiva a prestar polo Concello, non se encontre tarifada na presente Ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, delégase na Xunta de Goberno Local, conforme os artigos 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e 23.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, o establecemento da tarifa ou a actualización da mesma, a proposta do servizo técnico correspondente co previo informe do interventor municipal.

Disposición derradeira

A presente ordenanza, unha vez aprobada definitivamente, será publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse unha vez transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e manterase en vigor mentres no se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.