Baña A - Ordenanza fiscal reguladora da taxa de venda ambulante no Concello da Baña

Publicación provisional: 26/01/2002 BOP Nº: 22
Publicación definitiva: 26/01/2002 BOP Nº: 22
Aplicable dende: 22/03/2005

Artigo 1.º .

Están obrigados ó pagamento da taxa as persoas ou entidades ás que se outorguen licencias e ás que se refire o regulamento.

Artigo 2.º .

Para os efectos de sinala-lo tipo de gravame e cos requisitos que sinala o artigo seguinte, considérase feito imponible a venda feita nalgunha das modalidades que sinala o artigo 2 do Regulamento municipal regulador da venda ambulante.

Artigo 3º.

Os tipos de gravame serán os que figuran na tarifa seguinte:

1. Venda desde vehículos ou ambulante, expedición ou renovación carné: 10,00 euros/vehículo/ano.

2. Por expedición ou renovación de carné: 10,00 euros/ano.

Artigo 4.º .

Os importes sinalados no artigo anterior deben entenderse para cada mercado mensual. Os derivados da preceptiva autorización deben satisfacerse con carácter previo e por semestres naturais.

O pagamento farase por ingreso directo na Tesourería municipal ou onde establece o Concello.

Disposición derradeira.

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir desta data, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.