Fene - REGULADORA DA TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA.-
FUNDAMENTO LEGAL.-
ARTIGO 1.-
De conformidade co previsto no artigo 57 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, en relación có artigo 20.4.t) da mesma lei, e en uso das facultades concedidas polos artigos 4 e 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e artigos 15 a 19 do xa citado RD lexislativo 2/2004, este Concello establecece a taxa pola subministración de auga, que se rexerá pola presente Ordenanza.
FEITO IMPOÑIBLE.-
ARTIGO 2.-
Constitue o feito impoñible da taxa:
a) A actividade municipal técnica e administrativa, tendente a verificar si se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de subministración de auga.
b) A prestación de servicios de subministración de auga potable, a través da rede de abastecemento municipal.
SUXEITO PASIVO.-
ARTIGO 3.-
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro, que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servicios ou actividades locais , que preste ou realice o Concello, conforme a algún dos supostos previstos no artigo 20.4 do RD Lexislativo 2/2004.
Están obrigados ó pago da taxa regulada nesta Ordenanza, quen se beneficie do servicio ou actividades prestados ou levados a cabo por este Concello, a que se refire o artigo anterior.
Terán a condición de substitutos do contribuinte, nas taxas establecidas por razón de servicios ou actividades que beneficien ou afecten ós ocupantes de vivendas ou locais, os propietarios de ditos inmobles, quenes poderán repercutir, no seu caso, as cuotas sobre os respectivos beneficiarios.
A utilización do servicio da auga declárase obrigatorio cando os edificios poidan acometer á rede xeral de distribución.
CUOTA TRIBUTARIA.-
ARTIGO 4.-
A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada na Tarifa seguinte (IVE incluido ó tipo actual vixente do 7%).
Euros | ||
a) Cuota de servicio por aboado/trimestre | 3,099 | |
b) Importe por m3 de auga consumida: | ||
b.1.- Aboados domésticos, industriais e obras: | ||
Tramo I: Polo volume consumido entre 0 e 36 m3/trimestre | 0,2516636 | |
Tramo II: Polo volume consumido entre 37 a 54 m3/trimestre | 0,3145795 | |
Tramo III: Polo volume consumido superior a 54 m3/trimestre | 0,5033282 | |
b.2.- Empresas navais | 0,3145795 | |
b.3.- Aboados Polígono Industrial | 0,6291600 |
ARTIGO 5.-
A empresa concesionaria da explotación do servicio, levará a cabo a conservación dos contadores instalados mediante o seu mantemento e amaño de calquera desperfecto que neles se producira, agás por neglixencia demostrable na súa manipulación ou por outros danos non imputables ó normal disfrute do servicio, que serán por conta do aboado.
O importe establecido pola conservacion de contadores será o seguinte, IVE incluido ó tipo actual do 16 %:
Diámetro do contador | Euros/aboado/trimestre |
13, 15 e 20 mm | 0,57848 |
25 a 30 mm | 1,32224 |
40 mm | 3,80144 |
50 mm | 23,45943 |
Para outorgar novas pólizas de abono será indispensable que o usuario adquira o contador que deberá ser modelo homologado que cumpla coas determinacións aplicables ás instalacións interiores de subministro de auga da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, previa solicitude pola sua parte nas oficiñas da empresa concesionaria do servicio para a posterior comprobación da sua instalación, sin perxuizo das competencias que nesta materia ten atribuidas a Delegación Provincial da mencionada Consellería ( Decreto nº 204/1994 da Consellería de Industria e Comercio )
Os contadores debidamente verificados, serán os seguintes:
Uso | Diámetro mínimo |
Doméstico | 13 mm |
Industrial | 20 mm |
ARTIGO 6.-
Correrá a cargo da empresa concesionaria da explotación a conservación do ramal desde a tubería xeral de toma ata o pé do paramento exterior do muro da edificación; asemade correrá o seu cargo a reparación das avarias que se produzan no tramo de ramal que discurre desde a tubería xeral de toma ata o pé do paramento exterior do muro da finca ou da alineación viaria do Plan Xeral no seu caso, ó importe que de seguido se indican I.V.E. incluído ó tipo vixente do 16 %:
Euros | |
Acometida de auga por aboado/trimestre | 0,52683 |
As reparacións derivadas das roturas na acometida, producidas por neglixencia demostrable na súa manipulación o outros danos non imputables ó normal disfrute do servicio, serán por conta do aboado.
ARTIGO 7.-
Sobre o importe resultante da aplicación destas tarifas poderán outras administracións supramunicipais establecer recargos, cánones ou impostos que incrementarán o importe total do recibo.
ARTIGO 8.-
Entenderase por aboado, ós efectos desta Ordenanza, toda persoa natural capacitada legalmente para contratar, ou xurídica á que se lle concedera a prestación do servicio de auga.
ARTIGO 9.-
Os abonos para o servicio solicitaránse calquera que sexa o uso a que se lles destina, mediante a oportuna petición de alta e subscripción de póliza de abono, na que o interesado declarará ademáis da filiación, enderezo, D.N.I. ou C.I.F., fín e uso a que destiñará o auga, frente da vivenda, e demáis datos complementarios para o perfecto coñecemento e determinación da clase e importancia do servicio do que se pretenda a concesión e instalación do disfrute. As peticións levarán implícito o compromiso do peticionario a cumpli-las disposicións consignadas na presente Ordenanza.
Os contratos ou pólizas de abono serán facilitadas ou cubertas gratuitamente pola empresa concesionaria do servicio.
ARTIGO 10.-
Simultáneamente á firma da póliza de abono o usuario constituirá unha fianza por importe de 10 euros
ARTIGO 11.-
O contrato terá vixencia durante o tempo que o aboado ocupe a vivenda á que a póliza se refire, quedando obrigado éste a satisface-lo importe da cuota de servicio ainda que non se producira consumo .
ARTIGO 12.-
Cada contrato de subministración de auga, estará afecto a un so inmoble e unha soa vivenda.
ARTIGO 12.-
Cada contrato de subministración de auga, estará afecto a un so inmoble e unha soa vivenda.
ARTIGO 13.-
Baixo ningún concepto poderá un abonado ampliar a prestación para outros usos que os estipulados na póliza de abono, especular na súa venda ou cesión e dispor de toda ou parte da que ven asignada ó seu domicilio ou industria en favor dun terceiro, nin facer variacións de ningunha clase na instalación, sen coñecemento do Concello ou empresa concesionaria do servicio.
ARTIGO 14.-
Nas vivendas que exista instalación de auga, é obriga do propietario pasar aviso, á empresa concesionaria do servicio, das datas en que quede desalugada e nas que volva a ser ocupada.
No suposto de que o propietario non o notifique, deberá seguir aboando as cotas correspondentes ós recibos, que por facturación mínima corresponderán, ata que se faga efectiva a baixa.
A recadación da auga farase trimestralmente, mediante recibo, contabilizándose dentro do período o consumo realizado durante o mesmo, agás no caso de fraude que se realizará mediante actas de inspección.
Previamente á emision trimestral do recibo, procederase con igual periodicidade á lectura do contador medidor no domicilio do subministro. No caso de contadores que se atopen no interior das vivendas deberá terse en conta o previsto no Regulamento de verificacións eléctricas no suministro de enerxía ( Modificado polo RD 1725/1984 do Ministerio de Industria e Enerxía, BOE nº 230 de 24 de setembro,de aplicación ó subministro de auga en virtude do enunciado na Disposición Adicional 3ª do Decreto 99/1998 de 26 de marzo, DOG nº 63 de 2 de Abril ) no que, entre outras consideracións, se establece:
a.- O sistema a empregar para a distribución e medición dos consumos particulares de cada abonado en edificios con mais de un usuario, será o de batería de contadores divisionarios nas condicións que establecen as normas básicas para as instalacións interiores de auga.
b.- Toda reforma ou modificación que se realice nas instalacións existentes que non dispoñan de batería de contadores, deberá ter en conta a obrigatoriedade de individualiza-la medición de consumos das diferentes vivendas e unidades de consumo do edificio mediante a instalación de batería de contadores divisionarios.
c.- Con independencia do anterior, todos aqueles edificios con mais dun usuario, que non dispoñan de batería de contadores divisionarios, deberán proceder á adecuación das suas instalacións comúns, dotandoas de batería de contadores antes da data de 31 de decembro do ano 2.000.
En calquera caso, se non se atopara no domicilio persoa algunha para realiza-la lectura do contador, o lector facilitará tarxeta de lectura na que o abonado deberá anotar ésta, entregando con posterioridade a mesma no buzón das oficinas da empresa concesionaria do servicio. Con carácter excepcional, tamén se admitirá que o abonado facilite a lectura telefónicamente.
DEVENGO E PAGO.-
ARTIGO 15.-
1.- O período impositivo coincidirá có ano natural e a él farán referencia as cotas sinaladas na Tarifa da presente Ordenanza. Se corresponde a servicios que se prestan sen periodicidade, comprenderán exclusivamente o acto aillado ó que se refiren.
2.- Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir dende o momento en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada:
a) Si se trata de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, cando o suxeito pasivo a formulase expresamente.
b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de abastecemento municipal. O devengo por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se teña obtido ou non a licencia de acometida e sen prexuizo da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para a súa autorización.
3.- Establecido e en funcionamento o referido servicio, o devengo periódico destas taxas terá lugar o 01 de xaneiro de cada ano, liquidandose por trimestres naturais, e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese no uso do servicio, en cuio caso o período impositivo axustarase a esa circunstancia có conseguinte prorrateo trimestral da cuota.
4.- O abono das taxas realizarase durante o período determinado polo Concello iniciandose o dia seguinte ó da finalización da exposición pública do padrón.
5.- O servicio de subministración de auga terá carácter obrigatorio para tódoas fincas do municipio que teñan fachada ás rúas, prazas ou vías públicas nas que exista a subministración
ARTIGO 16.-
O cobro realizarase pola empresa concesionaria da explotacion do servicio, nas suas oficinas recadatorias, podendo os usuarios do mesmo domicilia-lo pago dos seus recibos en entidades bancarias colaboradoras, sen prexuizo de que a administración municipal, excepcionalmente, estableza outra modalidade.
ARTIGO 17.-
Transcorridos os prazos que fixe o Concello para o cobro, en período voluntario poderán esixirse os recibos pendentes en via de prema.
ARTIGO 18.-
As reclamacións sobre a recadación, por posibles erros de cálculo e outros motivos, efectuaranse na empresa concesionaria da explotación do servicio, acompañando os recibos ou facturas que se presuma conteñan o erro ou omisión.
ARTIGO 19.-
No caso de traslado de domicilio do aboado éste seguirá a ser responsable do importe do consumo do auga da vivenda que deixóu, se non se dera de baixa coa antelación suficiente nas oficiñas do servicio.
ACOMETIDAS.-
ARTIGO 20.-
O servicio de subministración da auga limitarase á zona que comprende a rede de distribución.
ARTIGO 21.-
A concesión de novas tomas ou acometidas á rede faranse mediante solicitude dos interesados nas oficiñas da empresa concesionaria da explotación do servicio, e con acordo adoptado polo Concello, previo informe.
As peticións terán de ser individuais, é dicir, unha por cada toma ou acometida.
ARTIGO 22.-
Os peticionarios de tomas ou acometidas que se soliciten para utiliza-la auga en fincas onde non existe rede de distribución, no caso de acceder a elo o Concello, deberán sufraga-los gastos da ampliación da rede, e as obras deberán ser levadas a cabo pola empresa concesionaria da explotación do servicio, a cal realizará o control e dirección das mesmas xuntamente cos técnicos municipáis.
ARTIGO 23.-
Os propietarios de fincas que non teñan contribuído a sufraga-los gastos de primer establecemento da rede xeral da auga nalgunha vía, cando soliciten levar a cabo a acometida para os seus inmobles, virán obligados a paga-la extensión de rede xeral ne- cesaria para que se produza tal acometida, baixo as condicións técnicas de dimensión e instalación que os servicios municipais dispoñan.
ARTIGO 24.-
Unha toma ou acometida servirá soamente para a finca que foi pedida, sen que se permita extendela a varias, ainda estando contiguas e perteñecendo ó mesmo dono, agás por conveniencia na distribución do servicio, realizándose neste caso mediante de- rivación fora da finca primitiva.
ARTIGO 25.-
Se por a venta u outras causas se dividira a propiedade, os novos titulares virán obrigados a executar unha toma independente para cada un deles.
ARTIGO 26.-
Toda finca abastecida terá na vía pública e o máis próximo a ela a chave ou chaves de paso convintes para poder incomunicala da tubería xeral, que somentes poderá ser manipulada por persoal do servicio.
ARTIGO 27.-
Os diámetros da tubería que se usan para as acometidas serán:
a) Para edificios compostos de baixo e duas vivendas, o diámetro mínimo será de 25 mm. aumentándose éste a medida que a edificación teña máis pisos ou sexa susceptible de ser ampliada.
a) Para edificios compostos de planta baixa e que non sexan susceptibles de ampliación 25 mm. de diámetro mínimo.
ARTIGO 28.-
Serán de conta do propietario as modificacións ou reformas que sexa preciso facer nas instalacións con motivo da colocación de contadores ou por outra causa calquera, a xuicio do técnico do servicio.
INSTALACIONS INTERIORES.-
ARTIGO 29.-
As instalacións interiores das fincas serán efectuadas por un instalador debidamente autorizado pola Consellería de Industria de acordo co establecido na Orde Ministerial de 9 de decembro de 1975 ( BOE nº 11, do 12 de xaneiro de 1976) e Real Decreto 1725/1984 ( BOE nº 230, de 24 de setembro ), do Ministerio de Industria e Enerxía e demáis disposicións legais de aplicación.
ARTIGO 30.-
É obriga dos propietarios participar ó servicio de augas do concello a data de inicio e fin dos traballos correspondentes ás obras realizadas no interior das súas fincas para a instalación do servicio, có fin que poidan ser inspeccionadas.
ARTIGO 31.-
O Concello poderá esixi-la recolocación dun contador, por non estar no lugar axeitado.
ARTIGO 32.-
Nas fincas que comprendan varias vivendas ou industrias e por conseguinte, varios aboados, faranse as instalacións individuais a cada unha delas en forma que os contadores poidan colocarse en arquetas axeitadas e todos xuntos en batería, e en lugar facilmente asequible do portal, patio, ou baixo do edificio, norma que se terá asemade en conta no caso de que sexa somentes un o aboado.
Si houbera dificultade na elección do lugar de emplazamento, o propietario solicitará da Administración do Servicio que lle informe sobre o lugar idóneo.
ARTIGO 33.-
Excepto nos casos de forza maior, prohíbese curva-los tubos cando a curva que se teña que empregar teña menos de 10 cm. de radio, utilizándose para estas operacións os correspondentes accesorios có obxecto de evitar averias imputables a unha deficiente manipulación da tuberia que por oxidación ou noutras causas análogas dé lugar á obstrucción ou interrupción da circulación da auga.
ARTIGO 34.-
O diámetro da tubería xeral destas instalacións será necesariamente igual ó da acometida, puidendo disminuirse gradualmente según os servicios que deba surtir. Non se permitirán diametros inferiores a 13 mm. nas tuberías agás no caso de ramales que teñan de alimentar unha cisterna ou aparato análogo.
ARTIGO 35.-
As chaves de paso que se utilicen terán de ser de bronce, modelo reforzado, do mesmo diámetro que as tuberías donde van colocadas, e as que se instalen antes dos contadores deberán ir perforadas nun dos ángulos da montura có obxecto de que poidan ser precintadas polo servicio.
ARTIGO 36.-
Cando se instalen termosifóns ou calefaccións a presión, é obrigatorio a colocación dunha válvula de retención antes dos depósitos ou caldeiras e no tubo de alimentación das mesmas, ó obxecto de evitar que, a causa do peche na rede ou dun aumento de presión nos aparatos, a auga quente poda pasar ás tuberías xerais de subministración, có conseguinte perxuicio para os contadores, depósitos e fervedoiros do termo.
Recomendase que en todos eles se coloquen válvulas de expansión co ob- xecto de evitar posibles explosións, sendo igualmente obrigatorio colocar en ditas instalacións flotadores de regulación de nivel.
ARTIGO 37.-
Nos edificios nos que se instalara unha válvula de retención á saída dos contadores, para solventa-la falla de presión, se estará ó disposto no artigo 36, xa mencionado.
ARTIGO 38.-
Nos casos en que debido á forma de instalación destos depósitos, poidera pasa-la auga dos mesmos á tubería xeral, por falla de presión nela, deberá instalarase tamén unha valvula de retención á saída dos contadores, según o previsto no artigo 36.
ARTIGO 39.-
A empresa concesionaria da explotación faise responsable do coidado e conservación dos aparatos contenedores, que será pagada periodicamente polo aboado ós precios estipulados.
ARTIGO 40.-
Todo concesionario ou aboado queda obrigado a permitir que a calquera hora hábil do día sexa visitada a súa instalación polos empregados encargados deste cometido, sen que poidan opoñer ningún obstaculo a cantas comprobacións periódicas ou excepcionais se estimen procedentes.
A negativa dos interesados a autorizar estas revisións será causa suficiente para retirarlle o servicio de auga, sin dereito a reclamación algunha.
ARTIGO 41.-
Na dependencia correspondente, atoparase exposto ó público un muestrario de material utilizado polo servicio, que cumpre as condicións impostas por estas ordenanzas.
ARTIGO 42.-
O servicio municipal de augas resérvase a facultade de non empalmar coa rede de distribución as instalacións que non reúnan as condicións impostas por estas ordenanzas.
ARTIGO 43.-
A administración municipal resérvase o dereito de comprobar, cando o considere necesario ou oportuno, todo aparato contador que se estimara de dudoso funcionamento.
ARTIGO 44.-
ARTIGO 45.-
Os precintos colocados non poderán ser alterados con ningún pretexto polos abonados, xa que en dito caso incurrirán na sanción correspondente.
RESPONSABILIDADES POR INCUPRIMENTO DESTA ORDENANZA.-
ARTIGO 46.-
Ninguén poderá utiliza-la auga sen ter formulado ou subscrito a póliza de abonado. A responsabilidade esixirase nos térmos e con arreglo ó procedemento previsto na Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro.
ARTIGO 47.-
Agás no caso de incendio, que porán en coñecemento da administración do servicio dentro das vintecatro horas seguintes do sinistro, baixo ningún pretexto poderán os aboados ou quen os represente:
a) Emprega-la auga para usos distintos dos estipulados na póliza de abono.
b) Vender ou cede-la auga que lle suministre o Concello en favor a un terceiro.
c) Deixar corre-la auga sen necesidade.
d) Abrir nin facer uso dos rexistros que encerran os aparatos de toma, chaves de paso, aforos ou outros servicios.
e) Establecer ningún ramal, entre a toma e o aparato que verifique o aforo, nin facer derivación de instalación para outros locáis ou vivendas diferentes ás consignadas na póliza.
INFRACCIONS E SANCIONS
ARTIGO 48.-
As infraccións e sancións en materia tributaria rexiranse polo disposto nos artigos 181 e seguintes da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro e a sua normativa de desenrolo, e o que dispoña a Ordenanza Xeral de Inspeccion,Xestion e Recadacion
EXENCIÓNS.-
ARTIGO 49.-
Están exentos os edificios e dependencias propiedade do Concello que se destinen á prestación de servicios públicos de competencia municipal.
Así mesmo, quedan exentos do pago da taxa:
a) Aboados e titulares do servicio que se confeccione segundo Padrón de Parados e Pensionistas vixente, ou altas novas.
b) Ingresos iguáis ou inferiores ó salario mínimo interprofesional, para toda a unidade familiar.
c) Pensionistas con ingresos iguáis ou inferiores á pensión mínima da Seguridade Social, para toda a unidade familiar.
d) Aquelas outras persoas que non reunindo os requisitos b) e c), reúnan condicións especiáis que se estime por esta Corporación que non acaden os mínimos vitáis.
Así mesmo, poderá a Corporación non eximir a quen, reunindo os requisitos b) e c), non teñan cargas familiares ou teñan ingresos adicionáis (rendas de capital, etc...).
DISPOSICIÓNS XERÁIS
ARTIGO 50.-
Non se permitirá ós particulares e empresas utilizar augas das fontes públicas para usos industriáis e obras.
ARTIGO 51.-
O Concello non se fai responsable dos perxuizos causados por interrupcións involuntarias e xustificadas do servicio de abastecemento de augas, ou cando éstas sexan debidas á execución de obras ou amaños que se precisara realizar na rede xeral de distribución, poidendo supoñe-lo corte da subministración ós aboados, sin que éstos teñan dereito a reclamación algunha por tal concepto.
ARTIGO 52.-
Tampouco terá dereito de indemnización cando se interrumpa o servicio como consecuencia de escasez, xeada, ou calquera outra circunstancia de forza maior.
Cando por causas non imputables ó suxeito pasivo, o servicio público non se prestara, procederá a devolución do importe correspondente.
ARTIGO 53º .-
En épocas de grandes sequías nas que puidera ser necesaria a restricción do consumo, comenzará ésta polos aboados coa tarifa industrial e por aqueles que quedaran suxetos ás medidas que se creera oportuno adoptar polo Concello.
ARTIGO 54º .-
Os danos ou perxuizos que se orixinen a terceiros por causa imputable ó aboado, ben sexa por neglixencia ou por abandono do coidado que deben te-las instalacións da auga, serán exclusivamente por conta deste.
DISPOSICIÓNS ADICIONÁIS.-
1.- O Imposto sobre o Valor Engadido repercutido sobre as taxas establecidas nesta ordenanza, verase modificado de forma automática no momento en que, por imperativo legal, se producira modificación no tipo de gravame do citado imposto.
2.- Na última quincena do ano, aprobaranse os listados de prezos que rexerán para as obras do exercicio seguinte, previo informe técnico e adopción de acordo pola Xunta de Goberno Local
APROBACIÓN E VIXENCIA.-
DISPOSICIÓN FINAL.-
1.- A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no "Boletín Oficial da Provincia", e será de aplicación no exercicio de 2005, permañecendo en vigor ata que se acorde a súa modificación ou derogación.