Fene - TAXA POLO SERVICIO DE SANEAMENTO

Publicación provisional: 24/12/2004 BOP Nº: 295
Publicación definitiva: 14/02/2005 BOP Nº: 35
Aplicable dende: 01/01/2005

FUNDAMENTO LEGAL.


ARTIGO 1º .-

De conformidade co previsto no artigo 57 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, en relación có artigo 20.4.r) da mesma lei, e en uso das facultades concedidas polos artigo 4 e 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e artigos 15 a 19 do xa citado RD Lexislativo 2/2004, este Concello establecece a taxa polo servicio de saneamento.

FEITO IMPOÑIBLE


ARTIGO 2º .-

Constitúe o feito impoñible da taxa:

a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar si se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de saneamento municipal.

b) A prestación de servicios de evacuación de augas residuais, a través de rede de saneamento municipal e o seu tratamento para depuralas, no seu caso.

Non estarán suxeitas á taxa as edificacións derruidas, e as declaradas ruinosas non ocupadas.

SUXEITO PASIVO

ARTIGO 3º .-

1.- Son suxeitos pasivos contribuintes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro, que sexan:

a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede: o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.

b) No caso de prestación de servicios do apartado b) do artigo anterior: os ocupantes ou usuarios das fincas do termo municipal beneficiarias de ditos servicios, calquera que sexa o seu título, propietarios, usufructuarios ou arrendatarios, incluso en precario.

2.- En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo sustituto do ocupante ou usuario das vivendas, ou locais, o propietario destes inmobles, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.

RESPONSABLES.


ARTIGO 4º .-

1.- Responderán soliariamente das obrigas tributarias do suxeto pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren o artigo 42.1 da Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro.

2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e síndicos, interventores ou liquidadores de quiebras, concursos, sociedades e entidades, en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43.1 apartados a),b),c) da Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro.

CUOTA TRIBUTARIA.


ARTIGO 5º .-

1.- A base do presente tributo virá determinada:

a) Polo volume de auga consumida polo contador.

b) Ou, no suposto de que a finca careza do servicio de abastecemento de auga, liquidarase o saneamento por estimación indirecta, mediante a asignación dun consumo equivalente ó límite superior establecido na tarifa b.1 ,Tramo I do artigo 4 da Ordenanza Fiscal nº 7, reguladora da Taxa pola subministración de auga, (36m3/aboado/trimestre).

2.- Para a valoración dos consumos, fixarase a seguinte tarifa, IVE incluido (ó tipo vixente do 7%):

 


Euros
a) Cuota de servicio por aboado/trimestre 3,099
b) Importe por m3 de auga consumida 0,1585603

ARTIGO 6º .-

Correrá a cargo da empresa concesionaria a conserva do ramal dende a tubería xeral de acometida ata o pé do parámetro exterior do muro da edificación; así mesmo correrá ó seu cargo a reparación das averías que se produzan no tramo de ramal que discurre dende a tubería xeral de acometida ata o pé do parámetro exterior do muro da finca ou da alineación viaria do Plan Xeral no seu caso, ó prezo que de seguido se indica, IVE incluido:

 


Euros
Acometida de saneamento por aboado/trimestre 0,48551

 

Os amaños derivados das roturas na acometida, producidas por neglixencia demostrable na súa manipulación, ou outros danos non imputables ó normal disfrute do servicio, serán por conta do aboado.

ARTIGO 7.-

Sobre o importe resultante da aplicación destas tarifas poderán outras administracións supramunicipais establecer recargos, cánones ou impostos que incrementarán o importe total do recibo.

BENEFICIOS FISCAIS


ARTIGO 8º .-

Estarán exentos os edificios e dependencias de propiedade do Concello que estean destiñados á prestación de servicios públicos de competencia municipal.

Así mesmo, quedan exentos do pagamento da taxa:

1.- Aqueles contribuintes en que se acredite que o seu titular atópase en paro sen coberturas económicas, e que os únicos ingresos sexan os do cabeza de familia, en tanto se manteña dita situación. A exención recoñecerase en cada caso concreto, previa petición do interesado, que deberá acredita-lo dereito a tal bonificación, o que será obxecto de comprobación pola Administración.

2.- Aboados e titulares do servicio que se confeccione segundo padrón de parados e pensionistas vixente, ou altas novas.

3.- Pensionistas con ingresos iguais ou inferiores á pensión mínima que cada ano se estableza na convocatoria e bases que rixen o programa de exención de taxas municipais, e en todo caso familias de mais de tres membros que non acaden o salario mínimo interprofesional.

4.- Aquelas outras persoas que, non reunindo os requisitos anteriores, reúnan condicións especiáis que se estimen por esta Corporación que non acadan os mínimos vitais.

DEVENGO.

ARTIGO 9º .-

1.- Devengase a taxa, e nace a obriga de contribuir, cando se inicie a actividade municipal que constitue o seu feito impoñible, entendéndose iniciada a mesma:

a) Si se trata de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, cando o suxeto pasivo a formulase expresamente.

b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de saneamento municipal. O devengo por esta modalidade da taxa produciráse con independencia de que se teña obtido, ou non, a licencia de acometida e sen prexuizo da iniciaciación do expediente administrativo que poida instruirse para a súa autorización.

2.- Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da sua depuración, teñen caracter obrigatorio para tódalas fincas do municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou rúas públicas nas que exista rede de saneamento e sempre que os edificios poidan acomete-la rede xeral .

DECLARACIÓN, LIQUIDACIÓN E INGRESO:


ARTIGO 10º .-

1.- Os suxetos pasivos sustitutos do contribuinte formularán as declaracións de alta e baixa no padrón de suxetos pasivos da taxa no prazo que media entre a data na que se produza a variación na titularidade da finca e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións surtirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez finalizado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.

A inclusión inicial no padrón farase de oficio, unha vez concedida a licencia de acometida á rede.

2.- A liquidación e cobro das taxas levarase a cabo trimestralmente ós aboados dos servicios de auga e saneamento e, anualmente, ós aboados exclusivos do saneamento, confeccionando, a tal efecto, unha lista cobratoria en que se especificarán nome, apelidos do contribuinte, domicilio, metros cúbicos de auga facturada e débeda tributaria. As listas cobratorias, unha vez fiscalizadas pola Intervención, serán sometidas para a aprobación da Xunta de Goberno Local.

3.- Establecido e en funcionamento o referido servicio, o devengo periódico destas taxas terá lugar o 01 de xaneiro de cada ano, liquidandose por trimestres naturais, e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese no uso do servicio, en cuio caso o período impositivo axustarase a esa circunstancia có conseguinte prorrateo trimestral da cuota.

O abono das taxas realizarase durante o periodo determinado polo Concello iniciándose ó día seguinte ó da finalización da exposición pública do padrón.

Transcorridos os prazos que fixe o Concello para o cobro en período voluntario, poderán esixirse os recibos en vía de prema.

4.- O cobro levarase a cabo pola empresa concesionaria da explotación, nas suas oficinas recadatorias, poidendo os usuarios do mesmo domicilia-lo pago dos seus recibos en entidades bancarias colaboradoras, sen prexuizo de que a administración municipal, excepcionalmente, estableza outra modalidade.

5.- Nos supostos de licencia de acometida, o contribuinte formulará a oportuna solicitude nas oficiñas da empresa concesionaria do servicio; unha vez concedida aquela, practicarase a liquidación que proceda, que será notificada para ingreso directo na forma e prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.

6.- As altas e baixas que se produzan no servicio de abastecemento de auga potable surtirán efectos, con carácter automático, no de saneamento.

Os usuarios do servicio de auga potable, que carezan de saneamento, virán obrigados a solicita-la exclusión do padrón por dito concepto, ó tempo que tramitan o alta da auga.

ARTIGO 11º .-

Non se concederá a alta a aboados que se trasladen de domicilio e non se atopen ó corrente do pago do saneamento.

ARTIGO 12º .-

As reclamacións sobre a recadación, por posibles erros de cálculo e outros motivos, efectuaranse na empresa concesionaria da explotación, acompañando os recibos ou facturas que se presuma conteñan erro ou omisión.

ARTIGO 13º .-

No caso de traslado de domicilio do aboado, éste seguirá a ser reponsable do importe da taxa de saneamento da vivenda que deixóu, si non se da de baixa coa antelación suficiente nas oficiñas do servicio.

ARTIGO 14º .-

O servicio de saneamento limitarase á zona que comprenda a rede xeral.

ARTIGO 15º .-

A concesión de novas acometidas á rede farase mediante solicitude dos interesados nas oficiñas da empresa concesionaria da explotación, e con acordo adoptado polo Concello, previo informe dos servicios técnicos municipais.

ARTIGO 16º .-

As acometidas que se soliciten para utiliza-lo saneamento en fincas onde non existe rede xeral, no caso de acceder a elo o Concello, deberán sufraga-los gastos de ampliación da rede, e as obras deberán ser levadas a cabo pola empresa concesionaria da explotación, a cal levará o control e supervisión das mesmas , xuntamente cos técnicos muncipáis.

Unha vez posta en funcionamento pasará a instalación a ser propiedade do Concello.

ARTIGO 17º .-

Os propietarios de fincas que non teñan contribuido a sufraga-los gastos de primer establecemento da rede xeral de saneamento, na vía de que se tratara, cando soliciten levar a cabo a acometida para os seus inmobles, virán obrigados a paga-la extensión de rede xeral necesaria para que se produza tal acometida, baixo as condicións técnicas de dimensión e instalación que os servicios municipáis dispoñan.

ARTIGO 18º .-

Unha acometida servirá somentes á finca para a que foi solicitada, sen que se permita extendela a outras, inda estando contiguas e perteñecendo ó mesmo dono, agás conveniencias de distribución para o servicio, facéndose neste caso a derivación fora da finca privativa.

ARTIGO 19º .-

Se por a venda, ou outras causas, se dividira a propiedade, os novos propietarios virán obrigados a executar unha acometida independiente para cada un deles.

ARTIGO 20º .-

Os diámetros da tubería que se usen para as acometidas serán:

-Para edificios composto de baixo e dúas vivendas, o diámetro mínimo será de 160 mm. aumentándose éste a medida que a casa teña máis pisos ou sexa susceptible de ser ampliado.

-Para edificios compostos de planta baixa e que non sexan susceptibles de ampliación, 160 mm. de diámetro mínimo.

INFRACCIONS E SANCIONS

ARTIGO 21º .-

En todo o relativo a calificación de infraccións tributarias, asi como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro e o que dispoña a Ordenanza Xeral de Inspeccion,Xestion e Recadacion

DISPOSICIÓNS ADICIONÁIS:

1.- O Imposto sobre o Valor Engadido repercutido sobre as tarifas establecidas nesta Ordenanza o será ó tipo de gravame vixente en cada momento.

2.- Na última quincena do ano, aprobaranse os listados de prezos que rexerán para as obras do exercicio seguinte, previo informe técnico e adopción de acordo pola Xunta de Goberno Local.

APROBACIÓN E VIXENCIA.


DISPOSICION FINAL.

1.- A presente Ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia", e será de aplicación no exercicio de 2005, permañecendo en vigor ata que se acorde a súa modificación ou derogación.