Muxía - ORDENANZA TAXA DE EXPEDICION DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional: 04/01/2005 BOP Nº: 2
Publicación definitiva: 23/02/2005 BOP Nº: 43
Aplicable dende: 01/01/2005

Artigo 4.- Exencións:

Gozarán de exención os contribuintes que soliciten unha certificación ou compulsa dos contidos nos apartados do artigo 6, e que sexan beneficiarios dunha renda ou pensión de Asistencia social ou a que sexa preciso para a tramitación desde este Concello dunha axuda ou subvención de carácter social.

Artigo 6.- Tarifa:

A tarifa desta taxa estructurarase nos seguintes epígrafes:

-Certificación:

De empadronameto: 1,8 euros

Sobre IVTM, IAE, IBI ou similar: 1,8 euros

-Outras certificacións que supoñan traballo de investigación en arquivo: 3 euros

-Compulsas: 1,20 euros documento

0,60 euros máis por cada 10 folios

-Informes ou certificación urbanística: 12 euros

-Expedición licencia de taxi, traspaso de parada ou cambio de coche: 18 euros

-Expedición autorización de segregación de terreos: 20 euros

-Endoso de certificación: 12 euros

DISPOSICION FINAL:

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no BOP e producirá efectos desde 01-01-2005.