Cerceda - Ordenanza reguladora da taxa por documentos que expida ou de que entenda a administración ou as autoridades municipais a instancia de parte.
Artigo 1. Fundamento e réxime
Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de Abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.a) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais, establece a Taxa por Documentos que expida a Administración ou as Autoridades Locais a instancia de parte, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do RDl 2/2004 citado.
Artigo 2. Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible a actividade municipal desenrolada como consecuencia da tramitación a instancia de parte de toda clase de documentos que expida ou de que entenda a Administración ou Autoridades Municipais.
Artigo 3. Suxeitos pasivos
Son suxeitos pasivos desta Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, que soliciten, provoquen ou resulten beneficiadas pola tramitación ou expedición dos documentos a que se refire o artigo 2.
Artigo 4. Devengo
A obrigación de contribuír nace coa solicitude da expedición do documento, ou co documento mesmo, do que vaia entender a Administración municipal, sen que se inicie a actuación ou o expediente ata que se efectúe o pago xunto coa solicitude, co carácter de depósito previo.
Artículo 5. Responsables
1. Serán responsables solidarios das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
2. Serán responsables solidarios das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
Artigo 6. Base impoñible e liquidable
A base impoñible dependerá, en cada caso, da clase ou natureza do documento tramitado ou expedido pola Administración municipal.
Artigo 7. Cota tributaria
EPÍGRAFE 1
Padrón de habitantes
1.-Altas e cambios de domicilio: 2,05 euros
2.-Certificacións do padrón informatizado: 2,05 euros
3.-Volante de empadroamento: 0,75 euros
4.-Certificacións do padrón en libros: 3,65 euros
5.-Informe de convivencia: 6,20 euros
6.-Outros non incluido entre os anteriores: 3,05 euros
EPÍGRAFE 2
Certificacións e consultas
1.-De acordos e resolucións de órganos administrativos: 2,70 euros
2.-Outros certificados: 3,10 euros
3.-Dilixencias de cotexo e compulsa:
Soamente pola primeira copia: 1,05 euros
4.-Bastanteo de poderes: 34,20 euros
5.-Por informes emitidos pola policía local: 28,00 euros
6.- Por fotocopias en DIN A-4: 0,06 euros
6.- Por fotocopias en plano, por cada folla: 3,10 euros
EPÍGRAFE 3
Participación en procesos selectivos de persoal
1.-Posto de traballo grupo A ou asimilados: 19,90 euros
1.-Posto de traballo grupo B ou asimilados: 16,60 euros
1.-Posto de traballo grupo C ou asimilados: 13,30 euros
1.-Posto de traballo grupo D ou asimilados: 10,00 euros
1.-Posto de traballo grupo E ou asimilados: 6,65 euros
Artigo 8. Normas de xestión
As cotas satisfaranse na Tesourería da Corporación, unha vez producida a estampación do selo municipal, no que o funcionario encargado do Rexistro consignará o importe correspondente á tarifa aplicable en cada caso.
Artigo 9. Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables
Por razóns de capacidade económica os solicitantes, previo informe dos servicios sociais, poderán quedar exentos do pago da taxa por expedición de docuementos.
Agás o disposto anteriormente e de conformidade co artigo 9 da Lei 39/88 do 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.
Artigo 10. Infraccións e sancións tributarias
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable