Cerceda - Taxa por entrada de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.
Artigo 1. Fundamento e réxime
1. Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.3.h) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais, establece a Taxa por entrada de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercancías de calquera clase, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do RDl 2/2004 citado. 2. Será obxecto deste tributo a reserva de espacios nas vías e terreos de dominio público para entrada de vehículos ou similares.
Artigo 2. Feito impoñible
Está constituído pola realización sobre a vía ou terreos de dominio público de calquera dos aproveitamentos enumerados no número 2 do artigo 1º desta Ordenanza, e a obrigación de contribuír nace dende o momento en que o aproveitamento se inicie.
Artigo 3. Devengo
O tributo considerarase devengado ó iniciarse algún dos aproveitamentos obxecto desta Ordenanza, e anualmente, o 1º de xaneiro de cada ano. Esixíndose previamente o depósito total do seu importe, agás nos períodos anuais sucesivos á alta inicial.
Artigo 4. Suxeitos pasivos
Están solidariamente obrigados ó pago, en concepto de contribuíntes:
a) As persoas naturais ou xurídicas titulares da respectiva licencia municipal.
b) Os propietarios dos inmobles onde se estableceran as entradas ou pasos de vehículos e similares.
Artigo 5. Base impoñible e liquidable
Tomarase como base do presente tributo a lonxitude en metros lineais da entrada ou paso de vehículos e similares e da reserva de espacio, distancia que se computará no punto de maior amplitude ou anchura do aproveitamento, esto é, a existente entre as placas de reserva á que fai referencia o artigo 8) número 4 seguinte.
Artigo 6. Cota tributaria
A tarifa a aplicar será de 19,70 euros/ano/metro lineal.
A anterior cota será de carácter anual e devengarase o 1 de xaneiro de cada ano. O período impositivo comprenderá o ano natural, agás nos casos de inicio e cese no aproveitamento, nos que se prorrateará a cota por semestres naturais.
A recaudación das liquidacións que se practiquen, realizarase polo sistema de ingreso directo, tanto na Tesourería Municipal, como en calquera Caixa de Aforros ou Entidade Bancaria inscrita no Rexistro de Bancos, con establecementos abertos dentro do término municipal, agás as cotas anuais que se recauden por recibo.
Artigo 7. Responsables
1. Serán responsables solidarios das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
2. Serán responsables solidarios das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
Artigo 8. Normas de xestión
1. As Entidades ou particulares interesados na concesión dos aproveitamentos regulados por esta Ordenanza, presentarán no Concello solicitude detallada da extensión e carácter do aproveitamento requerido.
2. Tamén deberán presentar a oportuna declaración en caso de alteración ou baixa dos aproveitamentos xa concedidos dende que o feito se produza ata o último día do mes natural seguinte o en que tal feito tivo lugar. Aqueles que incumpran tal obrigación seguirán obrigados ó pago do tributo. Tales declaracións surtirán efecto a partir do semestre seguinte a aquel en que se formulen.
3. Os titulares das licencias, incluso os que estiveran exentos do pago de dereitos, deberán proverse de placas regulamentarias para a sinalización do aproveitamento. En tales placas constará o número de rexistro da autorización e deberán ser instaladas, de forma permanente delimitando a lonxitude do aproveitamento.
4. Igualmente, os titulares da reserva a que fai referencia o artigo 1º, deberán proverse de placas adecuadas, nas que constará o tempo de emprego; a lonxitude autorizada da reserva, quedará limitada por medio dunha cadena que una as placas.
5. A falta de instalación das placas, ou o emprego doutras distintas ás regulamentarias, impedirá ós titulares das licencias o exercicio do seu dereito ó aproveitamento.
6. Os titulares das licencias, terán que axustarar as placas regulamentarias das que se provean, ó modelo en canto a dimensións e estructura que o Concello teña establecido. Podendo adquirir as placas onde estimen pertinente, se ben o Concello facilitaraas a quen o solicite, previo pago do seu importe, segundo fixara a Corporación.
Artigo 9.
Durante o mes de setembro de cada ano, elaborarase o padrón de vados correspondente ó exercicio actual. Unha vez aprobado polo órgano competente, exporase ó público no taboleiro de edictos da Corporación, mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia.
A partir do día seguinte á publicación do padrón, os interesados disporán de 20 días hábiles para interpoñer as reclamacións que estimen oportunas, transcurridos os cales, comenzarán a contar os prazos para a cobranza en período voluntario, e no seu caso, executivo, nos termos establecidos na Lei xeral tributaria, L 58/2003, do 17 de decembro.
Artigo 10. Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables
De conformidade co disposto no artigo 9 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais, ou os expresamente previstos en normas con rango de Lei.
O Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais non estarán obrigados ó pago das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público polos aproveitamentos inherentes ós servicios públicos de comunicacións que exploten directamente e por tódolos que inmediatamente interesen á seguridade cidadán ou á defensa nacional.
Artigo 11. Infraccións e sancións tributarias
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.