Pontedeume - ORDENANZA FISCAL Nº 9. -REGULADORA DA TAXA DA REDE DE SANEAMENTO (REDE DE SUMIDOIROS)
ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO E NATUREZA.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española de 1.978 e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local (LBRL, en adiante), e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de Marzo, Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRFL) este Concello establece a "Taxa polo mantemento da rede saneamento (rede de sumidoiros) e depuración de augas residuais", que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, as normas do cal atenden ó prevenido no artigo 58 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de Marzo, Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRFL).
ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE
1. Constitúe o feito impoñible da taxa :
a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipal.
b) A prestación dos servicios de evacuación e excretas, augas pluviais, negras e residuais a través da rede de sumidoiros municipal e o seu tratamento para depuralas.
2. Non estarán suxeitas á taxa as fincas derruídas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.
ARTIGO 3º.- SUXEITO PASIVO.
1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria que sexan :
a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.
b) No caso de prestación de servicios do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do término municipal beneficiarias destes servicios, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios ou arrendatarios, mesmo en precario.
2.- En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o propietario destes inmobles, quen poderán transladar, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios dos servicio.
ARTIGO 4º.- RESPONSABLES
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores de sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, ou nos supostos e co alcance que lle confire o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
ARTIGO 5º.- COTA TRIBUTA
1. A cota tributaria correspondente ás labores técnicas e administrativas de comprobación tendentes á concesión da licencia ou autorización da acometida á rede de sumidoiros, esixirase por unha soa vez no momento de formularse a correspondente solicitude, e consistirá na cantidade fixa de 12,00 ?
2. A cota tributaria a esixir pola prestación de servicios da rede de sumidoiros, determinarase en función da cantidade de auga, medida en metros cúbicos, utilizada no inmueble. Para tal efecto se aplicarán as seguintes tarifas, que serán incrementadas, dacordo coa lexislación vixente, co correspondente IVE:
TARIFAS DE SANEAMENTO | |||||
ABOADOS DOMÉSTICOS | ABOADOS INDUSTRIAIS | ||||
Tipo | m3/trimestre | euros/m3 | Tipo | m3/trimestre | euros/m3 |
Mínimos | Mínimos | ||||
36 | 0,13 | 60 | 0,13 | ||
Excesos | Excesos | ||||
Máis de 36 | 0,13 | Máis de 60 | 0,13 |
3. A cota tributaria que se esixirá pola prestación dos servicios de depuración, determinarase, tamén, en función da cantidade de auga, medida en metros cúbicos, utilizada no inmueble. Para tal efecto se aplicarán as seguintes tarifas, que serán incrementadas, dacordo coa lexislación vixente, co correspondente IVE:
TARIFAS DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS | |||||
ABOADOS DOMÉSTICOS | ABOADOS INDUSTRIAIS | ||||
Tipo | m3/trimestre | euros/m3 | Tipo | m3/trimestre | euros/m3 |
Mínimos | Mínimos | ||||
36 | 0,20 | 60 | 0,21 | ||
Excesos | Excesos | ||||
Máis de 36 | 0,20 | Máis de 60 | 0,21 |
4. Teñen a consideración de Abonados industriais na prestación dos servicios de saneamento e depuración os establecementos comerciais e industriais. .
ARTIGO 6º.- OBRIGA DE CONTRIBUIR
1. Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose a mesma
a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.
b) Dende que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. A percepción por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se teña obtido ou non a licencia de acometida e sen prexuizo da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para a súa autorización. No caso da depuración de augas residuais, cando se inicie a efectiva prestación do servicio.
Tratándose de servicios xa autorizados e prorrogados, o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio e cese na prestación so servicio, caso no que o periodo impositivo axustarase a esa circunstancia co conseguinte prorrateo da cota por trimestres naturais.
2. Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais e a súa depuración teñen carácter obrigatorio para tódalas fincas do municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas en que exista rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e a finca non exceda de cen metros, e percibirase a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectua-la acometida á rede.
ARTIGO 7º.- DECLARACIÓN, LIQUIDACIÓN E INGRESO.
. O suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da taxa, no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade da finca e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións producirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez finalizado o prazo de presentación destas declaracións de alta e baixa.
A inclusión inicial no censo farase de oficio unha vez concedida a licencia de acometida á rede.
2. As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse polos mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos de subministro e consumo de auga.
3. No suposto de licencia de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude e os servicios tributarios deste concello, unha vez concedida aquela, practicarán a liquidación que proceda, que será notificada para ingreso directo na forma e prazos que indica o Regulamento Xeral de Recadación.