Boiro - Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servicios no mercado municipal de Boiro.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 16/11/2007 BOP Nº: 265
Aplicable dende: 01/01/2008

Artigo 1º .-Fundamento e natureza

En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación de servicios no mercado municipal de Boiro, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, que nas súas normas atende ó previsto no artigo 58 da citada Lei 39/1988.

Artigo 2º .-Feito impoñible

Constitúen o feito impoñible desta taxa:

A).-O outorgamento de concesións para a explotación dos postos, mesas e demais instalacións susceptibles de aproveitamento privativo no mercado municipal de Boiro.

B).-O outorgamento das prórrogas previstas para as concesións de explotación dos postos, mesas e demais instalacións susceptibles de aproveitamento privativo no mercado municipal de Boiro.

C).-A ocupación e explotación dos postos, mesas e demais instalacións susceptibles de aproveitamento privativo no mercado municipal de Boiro.

D).-A subrogación intervivos ou mortis causa así como o traspaso dos postos, mesas e demais instalacións susceptibles de aproveitamento privativo no mercado municipal de Boiro.

Artigo 3º .-Suxeito pasivo

Serán suxeitos pasivos da taxa prevista nesta ordenanza as persoas físicas ou xurídicas ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria titulares das concesións dos postos, mesas e demais instalacións susceptibles de aproveitamento privativo no mercado municipal de Boiro.

Será en todo caso suxeito pasivo quen se beneficie dos servicios ou actividades prestados nos mercados municipais ós que se refire o artigo anterior.

No caso de subrogacións e traspasos será suxeito pasivo o novo titular dos postos.

Artigo 4º .-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos sociedades ou entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º .-Cota tributaria.

A cota tributaria desta taxa determinarase por aplicación das seguintes tarifas:

Epígrafe 1: Outorgamento de concesións:

A resultante do procedemento de licitación e adxudicación, debendo preverse nos pregos de cláusulas económico-administrativas un mínimo de 1 anualidade da taxa de ocupación e explotación dos postos, mesas e demáis instalacións susceptibles de aproveitamento privativo.

A) Supermercado ou similares :  (¿) (euros ó mes)

 

6,86

 

 

B) Resto (postos e mesas, local almacén ou calquera uso autorizado distinto de supermercado).- (¿) (euros ó mes) (¿)

 

Epígrafe 2: Ocupación e explotación dos postos, mesas e outras instalacións:
A) Supermercado ou similares : Será a resultante de multiplica-la superficie do local ou instalación, en m2 ou fracción, pola cantidade fixa de: (euros ó mes)
7,04
B) Resto (postos e mesas, local almacén ou calquera uso autorizado distinto de supermercado).-Será a resultante de multiplica-la superficie do local ou instalación, en m2 ou fracción, pola cantidade fixa de: (euros ó mes)
4,96
(¿)
 

4,83

 

 

 

 

Artigo 6º .-Dereitos municipais por prórrogas, traspasos e subrogacións.

Para os supostos de prórroga das concesións, e autorizacións de traspasos e subrogacións establécense a favor do concello os seguintes dereitos económicos:

- Prórroga das concesións: O 10% do prezo de adxudicación inicial da concesión. En todo caso un mínimo do equivalente a 1 anualidade vixente da taxa de ocupación e explotación dos postos, mesas e demais instalacións susceptibles de aproveitamento privativo.

- Subrogacións: O 10% do prezo de adxudicación inicial da concesión. En todo caso un mínimo de 1 anualidade vixente da taxa de ocupación e explotación dos postos, mesas e demais instalacións susceptibles de aproveitamento privativo..

- Traspasos: O 10% do prezo satisfeito en concepto de traspaso ó anterior concesionario. En todo caso un mínimo de 1 anualidade vixente da taxa de ocupación e explotación dos postos, mesas e demais instalacións susceptibles de aproveitamento privativo.

Artigo 7º .-Devengo.

O período impositivo coincidirá co ano natural, excepto cando se trate de primeira ocupación, suposto no que o período impositivo comenzará cando o faga a ocupación.

A taxa devengarase o primeiro día do período impositivo. O seu importe prorratearase por meses naturais nos casos de primeira ocupación e cese da actividade.

No caso de prórroga, subrogacións e traspasos de concesións, a taxa devengarase no momento de producirse.

Artigo 8º .-Declaración, liquidación e ingreso

1.-A taxa por concesión liquidarase cando se concorra ó procedemento de licitación e ingresarase ó resultar adxudicatario e de acordo co previsto nos pregos rectores da licitación. En defecto de previsión nos pregos ingresarase no prazo de 15 días hábiles contados a partir da notificación da adxudicación.

2.-Os dereitos por prórroga, subrogación e traspaso da concesión liquidarase de xeito provisional polo interesado e ingresarase no momento de presentación da solicitude.

Resolta a solicitude practicarase liquidación definitiva na que se deducirá o importe ingresado na liquidación provisional, que será notificada ó interesado de acordo co previsto no artigo 124.1 da Lei Xeral Tributaria.

Resolta a solicitude, a renuncia do interesado non dará dereito á devolución das taxas devengadas. Se a renuncia se producira con anterioridade á resolución, devolverase ó interesado o 80 por 100 do importe da liquidación provisional ingresada.

3.-A taxa por ocupación e explotación dos postos, mesas e demais instalacións de uso privativo terá carácter mensual, liquidándose cada trimestre natural. Os suxeitos pasivos serán incorporados a un Padrón fiscal, e a obriga de contribuír non cesará mentres os interesados non tramiten a súa baixa ante a administración municipal. As baixas producirán efecto no mes seguinte a aquel no que se solicite, unha vez comprobado o cese do servicio.

Notificada a liquidación de alta, as sucesivas liquidacións notificaranse de xeito colectivo, mediante anuncios no Boletín Oficial da Provincia, segundo o previsto no art. 124.3 da Lei Xeral Tributaria.

4.-As liquidacións non satisfeitas en período voluntario de cobranza, esixiranse mediante o procedemento de constrinximento.

5.- O cobro dos recibos periódicos realizarase exclusivamente a través da Entidade Caixa Galicia, en virtude de contrato asinado en data 30 de xuño de 1997, agás os recibos que foran domiciliados, os cales serán cargados na conta sinalada ó efecto polos interesados, a través da entidade antes mencionada.

Artigo 9º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e disposicións concordantes, así como na normativa reguladora do mercado para os casos de impago.

Disposición derrogatoria.

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango foran de aplicación ata o de agora ás materias reguladas na presente ordenanza fiscal.

Disposición final.

... A presente ordenanza foi modificada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 11 de novembro de 2003, publicada no BOP n.º ..., de data ..., e será de aplicación a partir do 1.1.2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.