Arteixo - TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS
ARTIGO 1. Fundamento e natureza.
ARTIGO 2. Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da Taxa, a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e dos expedientes de que entenda a Adminitración ou as Autoridades Municipais.
2. Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado/a.
3. Non estará suxeita a esta Taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servicios ou realización de actividades de competencia municipal e a utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens de dominio público municipal, que estean gravados por outra Taxa Municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello.
ARTIGO 3. Suxeito pasivo.
ARTIGO 4. Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
ARTIGO 5. Retribución.
1. A presente taxa retribuirase coa presentación da solicitude que da lugar ó inicio da tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.
2. Nos casos ós que se refire o artigo 2.2, a retribución producirase cando se inicie a tramitación dos documentos e expedientes por parte da Administración, sen previa solicitude do interesado/a, pero redunde no seu beneficio.
ARTIGO 6. Cota tributaria.
ARTIGO 7. Tarifas.
Concepto | Tamaño | € |
7.1.2.1 | DIN A4 | 0,16 |
7.1.2.2. | DIN A3 | 0,24 |
7.1.2.3. | DIN A2 | 2,83 |
7.1.2.4 | DIN A1 | 4,06 |
7.1.2.5 | DIN >A1 | 6,22 |
Concepto | Tamaño | € |
7.1.3.1. | DIN A4 | 1,64 |
7.1.3.2. | DIN A3 | 2,23 |
Concepto | Tamaño | € | ||
Normal | Vexetal | Color | ||
7.1.4.1 | DIN A4 | 3,32 | 3,91 | 4,77 |
7.1.4.2 | DIN A3 | 3,91 | 4,77 | 6,04 |
7.1.4.3 | DIN A2 | 5,19 | 6,04 | 7,28 |
7.1.4.4. | DIN A1 | 6,04 | 7,70 | 9,83 |
7.1.4.5. | DIN A0 | 7,28 | 8,98 | 15,64 |
7.1.4.6 | M. lineal | 6,68 | 8,55 | 13,61 |
Concepto | Definición praza | Importe € |
7.2.2.1 | Grupo A ou asimilado | 28,98 |
7.2.2.2 | Grupo B ou asimilado | 23,89 |
7.2.2.3 | Grupo C ou asimilado | 18,82 |
7.2.2.4 | Grupo D ou asimilado | 13,76 |
7.2.2.5 | Grupol E ou asimilado | 8,68 |
ARTIGO 8. Declaración e ingreso.
1.A Taxa esixiriase en réxime de autoliquidación, polo procedemento do selo municipal adherido ó escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou nestes mesmos se aquel escrito non existira, ou a solicitude non fora expresa.
2.Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/92, de 26 de decembro, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisoriamente, pero non se lle dará curso sen que se corrixa a deficiencia, para o que se requerirá ó interesado co fin de que, no prazo de dez días aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse ditos escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
3.As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal a petición dos xulgados ou tribunais para toda clase de preitos, cando sexan probas propostas a instancia de parte, non se entregarán nin remitirán sen que previamente non se aboara a correspondente cota tributaria.
ARTIGO 9. Infraccións e sancións.
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA
DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA.
As tarifas estabelecidas na presente ordenanza incrementaranse anualmente segundo o I.P.C.