Val do Dubra - Ordenanza fiscal núm. 9, reguladora da taxa por instalacións de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica.
Artigo 1.º . Natureza e fundamento
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, este Concello establece a taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, que atende ó previsto no artigo 57 do citado RDLex. 2/2004.
Artigo 2.º . Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible da taxa a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público municipal por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica.
Artigo 3.º . Suxeitos pasivos
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, consonte algún dos supostos citados no feito impoñible.
Artigo 4.º . Responsables
1. Serán responsables solidarios das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas ás que se refire o artigos 41 e 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores de feito e de dereito das persoas xurídicas, os integrantes da administración concursal e os liquidadores de sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
Artigo 5.º . Base impoñible
A base impoñible sobre a que se determinará a cota tributaria configúrana os metros cadrados de ocupación dos terreos de uso público.
Artigo 6.º . Cota tributaria
Artigo 7.º . Exencións e bonificacións
Non se concederán outras exencións ou bonificacións que as expresamente previstas nas leis ou as derivadas da aplicación de tratados ou acordos internacionais.
Artigo 8.º . Devengo
Nace a obriga de contribuír:
1. Nos supostos de devengo puntual, no momento de presentar a solicitude de concesión ou autorización do aproveitamento ou utilización.
2. Nos supostos de devengo periódico, nace a obriga de contribuír o primeiro día de cada ano natural.
3. Se se realiza o aproveitamento ou utilización do dominio público municipal sen mediar concesión ou autorización, liquidarase e notificarase a débeda, esixindo o ingreso nos prazos previstos, sen prexuízo de abrir o oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.
Artigo 9.º . Ingreso
O pagamento da taxa realizarase na Tesourería municipal ou nas entidades financeiras autorizadas polo Concello. En todo caso, o ingreso será anterior ó inicio do expediente de concesión ou autorización do aproveitamento interesado.
Artigo 10.º . Normas de xestión
2. Unha vez autorizada ou concedida a licenza de aproveitamento entenderase prorrogada anualmente mentres non presente a declaración de baixa o interesado.
3. Cando remate o aproveitamento, os suxeitos pasivos formularán a declaración de baixa e producirá efectos no período natural seguinte ó de presentación desta, podendo, no seu caso, prorratearse por meses. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar pagando a taxa.
4. A Policía Local evitará que ocupen a vía pública ou terreos de dominio público con este tipo de instalacións, nin que se exerzan nela ningunha industria, aquelas persoas ou entidades que non acrediten estar autorizados e non pagasen previamente os dereitos que se sinalan na presente ordenanza.
5. A autorización de venda é intransferible. O interesado deberá conservala durante o tempo de concesión e amosala ós axentes ou funcionarios municipais se lles fose requirida por calquera deles. O mal uso das autorizacións producirá a súa caducidade, así como a perda dos dereitos xa pagados.
6. As autorizacións que se concedan non poderán ser destinadas a usos distintos daqueles para os que foron concedidas sen que haxa unha autorización previa, por escrito, do Concello.
7. As concesións ás que se refire a presente ordenanza terán sempre carácter provisional, supeditadas ó interese xeral, previa resolución motivada da Alcaldía do Concello.
Artigo 12.º . Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que lle correspondan a estas en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, xeral tributaria.
Disposición adicional única
As modificacións que se introduzan no regulado nesta ordenanza polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 12 de novembro de 2004, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, continuando vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.