Val do Dubra - ORDENANZA FISCAL Nº 23, REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE LICENZAS URBANÍSTICAS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 29/12/2007 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 29/12/2007

Artigo 1. Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, polo artigo 106 de da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, o Concello de Val do Dubra establece a Taxa pola expedición de Licenzas Urbanísticas, a que se refire o artigo 20.4 h) do Texto refundido aprobado polo RDLex. 2/2004, que se rexirá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ao previsto no artigo 58 do citado Texto refundido da lei reguladora das facendas locais.

Artigo 2.Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, dirixida a verificar se os actos de ocupación, construción, edificación e uso do solo e do subsolo que vaian realizarse no municipio, se axustan ao ordenamento urbanístico vixente e se reúnen as condicións esixibles de seguridade, salubridade, habitabilidade e accesibilidade, todo isto de conformidade co establecido no artigo 194 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e a súa normativa de desenvolvemento.

Artigo 3. Supostos de non suxeición

Non estarán suxeitos ó pagamento da taxa, pero si da obriga de solicita-la oportuna licenza:

a) As obras que deban efectua-los particulares nas vías públicas ou na fachada dos pisos baixos e que sexan consecuencia directa das modificacións de aliñacións ou rasantes, canalizacións ou sumidoiros que faga o Concello.

b) O branqueo, pintado ou revestimento das fachadas e muros.

c) As derrubas ou demolicións que se produzan como consecuencia de declaracións de ruína inminente e que fosen ordenados polo Concello.

d) As derrubas ou demolicións daqueles inmobles que de acordo coa actual regulamentación urbanística do Concello se atopen fóra de ordenación e fosen ordenadas por este último.

e) As obras necesarias para a eliminación de barreiras arquitectónicas, sempre e cando non impliquen incremento de volume da edificación nin cambio de uso de ela.

f) As instalacións, construcións e obras promovidas directamente por outras administracións públicas que estiveran suxeitas a licenza urbanística municipal ou a calquera outra actividade municipal técnica e administrativa de verificación que constitúa o feito impoñible deste imposto, de conformidade co establecido no artigo 2 da presente ordenanza.

Artigo 4. Suxeito pasivo

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as personas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan solicitantes dunha licenza ou que executen as instalacións, obras ou construcións sen ter obtido a preceptiva licenza.

2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os construtores e contratistas das obras, de conformidade co previsto no artigo 23.2.b) do RDLex. 2/2004, do 5 de marzo.

Artigo 5. Responsables solidarios e subsidiarios

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores de feito e de dereito das persoas xurídicas, os integrantes da administración concursal e os liquidadores de sociedades e entidades en xeral, nos supostos e coa extensión que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Artículo 6.-Cota tributaria

1. A cota tributaria determinarase por unha cota fixa á que, segundo a natureza do expediente a tramitar, se lle sumará outra cantidade en función da superficie, lonxitude ou unidade, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

2. Para determinar a superficie das obras e instalacións terase en conta a totalidade das súas plantas e espazos construídos.

Artículo 7.-Tarifa

1. Licenzas de autorización para a segregación de parcelas urbanas, por cada parcela resultante: 65,37 euros.
2. Licenzas de primeira ocupación de vivendas unifamiliares:
a) vivendas de ata 200 m2 de superficie construída: 65,37 euros.
b) vivendas de 200 m2 a 400 m2 de superficie construída: 98,05 euros.
c) vivendas de máis de 400 m2 de superficie construída: 130,73 euros.
3. Licenzas de primeira ocupación de vivendas colectivas:
a) cota fixa por inmoble: 98,05 euros.
b) por cada unidade de vivenda e por cada 100 m2 ou fracción comercial ou industrial: 15,99euros.
c) por cada 100 m2 ou fracción de garaxes, rochos e demais dependencias auxiliares: 10,89 euros.
4. Licenzas de primeira ocupación de naves e instalacións industriais e comerciais:
a) cota fixa por unidade: 98,05 euros.
b) por cada 200 m2 ou fracción: 13,08 euros.
5. Instalación de tanques, depósitos de almacenamento de auga, piscinas, etc., así como outros depósitos de almacenamento de gas, petróleos, gasóleos e similares: 65,37 euros.
6. Instalación de quioscos en vía pública:
a) cota fixa por unidade: 65,37 euros.
b) por cada metro cadrado: 32,68 euros.
7. Instalación de carteis publicitarios:
a) cota fixa por unidade 65,37 euros.
b) por cada metro cadrado: 32,68 euros.
8. Fixación de liñas e rasantes de edificacións:
a) cota fixa por unidade: 65,37 euros.
b) por cada metro: 1,64 euros.
9. Construción de edificacións:
a) Os primeiros 200 metros cadrados construídos: 0,33 euros por metro cadrado.
b) Dos 200 aos 1.000 metros cadrados construídos: 1,64 euros por cada metro cadrado deste tramo.
c) A partir dos 1.000 metros cadrados construídos: 2,30 euros por cada metro cadrado deste tramo.
d) Cando non se acade esta contía, a taxa mínima a cobrar será de 65,37 euros.
10. Demolición de edificacións:
a) Os primeiros 1.000 metros cadrados: 0,17 euros por metro cadrado.
b) A partir de 1.000 metros cadrados: 0,33 euros por metro cadrado deste tramo.
c) cando non se acade esta contía, a taxa mínima a cobrar será de 65,37 euros.
11. No caso de obras maiores: expedición e subministración do cartel de obra normalizado segundo o modelo establecido na normativa urbanística: 130,73 euros.
12. Por toda aquela actividade municipal que se axuste ao feito impoñible desta ordenanza e non apareza especificada nos epígrafes destas tarifas, esixirase unha taxa mínima de 65,37 euros.

Artículo 8.-Devengo

1. Devéngase a tasa e xorde a obriga de contribuir cando se comece a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. Para estes efectos, entenderase comezada a devandita actividade na data de presentación da oportuna solicitude, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.

2. Cando as obras se iniciaran ou executaran sen ter obtido a oportuna licenza, a taxa devengarase cando se comece a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable.

3. A obriga de contribuir, unha vez xurdida, non se verá afectada de ningún modo pola denegación da licenza solicitada nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licenza.

Artículo 9.-Beneficios Fiscais

Non serán aplicables outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os derivados da aplicación dos Tratados Internacionais.

Artículo 10.-Normas de Xestión

1.- Os interesados na obtención dunha licenza de obras ou urbanística virán obrigados a presentar no Rexistro Xeral do Concello a oportuna solicitude, acompañada do proxecto visado polo Colexio Oficial respectivo, especificando a natureza da obra, lugar de emprazamento, importe estimado desta, medicións e destino.

2.-Cando se trate de licenza para aqueles actos nos que, de conformidade coa normativa estatal, autonómica e local aplicable, non sexa esixible a formulación de proxecto subscrito por técnico competente, acompañarase á solicitude un presuposto das obras a realizar así como unha descripción precisa da superficie afectada, materiais a empregar, e en xeral, das características da obra ou acto, os datos da cal permitan comprobar o seu custo.

3.-Se despois de formulada a solicitude de licenza se modificase ou ampliase o proxecto, deberá poñerse en coñecemento da administración municipal, acompañando o novo presuposto ou o reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación.

Artículo 11.-Liquidación, Notificación e Ingreso

1.-Á vista da documentación presentada polos interesados, previo estudio e valoración desta pola oficina técnica municipal, practicarase liquidación provisional tomando como base impoñible para esta liquidación o presuposto presentado polos interesados, sempre que estivera visado polo Colexio Oficial correspondente cando isto constitúa un requisito preceptivo. Noutro caso, a base impoñible será determinada pola oficina técnica municipal en función do presuposto, memoria ou datos subministrados polo suxeito pasivo, se isto fora posible, ou en función dos módulos previstos na presente ordenanza, e que figuran como anexo dela.

2.- Á vista das construcións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do seu custo real efectivo, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base impoñible a que se refire o artigo 5 da presente ordenanza, practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.

3.-O ingreso realizarase nos prazos establecidos no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Artigo 12.Caducidade e duración das licenzas

1.-Consideranse caducadas as licenzas se despois de ser concedidas transcorren máis de seis meses sen dar comezo as obras, ou cando, unha vez comezadas, se interrompesen durante o devandito prazo, excepto nos casos de forza maior, que deberá ser alegada polo titular da licenza antes de que expire o referido prazo para a súa resolución posterior polo organismo concedente.

2.-Transcorrido o prazo de caducidade, quedará sen ningún valor nin efecto a autorización obtida, salvo que anticipadamente se solicite e se obteña a prórroga regulamentaria, que terá como prazo máximo o da licenza orixinaria.

Artígo 13. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será aplicable, segundo dispón o artículo 11 do RDLexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, a regulación contida nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 12 de novembro de 2004, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, continuando vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.