Índice
Fene - Ordenanza fiscal núm. 4, reguladora da taxa pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local polas entradas de vehículos a través de beirarrúas, e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, car
Publicación provisional:
06/11/2007
BOP Nº:
256
Publicación definitiva:
20/12/2007
BOP Nº:
292
Aplicable dende:
01/01/2008
ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO LEGAL.
De conformidade co previsto no artigo 57 do R D Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, , este Concello establecece a taxa pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local polas entradas de vehículos a través das beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercancias de calquera clase.
ARTIGO 2.º. FEITO IMPOÑIBLE.
Constitue o feito impoñible da taxa o aproveitamento especial que ten lugar pola entrada de vehículos a traves das beirarrúas e a reserva de via pública para aparcamentos exclusivos, carga e descarga de mercancias de calquera clase.
ARTIGO 3.º. SUXEITO PASIVO.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro, que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, conforme a algún dos supostos expresados no anterior artigo.
Terán a condición de substitutos do contribuinte, nas taxas establecidas pola utilización privativa ou o aproveitamento especial por entradas de vehiculos a través das beirarruas e pola súa construcción, mantemento, modificación ou supresión, os propietarios das fincas e locais a que den acceso ditas entradas de vehículos, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cuotas sobre os respectivos beneficiarios
ARTIGO 4.º. RESPONSABLES.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo conforme o establecido no artigo 42 da LXT.
2.-Responderán subsidiariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo conforme o establecido no artigo 43 da LXT.
3.-A responsabilidade esixirase en todo caso nos térmos e con arranxo ó procedemento previstos na nova Lei Xeral Tributaria 58/03.
ARTIGO 5.º. CUOTA TRIBUTARIA
1.-A cuota tributaria consistirá na cantidade resultante de fixar unha tarifa e calcularase dacordo cos conceptos e importes establecidos nos correspondentes números da mesma, según o seguinte:
Tarifa primeira.
Por cada entrada ó ano | Euros |
Almacens ó por maior e fábricas | 216,42 |
Empresas de transportes de viaxeiros e mercancías | 357,99 |
Establecementos de exposición e venda de vehículos automóviles | 92,69 |
Garaxes industriáis e particulares o ano: Por cada vehículo que, de conformidade coa licencia obtida, poda aparcarcar, 12.93 cun mínimo de | 39,86 |
Talleres: Mecánicos e de servicios de reparación, pintura e lavados e outros similares | 110,75 |
Outras actividades de tipo comercial: | 110,74 |
Para a aplicación da tarifa precedente, teránse en conta as seguintes normas:
a) As entradas para garaxes particulares limitaranse, nos casos das rúas con edificación en lineal mixto e mazá pechada a aquelas edificacións que se sitúen dentro de ordenación en canto a volume, neste caso según as determinacións do planeamento vixente reservandose o Concello a posibilidade de autorizacións concarácter permanente en casos excepcionais e de recoñecida necesidade, que deberá ser valorada previo informe dos servicios municipais, pola Xunta de Goberno Local.
b) Igualmente poderá concederse unha autorización permanente nos casos que ainda non axustandose a edificación á ordenación a que fai mención o apartado anterior, ésta dispoña dun mínimo de tres vehiculos censados no Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica municipal no enderezo no que se solicita o vado, perteñecentes a persoas residentes no mesmo domicilio; debendo esta condición ser mantida en todo momento para garanti-la permanencia na concesión do vado.
c) Os obrigados ó pago declararán os elementos tributarios que utilicen, especificando as características dos mesmos, e comunicando calquera variación que deba repercutir na contía da Tarifa, así como en caso de construcción de badén autorizado, dar conta á Administración da data na que remate a construcción.
Tarifa segunda.
Por cada metro lineal ou fracción de calzada a que alcance a reserva de espacio destiñada a estacionamento, ó ano:
Concepto | Euros/ml |
a) Reservas permanentes para carga e descarga | 42,68 |
b) Reservas de duración limitada: de 8 a 11 horas | 21,81 |
b) Reservas de duración limitada: de 11 a 14 horas | 42,68 |
b) Reservas de duración limitada: de 14 a 16 horas | 20,37 |
b) Reservas de duración limitada: de 16 a 19 horas | 42,89 |
Tarifa terceira.
Euros | |
Reserva parada para transporte lixeiro, ó ano por cada un | 84.23 |
Tarifa cuarta.
Reserva de espacio con carácter temporal, por m.l. ou fracción de calzada | Euros |
a) Servicio de mudanzas, día cun mínimo de 29.67 € | 5,08 |
b) Vehículos de exposición, día | 11,66 |
c) Outros usos, día (cun mínimo de 11.34 €) | 1,95 |
Tarifa quinta.
Por unidade | Euros |
Por cada peche de rúa | 158.31 |
As reservas estarán sinalizadas coas placas que subministrará o Concello ó precio de custe das mesmas.
2.-Cando a utilización privativa ou o aproveitamento especial leve aparellada a destrucción ou deterioro do dominio público local, o beneficiario, sen perxuicio do pago da taxa a que houbera lugar,estará obrigado ó reintegro do custe total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación e ó depósito previo do seu importe, según á conta que formule a oficina técnica municipal.
Si os danos foran irreparables, a entidade será indemnizada en contía igual ó valor dos bens destruídos ou a o importe do deterioro dos danados.
O Concello non poderá condonar total ou parcialmente as indemnizacións e reintegros a que se refire o presente apartado.
ARTIGO 6.º. NORMAS DE XESTION, ADMINISTRACION E COBRANZA
1.-As persoas ou entidades interesadas na concesión da utilización privativa ou do aproveitamento especial do dominio público local regulado nesta Ordenanza, terán que solicitar previamente a correspondente licencia e formular declaración na que consten as características do aproveitamento, acompañando un plano da superficie que se pretende utilizar e da súa situación dentro do municipio.
2.-No momento de presentación da solicitude efectuarase unha liquidación provisoira que terá carácter de depósito previo e se elevará a definitivo unha vez concedida a correspondente licencia ou autorización, previas as comprobacións que procederan por parte dos servicios municipais.
3.-Os servicios técnicos do Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non atopar diferencias coas peticións de licencias; si se diran diferencias, notificaranse as mesmas ós interesados, concedendose as autorizacións unha vez subsanadas.
4.-As cantidades esixibles con arranxo as tarifas, liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán prorrateables por trimestres naturais respecto dos períodos sinalados nos respectivos epígrafes no caso de que o aproveitamento sexa periódico.
5.-Consideraranse caducadas as licencias si, despois de concedidas, trancorriran trinta dias sin ter comenzado o aproveitamento, que deberá realizarse sin interrupción unha vez iniciado, agas que se especifique outro prazo na resolución de concesión da respectiva licencia.
6.-Autorizada a licencia, para a utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local para entradas de vehículos a través de beirarrúas, entenderase ésta prorrogada automáticamente mentras non se solicita a baixa polo interesado, ou se declare a súa caducidade.
A presentación da baixa surtirá efectos a partires do día primeiro do período natural de tempo seguinte a aquel no que se causa dita baixa.
A non presentación da baixa, determinará a obriga de seguir aboando a taxa.
ARTIGO 7.º. DEVENGO
1.-A obriga de pago nace:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública: cando se inicie o uso, si ben no momento en que se presente a solicitude que inicie a actuación ou o expediente deberá realizarse o depósito previo total da liquidación.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados: cando a natureza material da taxa esixa o devengo periódico desta, o mesmo terá lugar o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese na utilización privativa ou no aproveitamento especial, en cuio caso o período impositivo se axustará a esa circunstancia co conseguinte prorrateo da cuota, que se realizará por trimestres naturais.
Cando por causas non imputables ó suxeito pasivo, o dereito a utilización ou aproveitamento do dominio público non se preste ou desenrole, procederá a devolución do importe correspondente.
2.-O pago da taxa efectuarase:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos: por ingreso directo na Caixa da Tesourería Municipal, na entidade bancaria correspondente ou donde establecera o Concello, con anterioridade á entrega da correspondente licencia ou autorización.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados: unha vez incluídos nos padróns ou matrículas da taxa por períodos anuais, nas oficinas de Recadación, ou por domiciliación bancaria no período de cobranza que se estableza ó efecto.
ARTIGO 8.º. EXENCIONS E BONIFICACIONS
1.-O Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades locais non estarán obrigadas ó pago da taxa cando solicitaren licencia para disfruta dos aproveitamentos especiais referidos no artigo 1 desta Ordenanza, sempre que sexan necesarios para os servicios públicos de comunicacións que exploten directamente e para outros usos que inmediatamente interesen a seguridade cidadán ou a defensa nacional.
2.-Non se aplicarán bonificacións nin reduccións para a determinación da débeda, respecto da taxa regulada pola presente ordenanza.
ARTIGO 9.º. NOTIFICACIONS DAS TAXAS
Nos supostos de aproveitamentos especiais continuados a taxa que ten carácter periódico, notificarase persoalmente ó solicitante o alta no rexistro de contribuintes. A taxa de exercicios sucesivos notificarase colectivamente, mediante a exposición pública do padrón no taboeiro de anuncios do Concello, polo período que se publicará no Boletín Oficial da Provincial.
ARTIGO 10.º. INFRACCIONS E SANCIONS
As infraccións e sancións en materia tributaria rexiranse polo disposto nos artigos 181 e seguintes da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro e a sua normativa de desenrolo, e o que dispoña a Ordenanza Xeral de Inspeccion, Xestion e Recadación
DISPOSICION FINAL. APROBACION E VIXENCIA
1.-A presente Ordenanza, que consta de dez artigos e unha disposición final entrará en vigor o día da súa publicación no ¿Boletin Oficial da Provincia", e será de aplicación no exercicio de 2008, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derogación.