Santa Comba - Ordenanza Fiscal nº 25, reguladora da taxa por emisión de documentos administrativos
ARTIGO 1.- Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do R.D.L. 2/2004, de 5 de Marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa pola expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, que nas súas normas atende ó previsto no artigo 57 do citado R.D.L. 2/2004 e polo previsto na Ordenanza Xeral de Xestión, Recadación e Inspección dos tributos locais.
ARTIGO 2.-Feito imponible e supostos de exención.
1.- Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade administrativa desenrolada con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expidan e de expedientes dos que entenda a Administración ou Autoridades Municipais, se ben só se gravarán aqueles para os que se regula a tarifa no artigo 6 desta Ordenanza.
2.- A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.
3.- Non estará suxeita a esta Taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigacións fiscaís, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos e os recursos administrativos contra resolucións muncipais de calquera índole.
ARTIGO 3.- Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas fisicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou en que redunde o interese da tramitación do documento ou expediente do que se trate.
ARTIGO 4.- Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas ou entidades que se recollen no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria e co alcance que sinala dito artigo.
ARTIGO 5.- Cota tributaria.
1.- A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa Tarifa que contén o artigo seguinte.
2.- A cota da Tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a sua resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.
ARTIGO 6.- Tarifa.
A tarifa á que se refire o artigo anterior estructúrase nos seguintes epígrafes:
Epígrafe 1.- Dereitos de exame:
- Exame para prazas do grupo A ou asimilado: 50,00 euros.
- Exame para prazas do grupo B ou asimilado: 40,00 euros.
- Exame para prazas do grupo C ou asimilado: 30,00 euros.
- Exame para prazas do grupo D ou asimilado: 20,00 euros.
- Exame para prazad do grupo E ou asimilado: 10,00 euros.
Epígrafe 2. - Expedición do carnet da biblioteca pública
- Expedición de carnet por novo socio: 3,00 euros
- Renovación anual de carnet: 3,00 euros
- Reexpedición por extravío ou destrucción: 3,00 euros
ARTIGO 7.- Bonificacións da cota.
Non se concederá bonificación algunha nos importes das cotas tributarias sinaladas na Tarifa desta Taxa, mais decláranse exentos da mesma os participantes en procesos selectivos referidos a prazas de persoal laboral temporal.
ARTIGO 8.- Devengo.
Devéngase a Taxa e nace a obrigación de contribuír cando se presente a solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo, debéndose presentar dita solicitude xunto co modelo autoliquidativo ó que fai referencia o artigo seguinte e o justificante de pago da taxa.
ARTIGO 9.- Declaración e ingreso.
1.- A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, en modelo a disposición dos interesados nas Oficinas Xerais do Concello e na Biblioteca Municipal para o caso de expedición ou renovación do carnet de socio, debendo acompañar dito modelo debidamente cumplimentado xunto co justificante de pago da taxa. Admitirase, excepcionalmente, a presentación do justificante sen o modelo cando a solicitude sexa presentada fora do termo municipal de Santa Comba, en calquera dos habilitados polo artigo 38.4 da Lei 30/1992
2.- Os escritos recibidos polos conductos ós que fai referencia o artigo 38.4 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisoriamente, pero non poderá dárselles curso sin que se subsane a deficiencia, para a cal se requerirá ó interesado para que no prazo de 10 días abone as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido o devandito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
3.- Admitirase excepcionalmente o pago directo en efectivo para o caso de expedición ou renovación do carnet de socio da Biblioteca municipal na caixa habilitada na secretaría-recepción da mesma dependencia.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza Fiscal, aprobada polo pleno do Concello en sesión de data xx de xxxxxxxx de 2006 entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 01-01-2007, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.