Lousame - ORDENANZA REGULADORA IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS.
Artigo 1º.- Fundamento e natureza.
Artigo 2º.- Feito impoñible.
2.1.- Constitúe o feito impoñible do Imposto a realización no termo municipal de Lousame, de calquer construcción, instalación ou obra para que se esixa a obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, obtivérase ou non a devandita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello.
2.2- Son construccións, instalacións e obras suxeitas ó imposto todas aquelas na que a execución implique a realización do feito impoñible definido no apartado anterior e en particular as seguintes:
a) As obras de nova planta e de ampliación de edificios, ou necesarias para a implantación, ampliación, modificación ou reforma de instalacións de calquera tipo.
b) As obras de modificación ou reforma que afecten á estructura ou aspecto exterior ou á disposición interior dos edificios, ou que incidan en calquera clase de instalacións existentes.
c) As obras provisionais.
d) As construccións, instalacións e obras realizadas na vía pública por particulares ou polas empresas subministradoras dos servizos públicos, que corresponderán tanto as obras necesarias para a apertura de calas e pozos, colocación de postes de soporte, canalizacións, conexións e, en xeral, calquera remoción do pavimento ou beirarrúas, como as necesarias para a reposición, reconstrucción ou amaño do estragado coas calas mencionadas.
e) Os movementos de terra, tales como desmontes, explanacións, excavacións, terraplenados, salvo que estes actos estean detallados e progamados como obras a executar nun proxecto de urbanización ou edificación aprobado ou autorizado.
f) As obras de peche dos solares ou dos terreos e dos valados, os andamios e as andamiaxes de precaución.
g) A nova implantación, a ampliación, a modificación, a substitución ou o cambio de emprazamento de todo tipo de instalacións técnicas dos servizos públicos calquera que sexa o seu emprazamento.
h) Os usos e instalacións de carácter provisorio.
i) A instalación, reforma ou calquera outra modificación dos soportes ou valados que teñan publicidade ou propaganda.
j) As instalacións subterráneas dedicadas os aparcamentos, as actividades industriais, mercantís ou profesionais, ós servicios públicos ou a calquera outro uso ó que se destine o subsolo.
k) A realización de calquera outra actuación establecida polo Plan de Ordenación ou polas ordenanzas que lle sexan aplicables como suxeitas a licencia municipal, sempre que se trate de construccións, instalacións, ou obras.
l) Derrubamentos.
m) As que se realicen en cemiterios.
n) Calquera outra construcción, instalación ou obra que precise de licencia de obra ou urbanística.
2.3.- Quedan tamén incluídas no feito impoñible do imposto, as construccións, instalacións e obras que se realicen en cumprimento dunha orde de execución municipal ou aquela outras que requiran previa existencia dun acordo aprobatorio ou dunha concesión. Nestes supostos a licencia aludida no apartado 1, considerase outorgada unha vez dictada a orde de execución, adoptado o acordo ou adxudicada a concesión polos órganos municipais competentes, con cumprimento da tramitación perceptiva, e legalmente notificado o acto administrativo o interesado.
Artigo 3º.- Supostos de non suxeición.
Non estarán suxeitas ao imposto regulado na presente ordenanza:
a) As construccións, instalacións e obras que debendo ser entregadas ó Patrimonio Municipal, fosen executadas por outras administracións públicas en virtude de convenio de colaboración ou cooperación co Concello.
b) As construccións, instalacións, e obras realizadas por entidades de interese público ou asociacións veciñais en bens de uso ou servicio público municipal, coa autorización previa do órgano correspondente.
c) As obras que consistan en construcción ou reconstrucción de muros, como consecuencia da necesidade de ensanche das vías públicas no caso de que fose efectuada a cesión gratuíta dos terreos polos propietarios.
d) A execución de obras de urbanización realizadas polos propietarios afectados, sempre e cando se entreguen posteriormente ó patrimonio municipal.
e) As obras realizadas nos centros públicos e nos centros privados concertados sempre que estas se realicen nos niveis de educación obrigatoria.
Artigo 4º.- Exencións.
Está exenta do pagamento do imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado as Comunidades Autónomas ou as entidades locais que estando suxeitas a este, sexan directamente destinadas a estradas, ferrocarrís portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamentos de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto si trata de obras de inversión nova como de conservación.
A concesión ou denegación da exención será efectuada pola Xunta de Gobemo Local, previo informe dos servicios económicos.
Artigo 5º .- Suxeitos pasivos e substitutos do contribuínte.
5.1.- Son suxeitos pasivos deste imposto a título de contribuínte as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/ 2003 de 17 de decembro, que sexan donos das construccións, instalacións ou obras, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realicen aquelas.
Os efectos deste punto terán a consideración de donos das construccións, instalacións ou obras quen soporte os gastos ou custos que comporten a súa realización.
5.2.- Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte, no caso de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte, quen solicite as correspondentes licencias ou realice as construccións, instalacións ou obras.
Para a aplicación deste apartado considérase substituto de primeiro grado ó solicitante da licencia e contra este obrigado exercitarase a acción administrativa dirixida ó cobro do imposto. Cando non exista solicitude de licencia esixirase a presentación da declaración e o ingreso, á empresa que realice a construcción, instalación ou obra.
5.3.- O substituto poderá esixir o contribuínte o importe da cuota tributaria satisfeita.
Artigo 6º.- Base impoñible.
A base impoñible do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra; e se entende por tal a estes efectos, o custo de execución material de aquela.
Non formarán parte de dita base o imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construcción, instalación ou obra, nin os honorarios profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que integre o custo de execución material.
Artigo 7º.- Tipo de gravame e cota tributaria.
Artigo 8º.- Devengo do imposto.
8.1.- A obriga de contribuír nace no intre de escomenza-la construcción, instalación ou obra, mesmo nos casos en que se escomence sen ter obtido a licencia que proceda.
8.2.- ós efectos deste imposto, entenderanse iniciadas as construccións instalacións ou obras, salvo proba en contrario, cando fora concedida a perceptiva licencia municipal; no momento que sexa retirada a devandita licencia polo interesado ou o seu representante, ou noutro caso, ó mes da data do Decreto ou do acordo da Xunta de Goberno Local.
Artigo 9º.- Bonificacións.
9.1.- Establécese un beneficio fiscal do 95 % da cota para construccións, instalacións e obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas o de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Acordarase previa solicitude do suxeito pasivo acompañada de memoria na que se motive o especial interese ou utilidade municipal.
No caso recollido neste caso, a concesión do beneficio fiscal, así coma a declaración de especial interese ou utilidade municipal, corresponderá ó Pleno da Corporación por maioría simple dos seus membros.
9.2.- Establécese unha bonificación a favor das construccións, instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para o autoconsumo. A aplicación desta bonificación estará condicionada a que as instalacións para a producción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente.
A bonificación establécese no 25% dos gastos de execución material dos sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía a deducir da cota integra do imposto, sen que en ningún caso a deducción poida exceder da porcentaxe do 50% da cota.
O suxeito pasivo deberá aportar xunto coa solicitude de licencia, o proxecto técnico visado polo Colexio Oficial correspondente, acreditativo da incorporación a construcción, instalación ou obra de instalacións de enerxía solar térmica ou enerxía solar fotovoltaica para o autoconsumo, así como da homologación dos colectores empregados para a producción de calor.
9.3.- Establécese unha bonificación do 30% a favor das construccións instalacións ou obras referentes a actuacións protexidas en materia de vivenda, de conformidade co disposto no Decreto da Xunta de Galicia 199/2002, do 6 de xuño e demais normativa estatal e autonómica na materia.
Para o goce da mesma o suxeito pasivo, deberá aportar no momento previo á retirada da licencia, a cédula de cualificación provisional como VPO emitida polo Instituto Galego de Vivenda e Solo ou declaración ou visado emitido polo mesmo Instituto considerando protexida a actuación en que consiste a construcción, instalación ou obra.
9.4.- Establécese unha bonificación a favor das construccións, instalación e obras que, en edificacións e instalacións xa existentes favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados. A bonificación establecese no 90% dos gastos de execución material das obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados a deducir da cota íntegra do imposto.
9.5.- As bonificacións previstas neste artigo esixirán:
a) Solicitude do interesado.
b) Informe dos servicios municipais correspondentes (Urbanismo, Cultura, Medio Ambiente, Servicios Sociais).
c) Acordo da Xunta de Gobemo Local e no seu caso do Pleno.
As solicitudes de bonificacións incluídas neste artigo deberán presentarse coincidindo coa solicitude das correspondentes licencias.
9.6.- As bonificacións aplicaranse sobre a cota íntegra do imposto, serán incompatibles entre sí, as establecidas no apartado 9.1 e 9.4 deste artigo.
Nos caso dos apartados 9.2 e 9.3 poderanse aplicar bonificacións de xeito acumulativo, non podendo exceder do 75% da cota íntegra.
Artigo 10.- Normas de xestión.
10.1.- Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar solicitude de licencia urbanística, acompañada dos correspondentes presupostos, nos casos que sinala a normativa aplicable ó solo e a edificación, tanto estatal, coma autonómica ou local. A solicitude de licencia urbanística terá o valor de declaración tributaria, por canto dos presupostos que acompañan a aquela deducirase a base impoñible do imposto. De non mediar solicitude de licencia antes do inicio das obras, a conducta, sen prexuízo das súas repercusións urbanísticas, constituirá unha infracción tributaria, segundo o disposto no artigo 11 desta ordenanza.
10.2.- Concedida a licencia ou adoptado o acordo aprobatorio ou autorización en relación coas construccións, instalacións ou obras que se realicen en cumprimento dunha orde de execución municipal e, en todo caso, no prazo máximo dun mesa partir do momento no que se inicia a construcción, instalación ou obra, incluso cando non fose solicitada, concedida ou denegada aínda a devandita licencia, o suxeito pasivo estará obrigado a abona-la liquidación pertinente nos prazos establecidos no artigo 62.2 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, sen que o pagamento comporte ningún acto declarativo de dereito a prol daqueles.
A base impoñible para esta liquidación determinarase en función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo estivera visado polo Colexio Oficial correspondente cundo elo constitúa requisito perceptivo. Noutro caso, a base impoñible será determinada pola oficina técnica municipal.
10.3.- O pagamento da liquidación practicada terá carácter provisorio e será da conta da liquidación definitiva que se practique unha vez rematadas as construccións, instalacións ou obras.
10.4.- Tendo en conta a obra realizada e o seu custo real e efectivo, o Concello, poderá modifica-la base impofible á que se refiren os apartados anteriores, facendo a correspondente liquidación definitiva, e esixindo ou reintegrando o suxeito pasivo a cantidade que resulte.
Para estes efectos e no caso que se modificara o proxecto inicial das construccións, instalacións ou obras e se incrementara o presuposto, unha vez aceptada a modificación pola Administración municipal, os suxeitos pasivos, están obrigados a face-lo ingreso da liquidación complementaria pola diferencia entre o presuposto inicial e o modificado co suxeición os prazos, requisitos e efectos indicados nos apartados anteriores.
10.5.- No caso de que non se executen as construccións, instalacións ou obras, o interesado terá dereito á devolución do ingresado, unha vez que se formule a renuncia expresa a licencia ou caducara a licencia.
10.6.- No suposto de licencias concedidas en virtude da aplicación das normas sobre silencio administrativo, o pagamento do imposto deberá de realizarse antes de dar comezo as obras.
Artigo 11.- Infraccións e sancións.
Disposición derradeira.
ANEXO
CADRO DE MÓDULOS PARA O CÁLCULO DE PRESUPOSTOS DE OBRA A EFECTOS DE LIQUIDACIÓN DO IMPOSTO.
OBRAS MENORES | |||
1 | SUMIDOIROS | Valor estimado. EUROS | 2% (TIPO) EUROS |
Ud. | Filtro biolóxico compacto | 700.00 | 14.00 |
2 | REFORMAS INTERIORES |
|
|
M2 | Cuarto de baño reforma interior | 360,00 | 7,20 |
M2 | Reforma interior | 300.00 | 6.00 |
3 | POZOS |
|
|
Ud. | Pozo de barrena tipo | 1.200 | 24.00 |
4 | PECHES |
|
|
M2 | Peche bloques ou ladrillos revestidos | 40,00 | 0,80 |
M2 | Peche de pedra, perpiaño ou mampostería | 60,00 | 1,20 |
M2 | Peche formigón (acabado pintado) | 40,00 | 0,80 |
M2 | Peche malla metálica forrada con postes | 30,00 | 0,60 |
M2 | Muro de contención ata 1,5 metros de altura (acabado pintado) | 50,00 | 1,00 |
5. | REVESTIMIENTOS |
|
|
M2 | Enfoscados | 8,00 | 0,16 |
M2 | Chapado de pedra tradicional | 50,00 | 1,00 |
M2 | Pintura exterior | 5,00 | 0,10 |
M2 | Encintado cantería | 15,00 | 0,30 |
6. | CONDUCTOS |
|
|
Ml | Cheminea ó exterior | 120,00 | 2,40 |
Ud. | Enganche a saneamento | 250,00 | 5,00 |
Ml. | Canalóns e baixantes | 22,00 | 0,44 |
7. | CARPINTERÍA |
|
|
M2 | Carpintería exterior con apertura de ocos | 300,00 | 6,00 |
M2 | Carpintería exterior | 250,00 | 5,00 |
8. | GALPÓNS |
|
|
M2 | Galpón de bloques ( ata 30 m2), revestidos e pintados | 100,00 | 2,00 |
M2 | Galpón de pedra (ata 30 m2) | 150,00 | 3,00 |
9. | TELLADOS |
|
|
M2 | Reposición de cuberta con tella | 15,00 | 0,30 |
M2 | Reposición de cuberta con fibrocemento e tella | 40,00 | 0,80 |
M2 | Reposición de cuberta con viguetas, fibrocemento e tella | 45,00 | 0,90 |
10. | VARIOS |
|
|
M3 | Desmontes e recheos ata 50 m3 | 5,00 | 0,10 |
Ml | Salvacunetas e pasos de formigón diámetro 40 cm | 25,00 | 0,50 |
M2 | Beirarrúas, pavimentacións exteriores, rampas de acceso. | 15,00 | 0,30 |
Ml | Salvacunetas e pasos de formigón diámetro 60 cm | 30,00 | 0,60 |
Norma xeral: Para o caso de que o suposto presentado non se axuste estrictamente ós módulos deste cadro, actuarase, ben por similitude o no seu defecto a base imponible será determinada polo Técnico Municipal, de acordo co custe estimado da construcción, instalación ou obra.