Muros - TAXA POR TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES E DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS
Artigo 1. - Fundamento legal.
Artigo 2. - Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos e expedientes que sexan competencia da Corporación.
2. Para estes efectos, enténdese como tramitado por petición de parte calquera documento ou expediente administrativo que fose promovido polo interesado ou que lle beneficie, aínda que el non o soliciara expresamente.
3. Non estará suxeita a esta Taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento das obrigas fiscais, así coma as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servicios ou realización de actividades de competencia municipal e á utilización privativa ou aproveitamento especial de bens do dominio público municipal, que estén gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa prezo público por este Concello.
Artigo 3. - Suxeito pasivo.
Artigo 4. - Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xuridicas os que se refire o artigo 42 da LXT
2. Serán responsables subsidiarios as persoas físicas e xurídicas nos casos e coa extensión que sinala o artigo 43 da LXT.
Artigo 5. - Cota tributaria.
A cota tributaria será unha cantidade fixa que se determina en función da natureza e contido dos documentos ou expedientes administrativos, de conformidade co seguinte cadro de tarifas:
Epígrafe 1º.- Padrón de habitantes.
- Certificación de datos do padrón, 2 euros
- Certificación de convivencia e de residencia, 2 euros
- Fe de vida, 2 euros
Epígrafe 2º.- Certificacións e compulsas.
- Certificación de acordos e documentos, 2 euros
- Compulsa de documentos, 2 euros
Epígrafe 3º.- Documentos e expedientes urbanísticos.
- Expediente de declaración de ruina de edificios, 80 euros
- Certificación de servicios urbanísticos, 7 euros
- Informe ou calificación urbanística, 35 euros
- Certificacións de situación urbanística para os efectos de notaría ou rexistro de propiedade, 18 euros
- Informes dos servicios técnicos municipais, 7 euros
- Copia certificada de planos, 2 euros
Epígrafe 4º.- Certificacións do punto de información catastral.
- Certificación oficial negativa, 3 euros
- Certificación descritiva ou certificación gráfica, 6euros
- Certificación oficial, gráfica e descritiva, 10 euros
- Certificación oficial, gráfica e descritiva con lindeiros, 12 euros
Epígrafe 5º.- Outros documentos.
- Actas de declaracións ,informacións e autorizacións, 3 euros
- Informes e valoracións técnicas, 7 euros
- Visado ou autenticación de documentos, 2 euros
- Fotocopia de documentos 0,20 euros
- Certificación dé exposición, 7 euros
- Calquera outro documento non expresamente tarifado, 2 euros
Artigo 6. - Vindicación.
1. A taxa vindicarase cando se presente a solicitude que-inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ao tributo.
2. Nos casos a que se refire o artigo 2.2, a vindicación producirase cando teñan lugar as circunstancias que proben a actuación municipal de oficio ou cundo ésta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.
Artigo 7. - Declaración e ingreso.
Esixirase o pagamento da taxa no momento de entrega ou notificación do documento ou cundo se realice a tramitación do expediente que a orixine.
Artigo 8.- Infraccións e sancións.
No tocante á calificación de infraccións e á imposición de sancións tributarias, estarase ao disposto nos artigos 181 e seguintes da LXT.
DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA
MODIFICACIÓNS DO IMPOSTO
As modificacións que se introduzan no regulación deste tributo polos leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra leí ou disposición e que sexan de aplicación directa producirán, se é o caso, a correspondente modificación tácita desta ordenanza fiscal.
DISPOSICIÓN FINAL
Esta ordenanza fiscal entrará en vigor logo de que se publique enteiramente o seu texto no Boletín oficial da provincia e transcorra o prazo de quince dios ó que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local."