Carnota - IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
Artigo 1.º . Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e 106 de la Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora de las bases do réxime local, e dos artigos 15.1 e 59.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, este Concello establece o Imposto sobre construccións, instalacións e obras, que se rexerá polo disposto na devandita lei e pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.º . Feito impoñible
1.-Constitúe o feito imponible do Imposto a realización no termo municipal de Carnota, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, obtivérase ou non a devandita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello.
2.-Son construccións, instalacións e obras suxeitas ó imposto todas aquelas na que a execución implique a realización do feito impoñible definido no apartado anterior; i en particular as seguintes:
a) As obras da nova planta e de ampliación de edificios, ou necesarias para a implantación, ampliación, modificación ou reforma de instalacións de calquera tipo.
b) As obras de modificación ou de reforma que afecten a estructura, o aspecto exterior ou a disposición interior dos edificios, ou que incidan en calquera clase de instalacións existentes.
c) As obras provisionais.
d) A construcción de vaos para a entrada e saída de vehículos das fincas na vía pública.
e) As construccións, instalacións e obras realizadas na vía pública por particulares ou polas empresas subministradoras de servicios públicos, que corresponderán tanto as obras necesarias para a apertura de calas e pozos, colocación de postes de soporte, canalizacións, conexións e, en xeral, calquera remoción do pavimento ou beirarrúas, como as necesarias para a reposición, reconstrucción ou amaño do estragado coas calas mencionadas.
f) Os movementos de terra, tales como desmontes, explanacións, escavacións, terraplenados, salvo que estes actos estean detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización ou edificación aprobado ou autorizado.
g) As obras de peche dos solares ou dos terreos e dos valados, os andamios e as andamiaxes de precaución.
h) A nova implantación, a ampliación, a modificación, a substitución ou o cambio de emprazamento de todo tipo de instalacións técnicas dos servicios públicos, calquera que sexa seu emprazamento.
i) Os usos e instalacións de carácter provisorio.
l) A instalación, reforma ou calquera outra modificación dos soportes ou valados que teñan publicidade ou propaganda.
ll) As instalacións subterráneas dedicadas ós aparcamentos, as actividades industriais, mercantís ou profesionais, ós servicios públicos ou a calquera outro uso a que se destine o subsolo.
m) A realización de calquera outra actuación establecida polos plans de ordenación ou polas ordenanzas que lles sexan aplicables como suxeitas a licencia municipais, sempre que se trate de construccións, instalacións ou obras.
n) Derrubamentos.
ñ) Aliñacións e rasantes.
o) As que se realicen en cemiterios.
p) Calquera outra construcción, instalación ou obra que precise licencia de obra o urbanística.
3.-Quedan tamén incluídas no feito imponible do imposto, as construccións, instalacións e obras que se realicen en cumprimento dunha orde de execución municipal ou aquelas outras que requiran a previa existencia dun acordo aprobatorio ou dunha concesión. Nestes supostos a licencia aludida no apartado 1, considerarase outorgada unha vez dictada a orde de execución, adoptado o acordo ou adxudicada a concesión polos órganos municipais competentes, con cumprimento da tramitación preceptiva, e legalmente notificado o acto administrativo o interesado.
Artigo 3º . Supostos de non suxeición
Non estarán suxeitas ao imposto regulado na presente ordenanza:
a) As obras, construccións e instalacións que, debendo ser entregadas ao Patrimonio Municipal, fosen executadas por outras administracións públicas en virtude de convenio de colaboración ou cooperación co Concello.
b) as obras, construccións e instalacións realizadas por entidades de interese público ou asociacións veciñais en bens de uso ou servicio público municipal, coa autorización previa do órgano correspondente.
c) as obras que consistan en construcción e reconstrucción de muros, como consecuencia da necesidade de ensanche das vías públicas se efectouse a cesión gratuita dos terreos polos propietarios.
d) as obras, construccións e instalacións que promovan dentro do termo municipal de ..... a Mancomunidade de Concellos.
e) A execución de obras de urbanización realizadas polos propietarios afectados, sempre e cando se entreguen posteriormente ao Patrimonio municipal.
f) as obras realizadas nos centros públicos e nos centros privados concertados sempre que éstas se realicen nos niveis de educación obrigatoria.
Artigo 4º . Exencións
Esta exenta do pagamento do imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, as comunidades autónomas ou as entidades locais, que estando suxeitas a éste, sexan directamente destinadas a carreteiras, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamentos de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto se se trata de obras de inversión nova como de conservación.
A concesión ou denegación da exención será efectuada pola Xunta de Goberno Local, previo informe dos servicios económicos.
Artigo 5.º . Suxeitos pasivos e substitutos do contribuínte
l.-Son suxeitos pasivos deste imposto a título de contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58 / de 28 de decembro, que sexan donos das construccións, instalacións ou obras, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realicen aquelas.
Os efectos deste punto terán a consideración de donos das construccións instalacións ou obras quen soporten os gastos ou costos que comporten a súa realización.
2.-Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte, no caso de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte, quen soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras.
Para a aplicación deste apartado considerarase substituto de primeiro grado ao solicitante da licencia e contra este obrigado exercitarase a acción administrativa dirixida ao cobro do imposto. Cando non exista solicitude de licencia esixirase a presentación da declaración e o ingreso, á empresa que realice a construcción, instalación ou obra.
3.-O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.
Artigo 6.º . Base impoñible
A base impoñible do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra; e se entende por tal, a estes efectos, o custo de execución material de aquela
Non formarán parte de dita base o imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construcción, instalación ou obra, nin os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista.
Artigo 7.º . Tipo de gravame e cota tributaria
1.-A cota íntegra do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible os seguintes tipos de gravame:
-Presuposto de 0 a 30.050,60 euros : 2 %
-Presuposto de 30.050,61 a 60.101,20 euros : 2,5 %
-Presuposto de 60.101,21 ata 90.151,81 euros : 2,8 %
- Presuposto de 90.151,82 euros ata 120.202,42 euros : 3,5 %
- Presuposto de máis de 120.202,42 euros en adiante : 4 %.
2.-A cota liquida do Imposto será, no seu caso, o resultado de aplicar a cota as bonificacións que establecesen no artigo 9.º desta ordenanza.
Artigo 8.º . Devengo do imposto
1.-A obriga de contribuír nace no intre de se escomeza-la construcción, instalación ou obra, mesmo nos casos en que escomece sen ter obtido a licencia que proceda.
2.-Os efectos de este imposto, entenderanse iniciadas as construccións, instalacións ou obras, salvo proba en contrario, cando fora concedida a preceptiva licencia municipal; no momento no que sexa retirada a devandita licencia polo interesado ou o seu representante, ou noutro caso, ó mes da data do Decreto ou do acordo da Xunta de Goberno Local
Artigo 9.º . Bonificacións
1.- a) Establecese un beneficio fiscal do 90% da cota para instalacións, construccións e obras promovidas directamente por outras administracións públicas e destinadas ao equipamento comunitario primeiro, sempre e cando non estea prevista a súa repercusión no prego de condicións que rexa para a contratación da obra.
b) Terán unha bonificación do 50% da cota as construccions, instalacións e obras, realizadas por asociacións sen ánimo de lucro, en centros destinados a asistencia e integración social ou desenvolvemento de actividades culturais de libre acceso e participación. Para acceder a esta bonificación será necesario acompañar á solicitude cos estatutos da asociación debidamente rexistrados, así como unha memoria explicativa da actividade que se vai desenvolver no local. A inactividade por un prazo superior a 6 meses ou o cambio de actividade nos locais dentro dos cinco anos seguintes ao otorgamento do beneficio darán lugar á perda da bonificación e liquidaranse as cantidades bonificadas oca aplicación dos xuros de demora correspondentes.
c) Establécese ademais unha bonificación do 30% a favor doutras construccións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. A concesión da mesma requirirá informe ou memoria motivadora do especial interese ou utilidade municipal.
En todos os casos recollidos nas letras anteriores a concesión do beneficio fiscal, así como a declaración de especial interese o utilidade municipal referida na letra c), corresponderá o Pleno da Corporación por maioría simple dos seus membros.
2.-Establécese unha bonificación a favor das construccións, instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo. A aplicación desta bonificación estará condicionada a que as instalacións para producción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente.
A bonificación establécese no 25% dos gastos de execución material dos sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar, a deducir da cota íntegra do imposto, sen que en ningún caso a deducción poida exceder da porcentaxe do 50% da cota.
O suxeito pasivo deberá aportar, xunto coa solicitude da licencia, o proxecto técnico visado polo Colexio Oficial correspondente, acreditativo da incorporación á construcción, instalación ou obra de instalacións de enerxía solar térmica ou de enerxía solar fotovoltaica para autoconsumo, así como da homologación dos colectores empregados para a producción de calor.
3.-Establécese unha bonificación do 30 % a favor das construccións, instalacións ou obras referentes a actuacións protexidas en materia de vivenda, de conformidade co disposto no Decreto da Xunta de Galicia 199/2002, do 6 de xuño e demais normativa estatal i autonómica sobre a materia.
Para o goce da mesma, o suxeito pasivo deberá aportar, no momento previo á retirada da licencia, a cédula de cualificación provisional como VPO emitida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo ou declaración ou visado emitido polo mesmo Instituto considerando protexida a actuación en que consiste a construcción, instalación ou obra.
4.-Establécese unha bonificación a favor das construccións, instalacións e obras que, en edificacións e instalacións xa existentes, favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados. A bonificación establécese no 10% dos gastos de execución material das obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados, a deducir da cota íntegra do imposto, sen que en ningún caso a deducción poida exceder da porcentaxe do 30% da cota.
5.-As bonifieacións previstas neste artigo esixirán:
a) Solicitude do interesado
b) Informe dos Servicios municipais correspondentes (Urbanismo, Cultura, Emprego, Medioambiente) e, en todo caso, informe do Servicio de xestión, recadación e inspección tributaria do Concello
c) Acordo da Xunta de Goberno Local e, no seu caso, do Pleno.
6.-As solicitudes de bonificacións incluidas neste artigo deberán presentarse coircidindo coa solicitude das correspondentes licencias.
7.-As bonificacións aplicaranse sobre a cota íntegra do imposto e serán compatibles, salvo as recollidas no apartado 1 deste artigo que serán incompatibles entre sí, e a recollida no apartado 1 a), que sera incompatible con ningunha outra. En todo caso as bonificacións aplicadas de forma acumulativa neste artigo en ningún caso poderán exceder do 75% da cota íntegra.
Artigo 10.º . Normas de gestión
1. Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar solicitude de licencia urbanística, acompañada dos correspondentes presupostos, nos casos e modos que sinala a normativa aplicable ao solo e á edificación, tanto estatal, como autonómica e local. A solicitude de licencia urbanística terá o valor de declaración tributaria, por canto dos presupostos que acompañan a aquela deducirase a base imponible do imposto. De non mediar solicitude licencia antes do inicio das obras, a conducta, ser prexuizo das süas repercusións urbanísticas, constituirá unha infracción tributaria, segundo o disposto no artigo 11 desta Ordenanza.
2. Concedida a licencia ou adoptado o acordo aprobatorio ou autorización en relación coas construccións, instalacións e obras que se realicen en cumprimento dunha orde de execución municipal e, en todo caso, no prazo máximo dun mes contado a partir do momento no que se inicie a construcción, instalación ou obra, incluso cando non fose solicitada, concedida ou denegada aínda a devandita licencia, o suxeito pasivo estará obrigado a abona-la liquidación pertinente nos prazos establecidos no artigo 62.2 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, ser que o pagamento comporte ningún tipo de acto declarativo de dereito a prol daqueles.
A base imponible para esta liquidación determinarase en función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo estivera visado polo Colexio Oficial corrrespondente cando elo constitúa un requisito preceptivo. Noutro caso, a base imponible será determinada por la oficina técnica municipal en función de los módulos previstos na presente ordenanza, e que figuran como anexo da mesma.
3.-O pagamento da liquidación practicada terá carácter provisorio e será a conta da liquidación definitiva que se practique unha vez rematadas as construccións, instalacións ou obras
4.-Tendo en conta a obra realizada e o seu custo real e efectivo, o Concello, previa comprobación, poderá modifica-la base impoñible a que se refiren os apartados anteriores, facendo a correspondente liquidación definitiva, e esixindo ou reintegrando ó suxeito pasivo a cantidade que resulte.
Para estes efectos, e no caso de que se modificara o proxecto inicial das construccións, instalacións ou obras e se incrementara o presuposto, unha vez aceptada a modificación pola Administración municipal os suxeitos pasivos están obrigados a facer o ingreso da liquidación complementaria. pola diferencia entre o presuposto inicial e o modificado con suxeición a prazos, requisitos e efectos indicados nos apartados anteriores.
5.-No caso de que non se executen as construccións, instalacións ou obras, o interesado terá dereito á devolución do ingresado, unha vez que formule renuncia expresa á licencia ou caducara a licencia.
6: Nos supostos de licencias concedidas en virtude da aplicación das normas sobre silencio administrativo, o pagamento do imposto deberá realizarse antes de dar comezo as obras.
Artigo 11.º . Infraccións e sancións
Para todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria.
Disposición derradeira
A presente Ordenanza comezará a rexer a partires do día que se aprobe definitivamente polo Pleno da Corporación, e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derogación . O acordo de aprobación definitiva desta Ordenanza polo pleno da Corporación supón a derogación da Ordenanza que ata entonces estaba en vigor.
ANEXO
l.-Obra menor:
1.1. Demolición de muros: 14,89 euros/m2.
1.2. Demolición de tabiques: 3,96 euros/m2.
1.3. Levantado de solainas: 4,33 euros/2.
1.4. Picado de azulexados e revestimentos: 5,19 euros/m2.
1.5. Demolición de forxados: 9,69 euros/m2.
1.6. Demolición completa 9,37 euros/2.
2.-Movemento de terras:
2.1. Escavación de gabias: 7,76 euros/m3.
2.2. Escavcación de vaciado: 2,14 euros/m3
2.3. Recheo de gabias: 11,12 euros/m3.
2.4. Recheo de ceo aberto: 6,42 euros/m3.
2.5. Carga e transporte de terras a vertedeiro: 4,36 euros/m3.
2.6. Tubos de canalización: 3,64 euros/m.
3.-Peches:
3.1. Peche de estacas e arame ou vexetal: 6,64 euros/m.
3.2. Peche de tea: 19,33 euros/m.
3.3. Peche de zócalo fábrica e tea: 31,11 euros/m.
3.4. Peche de fábrica h. 1 m: 23,51 euros/m.
3.5. Peche de zócalo fábrica e celosía: 44,99 euros/m.
3.6. Peche de cachotería e celosía: 72,62 euros/m.
3.7. Peche de cachotería e reixa: 34,59 euros/m.
3.8. Colocación de columna para contador da luz: 193,61 euros/ud.
4: Cuberta:
4.1. Demolición de cuberta de fibrocemento: 2,09 euros/m2.
4.2. Demolición de cuberta de tella: 3,64 euros/m2.
4.3. Cuberta de fibrocemento: 13,17 euros/m2.
4.4. Cuberta de tella: 31,11 euro s/m2.
4.5. Cieberta de lousa: 44,99 euros/m2.
4.6. Substitución de tella por fibrocemento: 17,30 euros/m2.
4.7. Substitución de tella por tella: 27,68 euros/m2.
4.8. Substitución de tella por fibrocemento e teta: 50,57 euros/m2.
5.-Albanelería:
5.1. Formigón en masa: 8,10 euros/m3.
5.2. Estructura completa de formigón armado: 57,41 euros/m2.
5.3. Estructura completa de aceiro: 62,93 euros/m2.
5.4. Estructura naves de formigón armado: 35,98 euros/m2.
5.5. Estructura naves metálica: 42,89 euros/m2
5.6. Soleira: 15,20 euros/2.
5.7. Forxado: 48,42 euros/m2.
5.8. Muro de contención de formigón armado: 51,90 euros/m2.
5.9. Muro de cachotería: 103,74 euros/m2.
5.10. Muro de bloque: 24,20 euros/m2.
5.11. Muro de ladrillo (taboquería): 12,48 euros/m2.
5.12. Cerramento de dobre folla de ladrillo: 35,93 euros/m2.
5.13. Celosía, balaustrada: 26,24 euros/m2.
5.14. Azulexado: 17,30 euros/m2.
5.15. Solaina: 24,90 euros/m2.
5.16. Enfoscado: 9,00 euros/m2.
6.-Pinturas Interior,Exterior e Obras en Fachadas
6.1.Pintura interior:34,00 euros/m2. 6.3 Repicar/limpar/encintar :20 euros/m2
6.2.Pintura exterior:34,00 euros/m2. 6.4 Revestimento pedra : 65 euros/m2
7.-Galpóns:
7.1. Galpón de bloque ou ladrillo: 141,76 euros/m2.
7.2. Galpón de madeira: 72,62 euros/m2.
8.-Carpintería:
8.1. Porta de entrada: 242,09 euros/m2.
8.2. Porta interior: 107,12 euros/ud.
8.3. Fiestra: 146,85 euros/m2.
8.4. Fiestra en plano de tellado: 152,21 euros/2.
8.5. Peche de balcóns e terrazas con galería: 138,34 euros/m2.
8.6. Reixa de seguridade e portas e fiestras: 44,99 euros/m2.
8.7. Fronte de portal: 117,61 euros m2.
9.-Instalación de fontanería e saneamento:
9.1. Instalacións en aseo (sen aparatos sanit.): 152,21 euros/ud.
9.2. Instalacións en baños (sen aparatos sanit.): 200,63 euros/ud.
9.3. Instalación de cociña: 172,89 euros/ud.
9.4. Lavado incluso billame: 172,89 euros/ud.
9.5. Inodoro: 186,75 euros/ud.
9.6. Bidé incluso billame: 141,36 euros/ud.
9.7. Bañera incluso billame: 165,98 euros/ud.
10.-Instalación de electricidade:
10.1. Instalación de electricidade: 1.245,00 euros/ud.
11: Instalación de calefacción:
11.1. Instalación. Mínimo ata 100 m2: 3.804,15/ud. 13,87 euros/m2.
12.-Pozos:
12.1. Pozo de barrena: 1.314,14 euros/ud.
12.2. Pozo artesano: 1.729,13 euros/ud.
13.-Depuración:
13.1. Fosa séptica e pozo filtrante: 1.245,00 euros/ud.
14.-Piscinas:
14.1. Piscina completa Mínimo: 10.374,89 euros/ud.
15.-Pistas:
15.1. Pista deportiva: 69,09 euros/m2.
15.2. Beirarrúa: 17,99 euros/m2.
16.-Guindastre:
16.1. Guindastre: 300 euros/ud.
17: Colocación de andamios:
17.1. Colocación de andamios: 30,00 euros/ud.
2.-Obra maior.
Relación de prezos medios de execución material (m2 construído).
Uso de vivenda en edificio de vivendas plurifamiliares: 390,08 euros/m2.
Otros usos en edificio de vivendas plurifamiliares:
(Espacios baleiros, sotos, semisotos e garaxes): 155,10 euros/m2.
Usos de vivenda unifamiliar: 465,11 euros/m2.
Outros usos en edificio de vivenda unifamiliar:
(Espacios baleiros, sotos, semisotos e garaxes): 150,59 euros/m2.
Edificios con uso exclusivo industrial.
Sen proceso productivo: 193,83 euros/m2.
Edificio con uso exclusivo terciario: 348,68 euros/m2.
Acondicionamento ou reforma de locais comerciais: 338,68 euros/m2.
Nota: no caso de que unha obra non atope un encadre directo nas distintas aquí tipificadas, aplicaráselle a tarifa que máis se aproxime por identidade de razón entre os supostos tipificados neste anexo, salvo que o suxeito pasivo aduza razóns suficientes para desestima-la valoración realizada.