Curtis - TAXA POLO SERVICIO DE RECOLLIDA DE LIXO

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 28/08/2008 BOP Nº: 199
Aplicable dende: 29/08/2008

Artigo 1º .-Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19, do texto refundido, aprobado por Real Decreto legislativo 2/204, de 5 de marzo, reguladora das facendas Locais, este Concello establece a "Taxa por recollida de Lixo", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal; tales normas atenden ó previsto no artigo 58 da citada Lei 39/1988.

Artigo 2º .-Feito imponible

1. Constitúe o feito imponible da taxa a prestación do servicio de recepción obligatoria da recollida do lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos de viviendas, aloxamentos e locais

ou establecementos onde exerzan actividades industiais, comerciais, profesionais, artísticas ou de servicios.

2. Para tal efecto, considérase lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos os restos e desperdicios de alimentación ou detritos procedentes da limpieza normal de locais ou viviendas e exclúense de tal concepto os residuos de tipo industrial, cascallos de obras, detritos humanos, materias e materiais contaminados, corrosivos, perigosos ou que a súa recollida ou verquido esixa a adopción de especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.

3. A recollida da vía pública, transporte ata o lugar de depósito, permamencia e custodia do mesmo e, no seu caso, posterior devolución, de carteis, soportes e pancartas, así como a limpieza extraordinaria dos espacios ou instalacións da vía pública que foran utilizados como soporte daqueles elementos, cando os titulares da outorización ou, a falta désta, os autores materiais da súa colocación, incumpriran as obrigacións que, respectivamente, lles impoñen as disposicións vixentes.

4. A retirada de cadáveres abandoados de animais, xa se atopen na vía pública, xa en lugar privado, o seu transporte, e o posterior tratamento hixiénico-sanitario dos mesmos.

5. A limpeza de pintadas en valados, muros, fachadas de edificios ou calquetra elemento do mobiliario urbano, cando o autor non obtivese a autorización ou que a pesar dela, cando as pintadas ou pinturas atentaran contra o omato público.

6. A limpeza e valado con cerramentos permanentes, sitos na aliñación oficial, dos terreos e solares sitos en chan urbán ou urbanizable que linden coa vía pública, cando os seus propietarios ou detentadores por calquera título non deran cumprimento ás prevencións establecidas.

7. Calquera outras actividades ou servicios que sen estar comprendidas nos números anteriores, a súa realización ou prestación pode integrarse no feito impoñible descrito no artigo 1º desta ordenanza.

Artigo 3º .-Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos, a título de contribuinte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refiere o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as viviendas e locais emprazados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nas que se preste o servicio con referencia ás manifestacións de feito impoñible recollidas no artigo anterior, se atopen nas siguientes posicións:

1º .-En relación á contido no apartado 1, 2 e 3:

Os ocupantes ou usuarios das viviendas e locais nos lugares en que se preste o servicio, aínda que sexa esporádicamente, xa o sexan a título de propietarios ou calquera outro: usufrutuarios, arrendatario, habitacionista ou mesmo de precario.

Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte, o dono das viviendas ou locais, que poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servicio

Os responsables do incumprimento das obligacións impostas polas disposicións vixentes e que coa súa conducta provocaron a intervención da administración local.

2º .-En relación á contido no apartado 4:

Os propietarios dun animal morto que fose abandoado en lugar público ou privado, cando a súa cualidade resulte de Rexistro Administrativo.

Os propietarios ou detentadores por calquera título do lugar público ou privado onde se encontrara o cadáver abandoado do animal, si non se dera a circunstancia prevista no guión anterior.

Os causantes directos da morte de animal, por atropello ou por outra acción, cando non se deducira do rexistro administrativo a identidade do propietario do animal morto.

3º .-En relación á contido no apartado 5:

As persoas ou entidades subscribintes do texto da pintada ou do motivo da pintura.

Os autores matariais das mesmas, cando non estén asinadas.

Os donos dos elementos de propiedade obxecto da limpieza das pintadas ou pinturas, cando non conste á administración local a identidade dos anteriores.

4º .-En relación á contido no partado 7:

Os suxeitos beneficiatrios ou afectados pola prestación ou realización dos servicios ou actividades.

Artigo 4º .-Responsables

1. Responderán solidatriamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiran os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos , sociedades e entidades en xeral, nos sopostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria

Artigo 5º .-Cota Tributaria

1. A cota tributaria consistirá na cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles.

2. Para tal efecto aplicarase a seguinte tarifa:

- Epígrafe 1º .-Vivendas.

Por cada vivenda (entendendo como tal a destinada a domicilio de carácter familiar e aloxamento que non excedan de dez prazas): 58 euros/ano.

- Epígrafe 2º .-Establecementos.

a) supermercados, restaurantes, hopedaxes, economatos, panaderias, cooperativas e almacéns polo xunto de froitas, verduras e hortalizas, oficinas bancarias, tallerese actividades industriais ata 10 empregados.....175 euros/ano.

b) Restaurantes, cafeterias, visquerias, "pub", bares e tabernas, salas de festa, discotecas, tendas de alimentación, peixerias, carnicerias e similares: 118 euros/anuales.

c) Oficinas, xestorias, xoreias, zapaterias, tendas de roupa, tendas en xeral e demais locais sen actividade, agás as de alimentación: 43,27 euros/ano
d) Outros locais comerciais e industriais non expresamente tarifados: 175 euros/ano

e) Fábricas e locais industriais de máis de 10 empregados: 200 euros/ano.

f) Centro penitenciario: 122.400 euros/ano.

g) Apartados 3, 4, 5 e 6 do artigo 2º : 200 euros/ano

Artigo 6º .-Devengo

1.-Devengarase a taxa e nace a obriga de contribuir dende o intre no que se inicie a prestación do servicio, etendéndose iniciada, data a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, cando estea emprazado e en funcionamento o servicio municipal de recollida do lixo domiciliario nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos contribuíntes suxeitos á taxa.

2.-Implantado e en funcionamento o servicio, a retribución terá lugar o un de xaneiro de cada ano, e o periodo impositivo comprenderá o ano antural, salvo cando noos sopostos de inicio de uso do servicio, o día de comenzo non coincida co ano natural; neste suposto as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de trimestres naturais que restan para finaliza-lo ano, inclusive o do comenzo do uso do servicio.

Asemade, e no caso de cesamento no uso do servicio, as cotas serán prorrateadas por trimestres naturais, excluído aquel no que se produza dito cesamento. Para tal fin os suxeitos pasivos poderán solicita-la devolución da parte de cota correspondente ós trimestres naturais nos que non se utilizase o servicio.

Artigo 7º .-Declaración e ingreso

1. Dentro dos trinta días hábiles seguintes á data na que se retribuirán por primeira vez a taxa, os suxeitos pasivos formalizarán a sua inscrición en matrícula, presentando, para tal efecto, a correspondente declaración de alta e ingresando simultaneamente a cota prorrateada do primeiro periodo.

2. Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación dos interesados calquera variación dos datos figurados na matrícula, levaranse a cabo nesta as modificacións correspondentes, que produciran efectos a partir do período de cobranza seguinte ó da data na que se efectúe a declaración

3. O cobramento das cotas efectuaranse anualmente, mediante recibo derivado da matrícula, que será posto ó cobramento no mes de xullo

Artigo 8º .-Infraccións e sancións

1. En todo o vencellado a infraccións tributarias e a súa cualificación, así como ás sancións ás mesmas correspondan en cada caso, aplicaranse as normas contidas na Lei Xeral Tributaria.

2. A imposición de sancións non suspenderá, en ningun caso, a liquidación e cobramento das cotas retribuidas non prescritas.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal, unha vez aprobada definitivamente, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no BOP.