Índice
Padrón - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación dos servizos do programa Concilia-Despertares
Publicación provisional:
11/07/2008
BOP Nº:
159
Publicación definitiva:
17/09/2008
BOP Nº:
215
Aplicable dende:
17/09/2008
ARTIGO 1: FUNDAMENTO E NATUREZA
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación dos servicios do Programa Concilia-Despertares, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, cuxas normas atenden ó disposto nos artigos 20 e 57 do citado Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
ARTIGO 2: FEITO IMPOÑIBLE
Constitúe o feito impoñible da taxa a inclusión no programa desenvolto polo Concello de Padrón ¿Concilia-Despertares", dirixido a todos os alumnos/as dos C.E.I.P FLAVIA e C.E.I.P ROSALÍA DE CASTRO durante a duración do curso escolar en días lectivos consistente en:
- servicio de gardería, de 7:30 horas ata o comezo do horario escolar establecido en cada centro
- servicio de almorzo para os nenos/as interesados, consistente na elaboración polos monitores/as do almorzo nas instalacións do centro educativo.
- servicio de monitorado consistente na atención ó alumnado, realización de actividades de lecer (tales como videoteca, biblioteca, xogos cooperativos, xogos de mesa e actividades deportivas) limpeza do local no que se desenvolva o servicio e información ós pais/nais ou titores e o Concello das incidencias que se produzan
ARTIGO 3: SUXEITOS PASIVOS
Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, os usuarios que se beneficien das actividades prestadas por este Concello ás que se refire o artigo anterior. En concreto, os pais, nais, titores e, en xeral, aquelas persoas que ostentan a patria potestade dos nenos/as que estean matriculados nos CEIP FLAVIA e CEIP ROSALÍA DE CASTRO.
ARTIGO 4: COTA TRIBUTARIA
A cota tributaria virá determinada pola aplicación do seguinte cadro de tarifas:
Usuarios/as fixos/as
a). Con utilización do servizo todos os días:
* Servizo de gardaría: 30 euros/mes
* Servizo de gardaría e almorzo: 40 euros/mes
b) Con utilización do servizo por días soltos:
b).1). 1 día á semana:
* Servizo de gardaría: 8 euros/mes.
* Servizo de gardaría e almorzo: 10 euros/mes
b.2). 2 días á semana:
* Servizo de gardaría: 16 euros/mes
* Servizo de gardaría e almorzo: 20 euros/mes
b.3). 3 días á semana:
* Servizo de gardaría: 24 euros/mes
* Servizo de gardaría e almorzo: 30 euros/mes
b.4). 4 días á semana:
* Servizo de gardaría: 27 euros/mes
* Servizo de gardaría e almorzo: 37 euros/mes
Usuarios/as ocasionais
* Servizo de gardaría: 2 euros/día
* Servizo de gardaría e almorzo: 2,50 euros/día
ARTIGO 5: BONIFICACIÓNS
1. Os usuarios e usuarias poderán acollerse ás seguintes bonificacións, de acordo co seguinte baremo:
A. Situación sociofamiliar:
- Familia monoparental: 6 ptos
- Familia numerosa: 4 ptos
- Dous/dúas ou máis usuarios/as do mesmo núcleo familiar: 3 ptos
- Calquera outra situación familiar susceptible de valoración: 2 ptos
B. Situación laboral-familiar:
- Familia monoparental en situación de desemprego: 6 ptos
- Familia monoparental en situación de emprego: 5 ptos
- Nai e pai en situación de desemprego (baremo por membro da unidade):
a) Sen prestación económica: 3 ptos
b) Con prestación económica: 2 ptos
C. Situación económica:
- Por renda per cápita mensual menor ou igual á pensión non contributiva: 7 ptos
- Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 75% do IPREM: 6 ptos
- Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 125% do IPREM: 5 ptos
- Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 175% do IPREM: 4 ptos
- Por renda per cápita maior ao 175% do IPREM: 3 ptos
D. Permanencia no programa:
- Por permanencia da alumna ou alumno no programa o curso anterior (todos os meses e días de duración do Programa): 2 ptos
2. Segundo as circunstancias da unidade familiar anteriormente enumeradas, a suma dos seus puntos determinará a redución aplicable, segundo a táboa seguinte:
De 18 puntos en diante: Redución do 50% das cotas.
De 15 a 18 ptos: Redución do 30% das cotas.
De 10 a 15 ptos: Redución do 15% das cotas.
Menos de 10 puntos: Sen dereito a redución.
A valoración da documentación presentada para os efectos destas reduccións, realizaranse na Comisión de Baremación, que estará integrada por:
a) Concelleiro/a responsable de Benestar Social do Concello de Padrón
b) Concelleiro/a responsable de Educación do Concello de Padrón.
c) Dous técnicoa/as dos Servizos Sociais do Concello de Padrón
d) O/a responsable do servizo municipal que o desenvolva o programa ou a persoa responsable da empresa concesionaria do servizo.
ARTIGO 6: DEVENGO
Devéngase a taxa e nace a obrigación de contribuír desde que se inicie a realización da actividade, se ben esíxese o seu depósito previo de acordo co disposto no artigo 26.1a) do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
ARTIGO 7: NORMAS DE XESTIÓN
Os usuarios admitidos no programa deberán practicar a correspondente declaración-liquidación (autoliquidación), ingresando a cantidade mensual correspondente en concepto de cota do mes corrente, de acordo coas contías previstas no artigo catro, nas entidades bancarias colaboradoras deste Concello, por adiantado, dentro dos dez primeiros días naturais de cada mes. No caso de incorporación empezado o curso, a cota verase reducida nun 50% no primeiro mes, no caso de que a incorporación se produza despóis do día quince do devandito mes.
No caso de asistencias ocasionais, os usuarios deberán adquirir nos lugares sinalados polo Concello o número de bonos individuais correspondentes, estando obrigados os usuarios/as a entregarlle á persoa responsable designada para tal efecto polo Concello en cada comedor un bono por cada día que fagan uso do servicio.
ARTIGO 8: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003 de 17 de Novembro, Xeral Tributaria, conforme ó que se establece no artigo 11 do TRLRFL (aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo)
DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA:
A presente Ordenanza Fiscal, que foi aprobada polo Pleno deste Concello en sesión celebrada o día 26 de xuño de 2008, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.