Carballo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACION DE SERVICIOS NA FEIRA DE GANDO E PRODUCTOS AGRARIOS.
ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO E REXIME.
Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de Abril, Reguladora das Beses de Réxime Local e dacordo co previsto no artigo 58 da Lei 39/88, do 28 de Decembro, Reguladora das Facendas Locais, establece a Taxa pola prestación de servicios na Feira de Gando e Productos Agrarios.
ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE.
1. O feito impoñible consiste na utilización dos servicios e instalacións do Mercado Comarcal Gandeiro e de Productos Agrarios.
2. Están suxeitos a taxas, polo tanto, tódolos actos de utilización efectiva dos servicios, bens e instalacións que se prestan no devandito mercado.
3. Os servicios que se prestan no mercado son:
a) Concesión para a utilización de locais comerciais.
b) Autorización para a utilización dos servicios do pavillón de gandos, que consisten en entrada, pesaxe e permanencia na sala de exposición.
c) Traspaso de postos fixos.
4. Tamén será obxecto desta exacción a venda en ambulancia que se realiza no Mercado e en terreos de uso público fóra do recinto do Mercado.
5. As taxas devengaranse no momento da utilización dos servicios.
ARTIGO 3º.- DEVENGO.
O tributo devengarase, o nace-la obriga de contribuir dende que teña lugar a prestación do servicio.
ARTIGO 4º.- SUXEITOS PASIVOS.
Son suxeitos pasivos, co carácter de contribuintes, as seguintes persoas:
a) As persoas naturais ou xurídicas que sexan adxudicatarias da concesión ou do traspaso dos locais comerciais.
b) Os propietarios dos animais que utilicen os servicios do pavillón de gandos.
c) As persoas que realicen a venda en ambulancia.
ARTIGO 5º.- BASE IMPOÑIBLE E LIQUIDABLE.
A base impoñible determínase:
a) Na concesión de locais destinados a actividades comerciais polo número de metros cadrados do local.
b) Na utilización dos servicios do pavillón de gandos, por cada animal que entre e día que permaneza.
c) Na venda en ambulancia os metros cadrados de ocupación.
d) Nos traspasos de locais comerciais, o valor do traspaso.
ARTIGO 6º.- COTA TRIBUTARIA.
[...]
4. Traspaso de locais comerciais:
a) O Concello terá dereito o cobramento do 20% do custo total dos traspasos de locais que autorice a Comisión de Goberno.
b) Poderanse fixar uns valores mínimos dos traspasos que servirán de base para aplicar o 20% cando ditos valores sexan superiores ós declarados polos interesados.
c) Os dereitos do 20% do custo dos traspasos serán liquidados polo sistema de depósito previo no momento en que o concesionario solicite a autorización do traspaso.
d) Están exentos do pagamento do 20% dos dereitos do traspaso, aínda que non de solicitar a correspondente autorización:
1. As transmisións de locais por actos mortis causa a prol do cónxuxe ou dos fillos.
2. As transmisións de locais, nos supostos de xubilación do titular, a prol do seu cónxuxe ou dos fillos.
e) O Concello resérvase a facultade de exercitar en vía administrativa o dereito de tanteo e retracto sobre os traspasos dos postos.
f) Os traspasos autorizados non poderán alterar o prazo da concesión fixada no momento da adxudicación, nin o canon mensual a satisfacer, nin o destino do posto.
ARTIGO 7º.- EXENCIONS, REDUCCIONS E DEMAIS BENEFICIOS LEGALMENTE APLICABLES.
ARTIGO 8º.- RECADACION E LIQUIDACION.
No suposto de xestión directa do Mercado rexirán as seguintes normas:
1. Nomearase un administrador do Mercado que se encargue do cobramento das taxas correspondentes.
2. O cobramento dos canons pola concesión de locais farase por trimestres vencidos
3. O cobramento dos demais servicios realizarase no momento da súa utilización.
4. O administrador remitirá diariamente á Alcaldía e Intervención un parte diario da Recadación co resgardo do ingreso na conta bancaria que se lle sinale.
5. O pagamento dos canons pola concesión dos postos poderá facerse ó Administrador ou directamente no Concello; o prazo para o pagamento en período voluntario é dos quince días seguintes o vencemento do trimestre. Transcorrido dito prazo procederase o seu cobramento pola vía de constriximento.
6. Os canons ou renda pola concesión dos postos será revisable cada dous anos dacordo co índice de variación do custo da vida que sinale o Instituto Nacional de Estadística.
ARTIGO 9º.- INFRACCIONS E SANCIONS TRIBUTARIAS.
1. En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.
2. No suposto de que o Concello opte pola xestión indirecta do Mercado, estarase ó que dispoña no correspondente prego de condicións para a concesión do servicio.
DISPOSICION DERRADEIRA.
Efectuada a publicación do texto íntegro da presente Ordenanza no Boletín Oficial Provincial entrará en vigor con efecto de 1 de Xaneiro de 1990 continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derogación.
Esta Ordenanza aprobouse definitivamente polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 27 de Outubro de 1989.