Melide - ORDENANZA FISCAL Nº 25, REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE LICENZAS URBANISTICAS
Artigo 1. Fundamento e natureza
Artigo 2. Feito impoñible
Artigo 3. Suxeito pasivo
1.-Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35 da Lei 58/2003, do 18 de decembro, Lei xeral tributaria (LXT), que sexan propietarios ou posuidores, ou de ser o caso, arrendatarios dos inmobles nos que se executen as obras ou se realicen as construcións ou instalaciónns.
2.-Terán a consideración de substitutos do contribuínte nas tazas establecidas polo outorgamento das licenzas urbanísticas os construtores e contratistas das obras.
Artigo 4. Responsables
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas fisicas e xurídicas ás que se refinen os artigos 41.1 e 42 da Lei xeral tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os regulados no artigo 43 da LXT, nos supostos e co alcance sinalado no dito artigo.
Artigo 5. Cota tributaria:
1.- A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza do expediente a tramitar, de acordo coa tarifa, que contén o artigo seguinte.
2.- A cota de tarifa corresponde á tramitación completa do expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.
Artigo 6. Tarifa:
A.- A tarifa a que se refire o artigo anterior estrutúrase da seguinte forma:
B.- No caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licenza, as cotas a liquidar serán o 20 por cento das sinaladas no número anterior, sempre que a actividade municipal se iniciase efectivamente.
Artigo 7. Devengo
Artigo 8. Normas de xestión
A.- DECLARACIÓN:
1.- As persoas interesadas na obtención dunha licenza de obras deberán xuntar á súa solicitude no Rexistro Xeral o certificado visado polo colexio oficial respectivo, con especificación detallada da natureza da obra e lugar de emprazamento, na que se faga constar o importe estimado da obra, medicións e destino do edificio.
2.- Cando se trate de licenza para aqueles actos en que non sexa esixible a formulación do proxecto suscrito por técnico competente, á solicitude acompañarase un orzamento das obras a realizar, como unha descrición detallada da superficie afectada, número de departamentos, materiais a emplear e, en xeral, das características da obra cuxos datos permitan comprobar o seu custo.
3.-De modificarse ou ampliarse o proxecto con posterioridade á solicitude de licenza deberá poñerse en coñecemento da Administración municipal, presentando o novo presuposto ou o reformado e os planos e memorias correspondentes.
B.- RÉXIME:
1.-As taxas por prestación de servizos urbanísticos esixiranse en réxime autoliquidación. Ao efecto, o solicitante presentará a declaración-liquidación da taxa e xustificante do ingreso da cota tributaria ao mesmo tempo que insta a solicitude de outorgamento da correspondente licenza urbanística. Non se comezará a tramitación de expediente ningún sin que obre a neceario xustifcación do pagamento da taxa.
2.-Se as obras se inician ou executan sen previa licenza, a taxa orixinarase ó se inicia-la actividade municipal para determinar se aquelas son ou non autorizables, con independencia da instrucción do expediente administrativo para a autorización ou derruba das obras.
3.-A obriga de contribuír non se verá afectada pola denegación da licenza solicitada, polo seu outorgamento condicionado á modificación do proxecto inicial, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante despois de concedida esta.
4.-Os suxeitos pasivos están obrigados a presenta-la correspondente declaración tributaria nos impresos habilitados para tal efecto pola Administración local e realiza-lo ingreso da liquidación resultante na Tesourería municipal ou nas entidades bancarias autorizadas, o que se deberá acreditar no momento de presenta-la correspondente solicitude.
5.-O pagamento da liquidación efectuado polo suxeito pasivo ou da liquidación orixinada por actuación de oficio da Administración local terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que proceda.
6.-A Administración local, unha vez realizadas as actuacións motivadas polos servizos urbanísticos prestados, tras a comprobación destes e das autoliquidacións presentadas, practicará, de ser o caso, as correspondentes liquidacións definitivas, esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle a cantidade diferencial que resulte.
Artigo 9. Infraccións e sancións
Disposición derradeira
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor e será de aplicación o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
(BOP nº 72, 1/4/2005 e BOP nº 112, 19/5/2005)
(BOP nº 298, 30/12/2005) (BOP nº 293, do 23/12/2006)
(BOP nº 300, do 31/12/2007)
(BOP nº 298, 29/12/2008)