Boiro - Ordenanza fiscal núm. 20, reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construcción, valos, puntais, andamios, e outros materiais de construcción
Artigo 1.-Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 abril , reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este concello establece a Taxa pola ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construcción, cascallos, valos, puntais, andamios e outros materiais, especificados nas tarifas contidas no artigo 6 seguinte, que se rexerá pola presente Ordenanza, que nas súas normas atende ó previsto no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo 2.-Feito imponible
Constitúe o feito impoñible da taxa regulada nesta Ordenaza a utiliz
ación privativa e aproveitamento especial dos terreos de uso público con mercadorias, materiais de construcción, cascallos, valos, puntais, e outras instalacións análogas.
Artigo 3.-Suxeito pasivo
Serán suxeitos pasivos na taxa regulada nesta ordenaza as persoas físicas e xurídicas, e as entidades as que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, no favor de quen se outorguen as licencias ou quen se beneficie do aproveitamento se carecese da oportuna autorización.
Artigo 4.-Responsables
1.-Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.-Cota tributaria
1.-A cota tributaria da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no artigo seguinte.
Artigo 6.-Tarifas
A) | Ocupación da vía pública con cascallos, terras, areas, materiais de construcción, mercadorías, etc., por m2 ou fracción e día: | 0,44 |
B) | Ocupación da vía pública con valos, andamios ou calquera outras instalacións adecuadas, por m2 ou fracción e día | 0,37 |
C) | Ocupación da vía pública que supoña corte total da estrada (ocupación de ambos carrís de circulación), por metro ou fracción lineal e hora | 0,14 |
D) | Ocupación da vía pública que supoña corte parcial da estrada, (ocupación de 1 carril), por metro ou fracción lineal e día | 2,19 |
Artigo 7.-Devengo
Devéngase a taxa e nace a obrigación de contribuir :
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, no momento de obte-la correspondente licencia municipal.
b) Tratándose de aproveitamentos xa existentes, dende o primeiro día de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados na tarifa.
Artigo 8.-Declaración
1.-As cantidades esixibles conforme ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado, e serán irreducibles polos períodos de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.
2.-As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licencia.
3.-Unha vez autorizada a ocupación, se non se determinou con exactitude a duración do aproveitamento, entenderase prorrogado ata que se presente a declaración de baixa polos interesados.
4.-A presentación da baixa surtirá efectos dende o día primeiro do período natural de tempo seguinte ó sinalado nos epígrafes da tarifa. A non presentación de baixa determinará a obrigación de continuar aboando a taxa.
5.-De conformidade co previsto no artigo 24.5 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, cando con ocasión dos aproveitamentos regulados nesta Ordenanza se producisen desperfectos no pavimento ou instalacións da vía pública, os titulares das licencias ou os beneficiarios do aproveitamento virán suxeitos ó reintegro total dos gastos de reconstrucción e reparación de tales desperfectos ou repararán pola súa conta os danos causados, sendo en todo caso independentes dos dereitos liquidados polos aproveitamentos realizados.
Artigo 9.-Liquidación e ingreso
1.-De conformidade co previsto no artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, de 28 de decembro, e co fin de garantizar en todo caso os dereitos da administración, toda solicitude de licencia para que poida ser admitida a trámite deberá acompañarse dun xustificante do depósito previo desta taxa na tesourería municipal, calculado segundo os datos formulados polo interesado.
2.-O depósito provisional non causará dereito ningún e non faculta para realiza-la ocupación, que só poderán levarse a cabo cando se obteña a licencia.
3.-A liquidación, practicada conforme as normas anteriores, elevarase a definitiva unha vez concedida a licencia, e se esta fose denegada o interesado poderá insta-la devolución dos dereitos pagados.
4.-As cotas liquidadas e non satisfeitas en período voluntario de cobranza, esixiranse polo procedemento de constrinximento.
Artigo 10.-Infraccións e sancións
En todo o relativo a calificación de infraccions tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Artigo 9.-Liquidación e ingreso
1.-De conformidade co previsto no artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, de 28 de decembro, e co fin de garantizar en todo caso os dereitos da administración, toda solicitude de licencia para que poida ser admitida a trámite deberá acompañarse dun xustificante do depósito previo desta taxa na tesourería municipal, calculado segundo os datos formulados polo interesado.
2.-O depósito provisional non causará dereito ningún e non faculta para realiza-la ocupación, que só poderán levarse a cabo cando se obteña a licencia.
3.-A liquidación, practicada conforme as normas anteriores, elevarase a definitiva unha vez concedida a licencia, e se esta fose denegada o interesado poderá insta-la devolución dos dereitos pagados.
4.-As cotas liquidadas e non satisfeitas en período voluntario de cobranza, esixiranse polo procedemento de constrinximento.
Disposición final
... A presente ordenanza foi modificada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 11 de novembro de 2003, publicada no BOP n.º ..., de data ..., e será de aplicación a partir do 1.1.2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.