Vedra - Ordenanza nº 14, reguladora da taxa polos servizos culturais e deportivos
Artigo 1.º -Fundamento
De conformidade co previsto no artigo 41, en relación co 127, ámbolos dous do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislatico 2/2004, de 5 de marzo, e demais normativa concordante de aplicación este Concello establece a taxa pola prestación de servizos culturais e deportivos polo Concello de Vedra.
Artigo 2.º -Concepto
O prezo público regulado nesta ordenanza constitúe un ingreso de dereito público que se satisfará polos usuarios que voluntariamente soliciten os servizos culturais e deportivos prestados polo Concello de Vedra.
Artigo 3.º -Obrigados ao pagamento
Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza quen se beneficie dos servizos deportivos e culturais municipais prestados polo Concello i especificados no artigo 4.º da presente ordenanza.
Artigo 4.º -Tarifas
1.-A taxa que se debe pagar ó Concello polos servizos deportivos e culturais municipais, cinguirase ás seguintes tarifas:
4.1. Escolas deportivas
a) Cando o solicitante sexa maior de 18 anos, 32 euros por tempada.
b) Cando o solicitante sexa menor de 18 anos, 25 euros por tempada.
O segundo membro da unidade familiar menor de 18 anos pagará o 50 por cento do primeiro.
O terceiro e restantes membros da unidade familiar menores de 18 anos pagarán o 25 por cento do primeiro.
Estas tarifas darán dereito a matricularse en dúas escolas.
4.2 Cursos e obradoiros organizados polo Concello:
O prezo das matrículas cubrirá o 100% do custo total do curso ou actividade, segundo o estudio de custos presentado polo Departamento de Cultura na súa proposta, correspondendo á Xunta de Goberno Local a aprobación individualizada de cada prezo á vista da proposta presentada.
En todo caso, o segundo membro da unidade familiar menor de 18 anos pagará o 50 por cento do primeiro.
O terceiro e restantes membros da unidade familiar menores de 18 anos pagarán o 25 por cento do primeiro.
4.3 Viaxes organizados polo Concello:
O prezo será fixado pola Xunta de Goberno Local de xeito que, polo número dos solicitantes, se cubra o coste total do mesmo. Sen embargo, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico do Servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o coste do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación presupostaria para a cobertura da diferencia existente.
4.4. Campamentos urbanos e similares
a) Cando a duración sexa inferior a 20 horas: 0,30 euros/hora.
Cando a duración sexa superior a 20 horas: 0,20 euros/hora.
4.5. Entrada a espectáculos, obras de teatro, actuacións musicais e similares nos centros socio culturais, organizados polo Concello:
a) Cando o solicitante sexa maior de 18 anos: 2 euros.
b) Cando o solicitante sexa menor de 18 anos: 1 euros.
Artigo 5.º -Normas de xestión
1. A obriga do pagamento da taxa xurde desde que se inicia a prestación do servizo deportivo ou cultural enumerado no artigo anterior. Sen embargo, o Concello, de conformidade ca habilitación prevista no artigo 46 do RDLex. 2/2004, de 5 de marzo, esixirá o depósito previo do seu importe total.
2. O ingreso da taxa faráse ben na Tesourería municipal ou en calquera das entidades bancarias nas que o Concello ten conta aberta. Non se prestará o servizo solicitado sen a presentación do xustificante de ter ingresado a correspondente taxa
3. Cando por causas non imputables ó obrigado ó pagamento da taxa, non se preste o servicio, procederá a devolución do importe correspondente.
4. No caso de existir varias solicitudes coincidentes darase preferencia ós alumnos matriculados en centros educativos de Vedra e ós empadroados no concello de Vedra e no caso de entidades ás que teñan a súa sede social no concello.
5. En casos excepcionais a Xunta de Goberno Local, previo informe dos servizos sociais, poderá acordar a exención total ou parcial das tarifas expostas.
6. As débedas por taxa poderán esixirse polo procedemento de apremio.
Artigo 6º .- delegación na Xunta de Goberno Local
Disposición derradeira
A presente ordenanza, unha vez aprobada definitivamente, será publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2005 e manterase en vigor mentres no se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.