Oleiros - Ordenanza fiscal reguladora del Impuesto sobre Actividades Económicas
Artigo 1.º .-Natureza e feito impoñible.
De conformidade co previsto nos artigos 79 e seguintes da Lei 39/1988, do 28 e decembro, reguladora das facendas locais (LRFL), o imposto sobre actividades económicas, é un tributo obrigatorio, directo e de carácter real, que grava o mero exercicio, en territorio nacional, de actividades empresariais, profesionais ou artísticas, se exerzan ou non nun local determinado e se atopen ou non especificadas nas tarifas do imposto.
Artigo 2.º .-Exencións.
1.-Están exentos dos imposto os suxeitos pasivos previstos no artigo 83.1 da LRFL.
2.-As exencións especificadas nas letras b), e), f) do devandito artigo 83.1, terán carácter rogado.
Artigo 3.º .-Bonificacións.
1.-Os suxeitos pasivos terán dereito ás bonificacións previstas no artigo 89.1 da LRFL.
Artigo 4.º .-Coeficientes de situación.
1.-Para os efectos previstos no artigo 88 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, LRFL, as vías públicas deste municipio clasifícanse en catro categorías fiscais. Anexo a esta ordenanza figura o índice das vías públicas segundo a categoría fiscal que lle corresponde e na parroquia onde se atopan cada unha delas.
2.-As vías publicas que non aparezan sinaladas no índice antes mencionado serán consideradas de última categoría, e quedarán na devandita clasificación ata o primeiro de xaneiro do ano seguinte a aquel en que o Pleno desta Corporación aprobe a categoría fiscal correspondente e a súa inclusión no índice de vías públicas.
3.-Sobre as cotas incrementadas por aplicación do coeficiente sinalado no artigo 87 da LRFL, e atendendo a categoría fiscal da vía pública onde radica fisicamente o local en que se realiza a actividade económica, establécense os seguintes coeficientes de situación:
| Categoría fiscal das vías públicas | 1.ª | 2.ª | 3.ª | 4ª |
| Coeficiente de situación aplicable | 1,5 | 1,4 | 1,3 | 1,0 |
4.-O coeficiente de situación aplicable a calquera local vén determinado polo correspondente á categoría da rúa onde estea situado o acceso e, de haber varios, aquela que teña o índice mais alto.
Artigo 5.º .-Período impositivo e data de esixibilidade do imposto.
1.-O período impositivo coincide co ano natural, agás cando se trate de declaración de alta. Neste caso abranguerá desde a data de comezo da actividade ata o final do ano natural.
2.-O imposto será esixible desde o primeiro día do período impositivo e as cotas serán irreductibles, salvo cando, nos casos de declaración de alta, o día de comezo da actividade non coincida co ano natural. Neste suposto, as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de trimestres naturais que resten para finalizar o ano, incluído o do comezo do exercicio da actividades.
3.-Así mesmo, e en caso de baixa por cesamento no exercicio da actividade, as cotas serán prorrateables por trimestres naturais, excluído aquel en que se produza o dito cesamento. Para este fin, os suxeito pasivos poderán solicitar a devolución da parte da cota correspondente ós trimestre naturais en que non se exercese a actividade.
4.-Maila o disposto nos parágrafos anteriores, nos supostos de fusión, escisións e achega doutras ramas de actividade regulados no capítulo VIII do título VIII da Lei 43/1995, do 27 de decembro, do imposto sobre sociedades, as declaración de alta e baixa que presenten respectivamente as entidades que inicien ou cesen o exercicio da actividade producirán efectos a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte a aquel en que se produza a fusión, escisión ou achega de rama de actividade de que se trate. En consecuencia, respecto ó ano en que teña lugar a operación non procederá devolución ou ingreso ningún derivados do rateo das cotas polos trimestres durante os cales estas entidades realizaran efectivamente a actividade.
Artigo 6.º .-Infraccións e sancións.
Para todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición adicional.
Tódalas referencias efectuadas nas ordenanzas fiscais ós índices de situación regulados na Ordenanza fiscal do imposto sobre actividades económicas mediante a anterior redacción do artigo 89 de LRFL, entenderanse efectuadas ó coeficiente regulado no artigo 88 da dita Lei 39/1988, LRFL, na súa redacción vixente, así como na vixente Ordenanza fiscal número 23, reguladora do imposto sobre actividades económicas.
Disposición transitoria.
A tenor do disposto na disposición final, en particular no seu apartado 2, da Lei 51/2002, do 27 de decembro, de reforma da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, en tanto non se dicten polo Ministerio de Facenda as disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación da devandita Lei 51/2002, delégase na Alcaldía ou na persoa en quen esta teña delegado, a modificación, que se fixa na Ordenanza xeral de xestión e recadación, do prazo de cobranza en período voluntario do citado imposto correspondente ó período impositivo do 2003.
Disposición derradeira.
A presente ordenanza foi aprobada de xeito provisorio polo Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 21 de marzo de 2003, publicándose o seu texto íntegro no BOP número ....., de data ............ Comezará a rexer o día 1 de xaneiro de 2003, e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación.
Segundo.-Facer constar que as ordenanzas fiscais vixentes na actualidade non sinaladas nos acordos precedentes, continuarán vixentes ata que non se acorde a súa modificación ou derrogación.
Terceiro.-As citadas modificacións comezarán a aplicarse a partir do día seguinte da súa publicación definitiva no Boletín Oficial da Provincia, e manteranse vixentes ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Non obstante, as modificacións producidas nos tributos periódicos con devengo 1 de xaneiro, ó abeiro da disposición transitoria quinta da Lei 51/2002, do 27 de decembro, de reforma da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, resultarán de aplicación ás cotas tributarias devengadas o día 1 de xaneiro de 2003, e manterase vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 17.4 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, coa advertencia de que, de conformidade co previsto no artigo 19 do citado texto legal, contra o citado acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Diligencia
Diligencia para hacer constar que:
El texto original de la presente ordenanza fiscal, cuya redacción provisional ha sido aprobada por el Pleno de la Corporación en sesión celebrada el 19 de diciembre de 1991, se ha publicado en el BOP número 94 de 25 de abril de 1992.
Por Pleno de fecha 4 de junio de 1992 se modificaron los artículos 6.º y 7.º .
Por Pleno de fecha 4 de junio de 1992 se aprueba el anexo de división de las vías públicas del término municipal en zonas, publicándose su texto íntegro en el BOP número 207 de 8 de septiembre de 1992.
Por Pleno de fecha 29 de diciembre de 1994 se modifica el anexo de la ordenanza y se añade nuevo índice de situación, publicándose su texto íntegro en el BOP número 63 del 17 de marzo de 1995.
Por Pleno de fecha 11 de noviembre de 1998 se modifica el anexo de la ordenanza, publicándose su texto íntegro en el BOP número .... del ....
A presente ordenanza foi aprobada de xeito provisorio polo Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 21 de marzo de 2003, publicándose o seu texto íntegro no BOP número 129 , de data 7/06/2003 Comezará a rexer o día 1 de xaneiro de 2003, e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación.